martes, 18 de setembro de 2018

CURSO 2018-2019


COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR.
TEMOS EN MARCHA, COMO TODOS OS ANOS O COMEDOR ESCOLAR E NESTES DÍAS SACAREMOS UNHA LISTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES…
POUCO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO OS CONTIDOS DO BLOG, PERO PARA CALQUERA CUESTIÓN, ESTAREMOS NAS OFICINAS DA ANPA NO HORARIO HABITUAL.


POR AGORA, NO REFERENTE AO COMEDOR, TEMOS  DISPOÑIBLE  O MENÚ DE SETEMBRO.


martes, 5 de xuño de 2018

xoves, 31 de maio de 2018

AXUDAS 2018 MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE PONTEDUME

Publícase hoxe no BOP a Aprobación definitiva da Ordenanza específica reguladora das bases de concesión de axudas ás familias para a adquisición de material escolar. Curso Escolar 2017-2018

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/31/2018_0000003783.pdf

venres, 13 de abril de 2018

DOCUMENTACIÓN OBRADOIRO MARTINA GONZÁLEZ


Xa temos a documentación que amablemente nos enviou Martina González tras o obradoiro que realizamos no Couceiro.

As persoas interesadas nela, por favor enviadenos un mail a anpaeume@gmail.com e vola faremos chegar o antes posible.

Moitas grazas!

SUBVENCIÓN COMEDOR CURSO 2016/2017

Como en cursos anteriores, as persoas que fixeron uso do comedor durante o curso 2016/2017, poden pasar pola oficina da ANPA para recoller o que lles corresponda da subvención que solicitamos para tal fin.

Horario:
Todos os martes de 8:45h a 9:00h
Todos os días lectivos entre o 15 e 20 de cada mes de 8:45h a 9:00h

martes, 3 de abril de 2018

MENÚ COMEDOR 3º TRIMESTRE

Esté é o menú para o terceiro trimestre deste curso 2017-2018


mércores, 14 de marzo de 2018

OBRADOIRO DE MARTINA GONZÁLEZ

Todo un éxito o obradoiro de Martina González onte no Couceiro.

Moitas grazas a Martina por plantar a semente para seguir traballando, aos participantes e ao Centro polo interese e o apoio e a Diego que non parou de ir e vir, porque tivemos que poñer máis sillas!!

Esperamos, de corazón, que a charla de onte abra unha canle de novos proxectos e comunicación, e sexa a 1ª e non a última, sobre este tema que é, moi importante e necesario nestes tempos, nos que andamos inmersos nos e os nosos fillos e fillas.






mércores, 7 de marzo de 2018

MARTES 13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS

DENDE A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A UN INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA

É UNHA ACTIVIDADE DA ANPA ABERTA A TODO O CENTRO






OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS

Da sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas, desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados. Polo que a educación sexual comeza dende a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes, proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e dificultades.

MARTES 13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs

Aberto a todos os país, nais e resto de comunidade educativa

IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero


www.martinagonzalezveiga.com

xoves, 8 de febreiro de 2018

CAMBIO MENÚ COMEDOR, VENRES 9 DE FEBREIRO
Adxuntamos nota da empresa de catering:


Buenos días


Desde nuestra cocina nos informan de un cambio en el menú de los niños para mañana Viernes 9 de Febrero. El cambio solo afecta al primer plato, por lo que los niños y niñas podrán disfrutar del siguiente menú:

-          1º Plato: Pasta con tomate
-          2º Plato: Merluza rebozada con ensalada de lechuga y tomate
-          Postre: Yogur

Esperamos que sea del agrado de niños y niñas

Disculpen las molestias

Saludos
                           ENTROIDO 2018 

Este venres 9 de febreiro de 16.00 a 18.30 hrs facemos a festa de entroido da ANPA.

ESTADES TODOS E TODAS INVITADOS!!

(Entrada non socios, 6 euros)



martes, 9 de xaneiro de 2018

MENÚ COMEDOR 2 TRIMESTRE