mércores, 27 de febreiro de 2008

RETIFICAR É DE SABIOS

Unha vez que as augas voltan ó seu cauce, polo momento o menos, e analizados os acontecementos que se precipitaron dende a publicación do artículo de "La Voz de Galicia", a Xunta Diretiva da ANPA quixera pedir disculpas a aquelas persoas que se puidesen sentir ofendidas por algún dos comentarios aquí feitos.
O que pasa é que aínda non estamos afeitos a estos trocos de plans según sopre o vento de parte da Delegación de Educación, que un día di arre e o seguinte dí xo e aquí non pasou nada.
Así que reiteramos as nosas disculpas sobre todo ó Equpo Diretivo, que nos consta se puido sentir ofendido, xa que é certo que eles cando teñen información nova a comparten, e que si non nos dixeron nada do artigo do xornal era porque en realidade nos sabían del.
Esperemos que este sexa o último episodio surrealista e que por fin poidamos facer o traslado e disfrutar das novas instalacións tranquilamente, que pensamos todos que xa vai sendo hora.

ÚLTIMA HORA

Onte á mañá recibiuse a visita dunha delegación de Educación composta pola Inspectora, Técnicos, Arquitecto, Concello, Dirección de Centro...
Como xa sospeitábamos, nós non fumos convidados, pero hai que agradecer que pola tarde recibimos a chamada da Directora para convocarnos a unha reunión na que se nos informou totalmente do falado pola mañá.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡IMOS TODOS Ó
NOVO COLEXIO !!!!!!!!


Segundo estaba previsto á volta das vacacións de Semana Santa, TODOS os nenos e nenas comezarán no novo Centro.
Agradecemos ó equipo directivo a súa chamada para facernos partícipes desta boa nova tan longo tempo agardada.
Lembrar de todos xeitos, que aínda queda por rematar a segunda parte do proxecto, que agardamos esté rematada o antes posible.
En vista do acontecido onte, non imos facer máis comentarios respecto ó artigo do xornal "La Voz de Galicia", porque está visto que neste país noso, as noticias non se contrastan antes da súa publicación, e parece que é máis importante crear polémica que pensar nas cosecuencias que poidan traer as palabras.

luns, 25 de febreiro de 2008

NOVO RUMOR

Esta mesma mañá, xa había un novo rumor no patio do Centro....... agradecemos que este sí nolo fixeran chegar, será que este lles resulta máis conveniente que se saiba.
Resulta, que seica dixo a Coordinadora de Educación Infantil, é dicir, Mari Cascallar, que estas declaracións do Delegado de Educación foron feitas de xeito apresurado e case sen saber do que falaba.
A nós nos resulta todo demasiado elaborado e con demasiados datos para que o vaiamos a creer....pero aquí o reflexamos.
Seguimos á espera de que alguén teña a bondade de convidarnos á reunión de mañá có Delegado e os Técnicos.

ARTICULO "LA VOZ DE GALICIA"


Ante as novas declaracións do Delegado Provincial de Educación, o señor José Manuel Mouriz, aparecidas no xornal "La Voz de Galicia" o Sábado 23 de Febreiro, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do Couceiro Freijomil, quixera salientar algúns puntos.
O primeiro que nos gustaría destacar é que estamos moi confusos, porque esta é a primeira nova que temos de que o traslado ás novas instalacións non inclúa ós alumnos de Educación Infantil.
As últimas novas que tiñamos ó respecto eran de que TODOS os alumnos ían mudar de instalacións á volta das vacacións de Semana Santa (feito confirmado polo mesmo equipo directivo non hai nin 3 semanas), polo que ler estas declaracións na prensa deixounos descolocados.
Segundo este xornal, xa había ecos en Pontedeume de que isto podía chegar a pasar........ a nós ninguén se tomou a molestia de avisarnos, nin por parte da Direción do Centro, nin por parte do Concello, nin moitísimo menos por parte da Delegación de Educación, supoñemos que informar os pais e nais dos nenos afectados non lles parecerá relevante.
Outra das cousas que din é que dende o Concello xustifican o non trasladar ós nenos e nenas de Educación Infantil faise para "... Evitar trastornos al haberse ya adaptado a la situación temporal en otro centro", pois menudos trastornos que nos queren evitar, tendo en conta as condicións nas que se imparten as clases de Educación Infantil nestes intres, cós nenos amontoados e sen espazo para realizar as tarefas diarias de forma normal.
Outra das xoias que nos deixa este artículo volve a vir de boca da Diretora, Natalia Ucha, que dí que "... estaremos aínda un ano máis nestas condicións...", pois isto sí que nos fai tremer as pernas, porque visto o ritmo que levan as obras, tememos que se refira a 12 meses máis así, o que veríamos totalmente inaceptábel.
En fin, que segundo a información de dito xornal, mañá virá o Delegado acompañado de Técnicos da Xunta para inspeccionar as obras, esperamos sinceramente que alguén, xa sexa a Dirección, o Concello ou mesmamente a Delegación, se tome a molestia de avisarnos e facernos chegar as súas conclusións de primeira man, xa que estamos máis que fartos de ter que ser os últimos en enterarnos do que se está a tramar en torno á construcción do novo colexio dos nosos fillos e fillas.
Por si alguén non puido leer o artigo, aquí o deixamos á vosa disposición

xoves, 14 de febreiro de 2008

ENTREGA DO NOVO COLEXIO

O venres da pasada semán, día 8 de Febreiro, recibiuse a visita da Inspectora de Educación a cargo do noso Centro.
Tras unha reunión có Equipo Diretivo, baixou a comprobar "In Situ" o avance das obras do novo Colexio.
Parece que tras un novo retraso (lembramos que a última data de entrega "oficial" era Xaneiro) esta vez a causa dos cristais das fiestras, a data de entrega queda para este mes de Febreiro e o traslado continúa previsto para a volta das vacacións de Semana Santa, é dicir o día 25 de Marzo.
Para os que aínda non saiban cómo está previsto realizar esta mudanza, lembramos que este ano os nenos virán de vacacións de Semana Santa un día antes (é dicir o Xoves 13 de Marzo sería o último día) e voltarían ó Colexio un día despois do habitual (o Martes 25 de Marzo) e xa o farían nas novas instalacións.
A ver si esta data resulta a definitiva de verdade e podemos voltar todos a normalidade, con todos os nenos do Centro no mesmo edificio e todos os recursos a disposición de todos.
Pola nosa parte, esperamos que este sexa o derradeiro atranco dun proxecto gafado dende o seu comezo, e desexar que o rematen dunha vez e os nosos nenos e nenas poidan disfrutar del, que vai sendo hora (lembramos que a data orixinal de entrega do Colexio era en Agosto de 2007).

PRAZO DE PREMATRICULACIÓN

Hoxe, e ata o día 25 de Febreiro, comezou o prazo de reserva de prazas para o próximo curso, para os nenos e nenas que xa están a estudar no noso centro.
Esta reserva de praza serve para garantir unha praza de cara ó curso próximo, pero non serve de matrícula, xa que o periodo oficial de matrícula é do 20 ó 30 de Xuño.
No mes de Marzo abrirase a reserva de praza para os nenos e nenas que non son alumnos do Couceiro e no mes de Abril publicarase a lista de admitidos.
A folla de reserva de praza serve tamén para volver a contabilizar os posibles interesados no servizo de Comedor Escolar, que comezará a funcionar o vindeiro curso.
Para calquera dúbida que poida xurdir, podedes acudir a nós ou pedir información adicional na secretaría do centro.