mércores, 26 de abril de 2017

LEMBRADE. DÍA 2 DE MAIO, NON LECTIVO


Lembrade que o martes 2 de maio escolleuse no centro como día non lectivo de libre elección, polo que non haberá clase.

Tedes  AQUÍ o enlace co resto do calendario escolar do curso 2016-2017

xoves, 20 de abril de 2017

XESTIÓN EFICAZ DAS EMOCIÓNS E OS DESACORDOS NA CONVIVENCIA

2º ENCONTRO COAS FAMILIAS


LUNS 24 DE ABRIL,  DE 17.30 a 19.30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

Actividade aberta a todas as familias


SUBVENCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSOS 2014-15 e 2015-16



Comunicamos que recibimos a subvención para o comedor, correspondente aos cursos 2014/2015 e 2015/2016.

Quen fixo uso deste servizo durante eses cursos, pode pasar pola oficina da ANPA (martes de 8.45 a 9.00 hrs e todos os días do 15 ao 20 de cada mes no mesmo horario) para cobrar o que lle corresponda.

Se alguén ten pagos pendentes coa empresa de catering, deberá solventar a débeda previamente.


No caso de que a axuda non sexa cobrada antes de rematar o curso, pasará a formar parte dos fondos para material do comedor.