mércores, 23 de abril de 2008

A ANPA E OS SEUS ASOCIADOS

Dende que se comezou a ter novas dende a Administración acerca da súa pretensión de que a ANPA se fixera cargo da Organización do Comedor Escolar, comezamos a buscar información noutros centros da Comarca sobre cómo xestionaban eles dito Servicio.
Unha das cousas que máis nos chamou a atención (e nos provocou moita envexa), foi o altísimo índice de participación de pais e nais que tiñan as ANPAS dos outros centros.
Este curso 2007/2008 hai 50 socios da ANPA no noso Centro, o que representa un 16% aproximadamente do total do alumnado.
Nos centros que tiveron a amabilidade de recibirnos e falar con nós, os seus índices son os seguintes:

- Colexio Esteiro (Ferrol): 75%
- Colexio Centieiras (Fene): 85%
- Colexio Monfero: 98%
- Colexio Andrade: 80%

Estamos a falar de centros cun número de alumnos parecido ó noso, ou maior, e cunha cuota de socio de 25 €/ano no caso de Ferrol e Fene, ou de 15 €/ano por neno (non familia como aquí) en Monfero.
Quixeramos que a xente fixese unha reflexión sobre as ventaxas que dá ter unha ANPA forte, unida e numerosa, e considerara unirse á asociación.
Lembrar que a ANPA non somos só "os que levan as Actividades Extraescolares", que facemos máis cousas que benefician a TODOS os nenos e nenas do Colexio, e que facerse socio da ANPA non obriga a pertencer á Xunta Diretiva nin adicarlle máis tempo do que cada un queira, poda ou estime oportuno.
Solicitamos a vosa colaboración para que o ínfimo 16% deste ano sexa pronto cousa do pasado; é preciso que comecemos a implicarnos de verdade na vida escolar dos nosos fillos e fillas.
Agradecemos dende xa a tódolos páis que se vaian a animar a da-lo paso, e convidámosvos a contactar ca asociación a través dos medios habituais: no local do colexio (Luns de 16 a 17 h.), por teléfono (650467871), e-mail (anpaeume@gmail.com) ou neste blogue.

REUNIÓN COMEDOR

Como xa anunciamos aquí e seguramente saberedes todos, onte celebrouse unha reunión cós pais e nais dos nenos e nenas interesados no servicio de Comedor Escolar.
Dende aquí quixéramos agradecer a súa presencia ós pais e nais que asistiron, así como ó apoio do equipò diretivo do centro que quixo estar presente en dita reunión para dar eles mesmos explicacións ós pais e nais.
Por desgraza, e como ben sendo habitual, a asistencia foi escasa, xa que de 160 nenos que mostraron interese polo comedor, os pais asistentes non superaban a trintena.
Unha vez máis lembramos que é VITAL coñecer o número aproximado de interesados reais no comedor este mes para poder solicitar a subvención da XUNTA, así que pregamos ós pais e nais que se poñan en contacto con nós o antes posible, no noso despacho, a través do correo electrónico ou deixando unha mensaxe neste blogue, pero que por favor, o fagan ou non haberá cartos da XUNTA.

xoves, 17 de abril de 2008

FESTA DE ESTREA DO NOVO COLEXIO

O pasado Martes 15 de Abril, organizamos unha pequena festa de inauguración do novo Colexio.

Estaban convidados todos os socios e socias, os mestres e mestras, a antiga Xunta Diretiva da
ANPA (que foi quen se implicou nas solicitudes ata conseguir a construcción do novo Centro), o equipo de Goberno Municipal anterior e o actual, Paco o antigo bedel, etc.

A festa foi todo un éxito xa que asistiron varios representantes políticos e práctica totalidade dos mestres, aínda que, unha vez máis, a involucración dos pais foi moito menor do desexable.

Agardemos que para a festa de inauguración final do conxunto do Colexio definitivamente rematado, poidamos contar cá presenza da totalidade dos socios e socias.


XUNTA EXTRAORDINARIA DA ANPA

Convócase a tódolos pais e nais interesados no Servicio de Comedor Escolar a unha reunión de carácter URXENTE e de VITAL IMPORTANCIA que terá lugar o vindeiro Martes día 22 de Abril, ás 18:00, no local destinado ó Comedor do Couceiro Freijomil.

A orde do día será a seguinte:

- Estado da solicitude de Apertura do Comedor Escolar.
- Prezo do servicio de Catering.
- Sistema de Xestión do Comedor.

A Xunta esixe que o Servicio de Comedor sexa xestionado pola ANPA, pero deste xeito non se poderá optar ás becas da Administración (para usuarios de transporte escolar, rentas baixas, etc.). Nembargantes, sí hai opción a solicitar subvencións para o servicio, sendo para elo necesario coñece-lo número definitivo de usuarios o antes posible xa que o prazo de solicitude remata este mes.

Pregamos a todos aqueles que mostraron o seu interese polo Servicio de Comedor na pre-matrícula acudan á reunión, xa que repetimos é IMPERATIVO coñecer quen segue interesado nas condicións que se están a barallar.

mércores, 9 de abril de 2008

FESTA DE ESTREA DO NOVO COLEXIO

O vindeiro Martes, día 15 de Abril de 2008, imos facer unha festa para celebrar a estrea do novo edificio do noso Colexio, na que se servirán pinchos e bebidas.
Dará comenzo ás 18:00 e a ela foron convidados todos os socios e socias da ANPA, os mestres e mestras, así como diversas persoas que estiveron implicadas na consecución do proxecto.
Esta festa servirá tamén para despedir como merece ó noso actual presidente, Andrés Nidáguila, quen ó rematar este curso cesará no cargo.

xoves, 3 de abril de 2008

ÉXITO ROTUNDO DA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Onte foi o día elexido pola dirección do colexio para celebrar o "Día de portas abertas" para as familias dos nenos e nenas que cursan estudos no Couceiro Freijomil.
A xornada pode calificarse de éxito rotundo, xa que houbo unha afluencia masiva de pais e nais durante o tempo que durou esta iniciativa.
A organización pareceunos boísima, xa que os mestres e mestras tiveron a deferencia de actuar como "Guias turísticos" dos pais e nais. En xeral, a xente quedou encantada tanto polo aspecto que ten o novo edificio como polo xesto que os mestres e mestras tiveron con nós.
A nós gústanos moito o centro e desexamos que poida terminarse en breve a segunda fase (o prazo estimado é o primeiro trimestre do curso próximo) para que os nosos nenos e nenas poidan disfrutar de todas as instalacións completas.
Por último, agradecer a José Luis (o secretario do colexio) a deferencia que tivo de amosarme persoalmente o edificio despois de acabar a xornada, xa que por motivos laborais non me fora posibel acudir có resto dos pais e nais, e José Luis foi tan amable de quedarse o tempo suficiente de ensinarme todas as instalacións e facerme un esbozo de cóma ían quedar as cousas unha vez rematada a segunda fase do proxecto, quixera reiterar o meu agradecemento e dicir que é un boísimo guía turístico.

mércores, 2 de abril de 2008

LIMPEZA DO COLEXIO

Coma xa anunciábamos, dende o cambio ó novo edificio do colexio, había problemas cás limpadoras. As limpadoras asignadas ó noso colexio son dúas, aparte da encargada da zona de Educación Infantil.
Resulta que estas dúas persoas son maiores (unha conta xa 64 primaveiras) e a situación agrávase porque unha delas está enferma e pasa máis tempo de baixa laboral que traballando. O problema é que dende o Concello non envían sustitutos para cubrir esta baixa, e ven sendo habitual que non fan nada ata que se lles chama varias veces para protestar.
Dende o Concello prometeusenos antonte que ían enviar alguén de reforzo. Temos que dicir que esta mañá xa había outra persoa limpando a planta baixa (que estaba sen limpar dende o cambio), polo que parece que de momento esta situación parece controlada.
Outra cousa ben diferente é o que pasa con Educación Infantil. Cando estábamos trasladados, tiñamos a Berta que era a que facía as labores de bedel e limpadora. A situación de Berta trocou tras o traslado, xa que nestes intres, ela está a ocupar o posto deixado por Paco, polo que as labores de limpeza non entran no seu traballo.
Dende que se levou a cabo o traslado, Berta, a quen temos que volver a agradecer unha e mil veces a súa dedicación para cós nenos e nenas, ademáis do seu traballo de conserxe de TODO o colexio, encárgase tamén de limpar os aseos e as aulas de Educación Infantil, e o fai FORA do seu horario de traballo, ocupando horas que ela ben sabe que non lle van remunerar, pero aínda así, segue a fecer o que ela considera o correcto.
Pola nosa banda, segueremos a chamar ó Concello para tratar de deixar resolto este problema dunha vez por todas, pero as cousas non están a ir moi ben nas relacións do Concello cós seus traballadores, así que tememos que a cousa está complicada de resolver a curto prazo.
Pregaríamos a quen corresponda, Alcalde, Concelleiro de Servizos, limpadoras doutras zonas que se negan a ir a traballar ó Couceiro para presionar máis, etc. que, tan só por un intre, se paren a pensar quenes son os máis perxudicados neste problema, e que logo reflexionen sobre o que deben facer.