MARTES
13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs
CEIP
COUCEIRO FREIJOMIL
OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS
E FILLAS
DENDE
A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A UN INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA
PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA
OBRADOIRO:
COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS
Da
sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e
aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso
redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas,
desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas
necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e
saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados.
Polo que a educación sexual comeza dende
a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima,
os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que
establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o
consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón
tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes,
proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas
que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para
aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e
dificultades.
MARTES 13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs
Aberto
a todos os país, nais e resto de comunidade educativa
IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral
sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e
intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero
www.martinagonzalezveiga.com