QUE FARÁ A COMISIÓN DE PATIOS?. Durante 4 tardes dos mércores do mes de outubro desenvolveranse 4 obradoiros dirixidos a nais, pais e profesorado, incluídos no programa Medrando nun espazo en Igualdade (actividade para a promoción da igualdade a través dunha subvención que solicitamos o curso pasado, con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.). Neses obradoiros analizaremos entre todas e guiadas por Rexenerando o patio onde xogan os nosos nenos e as nosas nenas, explicarannos que son os patios coeducativos e tentaremos entre todas as persoas participantes, imaxinarnos un novo patio con propostas que se podan levar a cabo e coas aportacións, por suposto, do alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario