COMEDOR
CURSO 2020-2021
Estimadas familias.
Chegamos a este estraño fin de curso onde por suposto esperamos vos
atopedes todas e todos ben.
Algunhas de vos preguntádesnos polo tema do comedor para o curso 2020-2021.
Estamos en contacto coa empresa Jardanay que nos ofrece este servizo, pero a
realidade é que ainda non saben como se vai organizar o próximo curso.
De cara a posibles alternativas necesitariamos saber, o antes posible as
familias que pensades facer uso do comedor. Para iso, por favor enviádenos antes
do 1 de agosto ao wathsapp da ANPA 650467871 ou ao correo electrónico anpaeume@gmail.com os seguintes datos:
Nome
da nena ou do neno
Curso
no que estará o próximo ano
Modalidade
na que pensades que podería asistir o voso fillo ou a vosa filla ao comedor:
Fixo. (Todos os días da semana)
Fixo discontinuo. (Algúns días da semana, pero todas
as semanas iguais)
Esporádico. Días soltos avisando previamente ao
cole e á empresa Jardanay.
IMPORTANTE: ESTES DATOS SON SÓ PARA FACER UNHA ESTIMACIÓN DE
PERSOAS USUARIAS DO COMEDOR.
ENVIANDO ESTES DATOS NON SE FORMALIZA
A PRAZA PARA O PROXIMO CURSO.
En todo caso dicirvos que estamos atentas ao tema e en canto haxa novidades
irémosvolo comunicando a través dos medios habituais. Se non hai novas antes, a
principios de setembro trasladarémosvos as instrucións que teñamos.
Para calquera consulta tedes o mail da anpa ou o wathsapp que tentaremos
abrir semanalmente.
Unha grandísima aperta