LUNS 11 DE FEBREIRO DE 2019, DE 16:30 a 18:30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
Tarde de educación afectivo sexual para a ANPA
do CEIP Couceiro Freijomil
Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta de parella,
esepecializada en sexoloxía adicaranos unha tarde a resolver as dúbidas isobre educación efectivo-sexual
de persoas responsables da educación das crianzas nesta actividade organizada pola ANPA
do CEIP Couceiro Freijomil.
DENDE A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A ESTE INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA
Para dirixir o obradoiro cara aqueles temas que máis nos interesan ou preocupan, poñemos á vosa disposición un buzón físco na entrada do cole e unha dirección de correo electrónico (anpaeume@gmail.com) onde poderedes dirixir as vosas preguntas, que por suposto poden ser anónimas, e que lle faremos chegar a Martina para que poda integralas na súa charla.
OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS
Da sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas, desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados. Polo que a educación sexual comeza dende a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes, proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e dificultades.
LUNS 11 DE FEBREIRO DE 2019 DE 16.30 A 18.30
Aberto a todos os país, nais e resto de comunidade educativa
IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero
www.martinagonzalezveiga.com