mércores, 14 de marzo de 2018

OBRADOIRO DE MARTINA GONZÁLEZ

Todo un éxito o obradoiro de Martina González onte no Couceiro.

Moitas grazas a Martina por plantar a semente para seguir traballando, aos participantes e ao Centro polo interese e o apoio e a Diego que non parou de ir e vir, porque tivemos que poñer máis sillas!!

Esperamos, de corazón, que a charla de onte abra unha canle de novos proxectos e comunicación, e sexa a 1ª e non a última, sobre este tema que é, moi importante e necesario nestes tempos, nos que andamos inmersos nos e os nosos fillos e fillas.






mércores, 7 de marzo de 2018

MARTES 13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS

DENDE A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A UN INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA

É UNHA ACTIVIDADE DA ANPA ABERTA A TODO O CENTRO






OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS

Da sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas, desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados. Polo que a educación sexual comeza dende a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes, proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e dificultades.

MARTES 13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs

Aberto a todos os país, nais e resto de comunidade educativa

IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero


www.martinagonzalezveiga.com