venres, 29 de xuño de 2007

MÁIS NOVAS SOBRE O NOVO COLEXIO

O mércores día 27 de Xuño, a dirección desta A.N.P.A. é convocada a unha reunión urxente pola dirección do centro (o director saínte e a directora entrante).

A sorpresa salta cando nos enteramos de que a reunión é para notificar que recibiran a orde de desaloxo do colexio porque o seu derrube era inminente.

A primeira cousa que nos ven á mente é que o novo colexio (índa en obras) estará operativo para o comenzo do curso 2007/2008, e que de non ser este o caso, pois xa serían tidos en conta os seguintes puntos:
1- Lugares alternativos nos que escolarizar, con tódalas garantías, ós nenos se o novo edificio non está listo en Setembro (o que perece mais que probable).
2- Como o derrube do edificio de primaria era cousa de días, suponse que se tería en conta a habilitación de almacens para gardar o material educativo de máis de 40 anos de actividade.

Pois a sorpresa inicial troca a maiúscula cando nos enteramos de que non só non se sabe onde se vai meter o material escolar de 40 anos (archivos, máis de 6000 libros, os libros de texto de máis de 300 nenos, ordenadores,......), senón que non se sabe onde se van poder meter os nenos cando chegue o 12 de Setembro e teñan que voltar á escola. O único certo nesta mañá de mércores era que había orde de desaloxo porque o derrube era inminente.
A primeira opción é tratar de falar có delegado de Educación, pero non había maneira de que se puxera ó teléfono, o seguinte foi ir falar có novo alcalde, que só sabía que tiña orde de desaloxar o colexio e punto; que os nenos non eran cousa súa.
Na tarde do mércores, unha das representantes do PSOE no concello (que tamén é mestra) é a que logra por fin falar có delegado, que lle informa de que o Xoves haberá unha reunión en Santiago cá empresa e que xa se informará ó centro do que se decida nela.
Hoxe, venres 29 de Xuño, na reunión do Consello Escolar, é cando nos enteramos de que pola mañá o alcande recibiu unha chamada do delegado dicindo que a orde de derrube quedaba revocada e que os nenos ían seguir no edificio que ata agora ocupaban ata que se rematara o novo edificio en construcción...data que se coidan ben de ocultar.
O peor de todo isto, aparte de tremenda tomadura de pelo de toda esta situación, é que o que menos lle importou á consellería en todo momento foron os nosos cativos, o que primaba era que o colexio fose desaloxado,e punto...o benestar dos nenos era a súa última preocupación, e moito tememos que o único que botou para atrás este derrube foi o custe económico que lle ía supoñer á consellería o poñer máis módulos para todo o alumnado de primaria.
O que nos queda por pensar é que isto foi unha metedura de pata do delegado de educación, que deu ordes sen ter en conta o que se lle ía vir enrriba, e cando se deu conta, pois non lle quedou outra que recuar. En fin,din que rectificar é de sabios, así que só nos queda agardar que á próxima se deteña a pensar algo antes de actuar.
Moitas grazas a todos os pais e nais que acudiron á nosa chamada, lamentando, en certo modo, que fóse en balde. Esperamos que comprendades que a nosa obriga era informar da situación, que o mércores era a de un derrube certo.
Seguiremos atentos a cada nova que poida surxir, e manterémosvos informados dende este blogue.



martes, 26 de xuño de 2007

ALGUNHAS ACLARACIÓNS

EN VISTA DOS COMENTARIOS QUE TIVEMOS QUE ESCOITAR OS MEMBROS DA XUNTA DIRETIVA DA A.N.P.A. A CONTA DA FESTA DE FIN DE CURSO QUE ORGANIZOU O COLEXIO O DÍA 22 DE XUÑO, DENDE AQUÍ QUIXÉRAMOS ACLARAR DÚAS COUSAS, PORQUE PARECE QUE HAI XENTE QUE NON TEN CLAROS ALGÚNS TÉRMINOS:
1 -
A A.N.P.A. É UNHA ASOCIACIÓN, O QUE QUERE DICIR QUE ESTÁ FORMADA POR SOCIOS, E SON ESTES SOCIOS ANTE ÓS QUE NÓS TEMOS QUE RENDIR CONTAS. O NÚMERO DE SOCIOS NESTE ANO FOI DE 48, DE CASI 300 ALUMNOS QUE HAI NO CENTRO.
2- OS CARTOS QUE TEN A A.N.P.A. PROCEDEN DESTES SOCIOS (CUOTA ANUAL, ACTIVIDADES....).

EN VISTA DISTO, PARÉCENOS QUE OS CARTOS QUE TEMOS DÉBENSE EMPREGAR EN BENEFICIO DOS SOCIOS. ESTO NON QUITA QUE SE HAI QUE MERCAR ALGUNHA COUSA PARA O CENTRO QUE BENEFICIE A TODOS NON SE FAGA (O ANO PASADO SE MERCARON DOUS XOGOS DE MADEIRA PARA O PATIO, UN EQUIPO DE MÚSICA PARA A MESTRA DESA MATERIA,...).

O DÍA DA FESTA DO EDIFICIO DE PRIMARIA, TIVEMOS QUE ESCOITAR QUE SI NON PAGÁBAMOS NINGÚN PAIASO, QUE SI NON DÁBAMOS CARTOS PARA CHUCHERÍAS PARA OS NENOS.....¿¿¿¿¿¿¿DE ONDE SE PENSAN QUE IMOS QUITAR OS CARTOS PARA CHUCHES PARA 300????????, ¿¿¿¿¿¿DOS CARTOS DE 48????????.

NÓS FIXEMOS A NOSA FESTA DE FIN DE CURSO QUE FOI UN ÉXITO TOTAL PARA OS NOSOS SOCIOS DENTRO DAS NOSAS POSIBILIDADES ECONÓMICAS.

CONSIDERAMOS QUE É MOI DOADO VIR PEDIR E SE NON SE DAN CARTOS (DEIXAR CLARO QUE ESTE ANO NON SE COLABOROU DEBIDO Á FALTA DE DIÑEIRO), POÑER A PARIR Á A.N.P.A. SEN TER INFORMACIÓN; E O QUE É MÁIS GRAVE, QUE ALGÚNS DOS SUPOSTOS PROFESIONAIS QUE TRABALLAN NO CENTRO EN VEZ DE DICIR AS COUSAS A QUEN CORRESPONDE (A NÓS NESTE CASO) ANDEN CON CURRILLADAS ÓS CATIVOS QUE NON TEÑEN VOZ NIN VOTO E NON SABEN DE QUÉ VAI O TEMA.

POLA NOSA BANDA, DICIR QUE DAMOS POR PECHADO O TEMA, E QUE ESPERAMOS QUE NINGUÉN PENSE QUE NON E QUE NON COLABOREMOS POR UNHA PERRENCHA, SENÓN PORQUE NON TEMOS CARTOS.

RESUME DO NOSO TRABALLO

REMATADO XA O CURSO 2006/2007, CHEGA A HORA DE FACER BALANCE DO QUE FOI ESTE ANO ESCOLAR.
POLA NOSA BANDA, GUSTARÍANOS COMENTAR O NOSO TRABALLO NESTE ANO:
- REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, ESTE ANO HOUBO 9 DIFERENTES ONDE ESCOLLER, XA SABEDES QUE PARA O PRÓXIMO HABERÁ MAIS. APROVEITAMOS PARA DECIR A TODOS OS INTERESADOS QUE ESTAMOS ABERTOS A CALQUERA PROPOSTA NOVA QUE QUEIRADES IMPARTIR (SE TEDES COÑECEMENTO DALGUNHA MATERIA) E LEMBRAR QUE AÍNDA NON TEMOS PROFESORA SUSTITUTA DE PAZ, POLO QUE ROGAMOS QUE SE HAI ALGUÉN INTERSADO SE POÑA EN CONTACTO CON NÓS.
- PETICIÓN DE VARIAS SUBVENCIÓNS (AÍNDA ESTAMOS A ESPERA DE QUE CHEGUEN OS CARTOS DAS QUE ESTÁN APROBADAS). ENTRE ELAS DESTACAN AS DE XADREZ, AXUDA PARA POÑER EN MARCHA UNHA AULA DE INFORMÁTICA....ADEMÁIS DE SEGUIR ATENTOS DAS QUE POIDAN APARECER E QUE SEXAN INTERSANTES PARA NÓS.
- NON NOS ESQUECEMOS DE SEGUIR DE PRETO O DESENROLO DAS OBRAS DO NOVO COLEXIO, E SE HOUBESE ALGUNHA NOVA, O REFLEXARÍAMOS NESTE BLOGUE.
- A REALIZACIÓN E MANTEMENTO DO BLOGUE ( NESTES INTRES SE FAI DENDE A CASA DUN SOCIO, XA QUE NA ESCOLA NON TEMOS NIN AULA NIN INTERNET), E A CONTA DE CORREO PARA QUE NOS ACHEGUEDES AS VOSAS PROPOSTAS, OPINIÓNS...