01. COMO ASOCIARSE Á ANPA
1.- CUBRIR O FORMULARIO
Podedes acceder ao formulario a través do enlace que temos colgado no noso blog http://anpacouceiro.blogspot.com/ que tamén vos aparecerá tecleando anpaeume bolgspot no voso buscador, ou escaneando este código QR
2.-PAGAR A COTA de 12 € por familia e ano na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274
Ao facer o ingreso lembrade poñer o nome dun dos alumnos ou das alumnas
02. COMISIÓN DE PATIOS
QUE É A COMISIÓN DE PATIOS?: É un grupo de nais, pais e profesorado que durante 4 tardes dos mércores do mes de outubro xuntaranse en 4 obradoiros incluídos no programa Medrando nun espazo en Igualdade (actividade para a promoción da igualdade a través dunha subvención que solicitamos o curso pasado, con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero) para analizar entre todas e guiadas por Rexenerando o patio onde xogan os nosos nenos e as nosas nenas. Nestes obradoiros explicarannos que son os patios coeducativos e tentaremos entre todas as persoas participantes, imaxinarnos un novo patio con propostas que se podan levar a cabo, coas aportacións, por suposto, do alumnado.
BÚSCANSE: Nais ou pais interesadas en asistir a estes obradorios e formar parte da comisión de patios.
TEMPO A INVERTIR: mércores de outubro de 16.30 a 18.30 hrs – e o logo, o tempo que cada quen queira adicarlle a pensar-.
FORMATO: Aínda por determinar. Online ou presencial dependendo do número de persoas e protocolos COVID.
PARA APUNTARSE OU MÁIS INFO: Envíanos un mail a anpaeume@gmail.com ou whatsapp a 650467871. Deixanos o teu nome e número de teléfono e poñerémonos en contacto contigo.
03. POR QUE ASOCIARSE
A ANPA é un órgano fundamental de participación e de comunicación das familias na comunidade escolar.
Durante o curso pasado e durante o verán traballamos para sacar adiante o servizo de comedor.
Coas vosas aportacións, ofrecímoslle ao alumnado uns espéctáculos de música e malabares a final de curso.
Temos en marcha uns obradoiros con actividades para a promoción da igualdade a través dunha subvención que solicitamos o curso pasado.
Reunímonos coas distintas administración para tratar os temas que van xurdindo. (Obras, tráfico… etc)
Queremos acadar xunto co centro educativo e coa imprescindible colaboración do Concello uns camiños seguros para o acceso ao cole do alumnado;
E, na medida do posible, tentamos estar atentas ás necesidades ou preocupacións das familias.
04. IMPORTANTE
RELEVO DA DIRECTIVA DA ANPA
Á actual directiva da ANPA non nos vai ser posible continuar o próximo curso o traballo que levamos desenvolvendo como voluntarias nestes últimos anos, polo que necesitamos urxentemente persoas interesadas en coller o relevo ou cando menos algunha das responsabilidades, entre elas a XESTIÓN DO COMEDOR. Se a alguén lle apetece formar equipo, podedes poñervos en contacto con nos para poder organizarnos con tempo.