martes, 16 de marzo de 2021

REGULARIZACIÓN DA CUOTA DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2019-2020

 

Estimadas familias.

Acabamos de pechar a revisión de contas do curso pasado. Perdoade o retraso.

Moitos de vos, como xa nos trasladárades algunhas familias, fixéchedes o ingreso da cuota das actividades do mes de marzo e incluso algúns do mes de abril.

Nos próximos días informarémosvos por privado a cada familia nesa situación, dos días e horarios nos que podedes pasar a recoller as devolucións.

Calquera dúbida ou consulta concreta, tedes á vosa disposición o teléfono e whatsapp da ANPA 650467871 e o noso mail anpaeume@gmail.com.

Moitas grazas.

 

O equipo directivo

martes, 9 de marzo de 2021

CHAMAMENTO URXENTE DE COLABORACIÓN COA ANPA

NECESITAMOS O MAIOR NÚMERO DE FAMILIAS SOCIAS ANTES DO VENRES 12 DE MARZO.

De cara á obtención das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, que xa nos foron concedidas estes últimos anos, tras as propostas presentadas pola ANPA en coordinación co Centro educativo, é un criterio puntuable a PORCENTAXE de FAMILIAS SOCIAS con respecto ao total de familias do centro.

Este ano, entendemos que pola complicada situación, imos un pouquiño por debaixo do número habitual de familias que formamos a ANPA, así que vos pedimos un esforciño para aumentar a forza da nosa asociación.

Dende o equipo directivo da anpa, moitísimas grazas polo voso apoio.


 PARA FACERVOS FAMILIAS SOCIAS

http://anpacouceiro.blogspot.com/2020/09/familias-socias-da-anpa-para-o-curso.html