martes, 9 de agosto de 2022

 

MATRICULA COMEDOR CURSO 2022-2023


Estimadas familias:

Mañá mércores 10 de agosto ábrese o prazo para a inscrición das vosas fillas e dos vosos fillos no comedor para o vindeiro curso 2022-2023. O prazo permanecerá aberto ata o 30 de agosto de 2022.


Axuntamos a información que a empresa Jardanay, encargada do servizo, envíanos ao respecto


https://drive.google.com/file/d/1UWbcRLpVXq90W6msm-x4Wd821E54Ky01/view?usp=sharing


EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE INSCRICIÓN.


Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. COTA DA ANPA (12 € POR FAMILIA E ANO)*.



RESUMO PARA AS FAMILIAS QUE XA EMPREGÁCHEDES ESTE MÉTODO O ANO PASADO,  o sistema é similar.

1.- A través da web de Jardanay

2.- Deberedes enviarnos correo a anpaeume@gmail.com co xustificante de pago da matrícula do comedor ou o xustificante de pago la cota da anpa.

3.- Contestaremos o correo coa ligazón e as credenciais para rexistrar os nenos en Jardanay.

4.- Para facervos SOCIAS DA ANPA https://forms.gle/t6KoaF4i6zTfsMoA7 e pago da cota (12 euros por familia e ano) na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274

PRAZO10 de agosto a 30 de agosto.

 

COMO ASOCIARSE Á ANPA  2022 - 2023

1.- CUBRIR O FORMULARIO


Podedes acceder ao formulario a través do enlace

que temos colgado no noso blog http://anpacouceiro.blogspot.com/ que tamén vos aparecerá tecleando anpaeume bolgspot no voso buscador.


https://forms.gle/t6KoaF4i6zTfsMoA7


 2.-PAGAR A COTA de 12 € por familia e ano na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274

 Ao facer o ingreso lembrade poñer o nome dun dos alumnos ou das alumnas