venres, 16 de maio de 2008

FESTA DE FIN DE CURSO

Pois case sen darnos conta, xa chegou o Fin de Curso das Actividades Extraescolares.
Este ano, igual có ano anterior faremos unha gran festa de Fin de Curso á que, por suposto, están invitados todos os nosos socios e socias, asistan ou non ás Actividades.
Tamén están invitados os pais, nais, avós ou avoas, e por suposto, aqueles nenos e nenas que, a pesar de non seren socios da ANPA, levan todo o curso asistindo ás Actividades. Lembramos que, no caso dos non-socios, os acompañantes deberán aboar 1€ de entrada á Festa.
A Festa terá lugar o Mércores 28 de Maio ás 17:00 ata as 19:00 aproximadamente.
Animamos a todo o mundo a asistir, xa que este ano a Festa promete ser inolvidable, e o que a perda lamentarao.
Apuntádevos xa (nas fichas que se lles dan ós nenos ou no local da ANPA) ou podedes quedar sen merenda na Festa.

mércores, 14 de maio de 2008

GRAZAS IES FRAGAS DO EUME

Hoxe realizouse a derradeira clase deste curso da Actividade Extraescolar Xogos Populares, que se viña a realizar nas instalacións deportivas do IES Fragas do Eume.
Xa o fixemos varias veces ó longo do tempo en que durou este "préstamo", pero quixéramos voltar a agradecerlle á Dirección deste Centro e ó seu bedel, Suso, a súa amabilidade con nós, xa que sin eles non houberamos podido realizar a Actividade este ano, Actividade que, ademáis, foi a máis solicitada polos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria, cunha asistencia de 16 nenos e nenas ó longo do curso.

Moitas grazas IES Fragas do Eume

Agardamos que no vindeiro curso xa se podan realizar todas as Actividades normalmente "na casa" e deixemos de andar de pedichóns pola Vila ;-))))))))))))))


luns, 5 de maio de 2008

GAÑADORES DO PRIMEIRO PREMIO DOS MAIOS

Como xa dixemos, o pasado Xoves 1 de Maio, por iniciativa da Diretora do Colexio, ela e algúns mestres voluntarios, ofrecéronse para acompañar ós nenos e nenas do noso centro ó concurso dos Maios que cada ano se celebra na nosa Vila.
Comprácenos moito anunciar que un dos nosos Maios resultou gañador de dito concurso e o colexio recibiu un premio de 225€, ademáis de 30 € por cada un dos outros Maios participantes e que non obtiveron premio.
A direción do centro adiantounos que estes cartos serán investidos na compra de Material Lúdico para o recreo (cordas, peóns, gomas, etc.).
Ademáis, os nenos e nenas portaban uns cestiños pra pedir cartos; có recadado os nenos poideron disfrutar na pizzería dunha merecida cea que prolongou a festa ata as 10:30 da noite.
Noraboa ós nenos e mestres participantes.
Ánimo para seguir con este tipo de iniciativas, nas que agardemos se involucre cada vez máis xente.

xoves, 1 de maio de 2008

FESTA DOS MAIOS

Onte, como ven sendo tradicional, celebrouse no Colexio a festa dos Maios. Cada curso traballou na creación do seu propio Maio con flores e verde que cada neno e nena traen recollido do campo, respeitando, eso sí, as formas tradicionais (Hórreo, Cruceiro, etc).
Este ano, como novidade, as mestras e mestres presentáronse voluntarios para estar no centro na tarde de hoxe e acompañar ós nenos e nenas que así o desexasen ó desfile polas rúas da Vila e ó concurso dos Maios que se celebra cada ano na Alameda.
Agradecemos moito esta iniciativa tomada por parte da nova Dirección do Centro, xa que están dispostos a perder un dos seus días de lecer en favor dun acto cós alumnos para, por fin, darnos a oportunidade de competir cós Maios de Chata e os seus nenos e nenas de Atocha que sempre compiten para "recadar cartos para os nenos pobres", ¡ai que nobres son!

¡¡¡¡Ánimo Couceiro!!!
;-)))))))))