luns, 25 de febreiro de 2008

ARTICULO "LA VOZ DE GALICIA"


Ante as novas declaracións do Delegado Provincial de Educación, o señor José Manuel Mouriz, aparecidas no xornal "La Voz de Galicia" o Sábado 23 de Febreiro, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do Couceiro Freijomil, quixera salientar algúns puntos.
O primeiro que nos gustaría destacar é que estamos moi confusos, porque esta é a primeira nova que temos de que o traslado ás novas instalacións non inclúa ós alumnos de Educación Infantil.
As últimas novas que tiñamos ó respecto eran de que TODOS os alumnos ían mudar de instalacións á volta das vacacións de Semana Santa (feito confirmado polo mesmo equipo directivo non hai nin 3 semanas), polo que ler estas declaracións na prensa deixounos descolocados.
Segundo este xornal, xa había ecos en Pontedeume de que isto podía chegar a pasar........ a nós ninguén se tomou a molestia de avisarnos, nin por parte da Direción do Centro, nin por parte do Concello, nin moitísimo menos por parte da Delegación de Educación, supoñemos que informar os pais e nais dos nenos afectados non lles parecerá relevante.
Outra das cousas que din é que dende o Concello xustifican o non trasladar ós nenos e nenas de Educación Infantil faise para "... Evitar trastornos al haberse ya adaptado a la situación temporal en otro centro", pois menudos trastornos que nos queren evitar, tendo en conta as condicións nas que se imparten as clases de Educación Infantil nestes intres, cós nenos amontoados e sen espazo para realizar as tarefas diarias de forma normal.
Outra das xoias que nos deixa este artículo volve a vir de boca da Diretora, Natalia Ucha, que dí que "... estaremos aínda un ano máis nestas condicións...", pois isto sí que nos fai tremer as pernas, porque visto o ritmo que levan as obras, tememos que se refira a 12 meses máis así, o que veríamos totalmente inaceptábel.
En fin, que segundo a información de dito xornal, mañá virá o Delegado acompañado de Técnicos da Xunta para inspeccionar as obras, esperamos sinceramente que alguén, xa sexa a Dirección, o Concello ou mesmamente a Delegación, se tome a molestia de avisarnos e facernos chegar as súas conclusións de primeira man, xa que estamos máis que fartos de ter que ser os últimos en enterarnos do que se está a tramar en torno á construcción do novo colexio dos nosos fillos e fillas.
Por si alguén non puido leer o artigo, aquí o deixamos á vosa disposición

Ningún comentario:

Publicar un comentario