luns, 28 de outubro de 2019

MAÑÁ MARTES NO COUCEIRO...





OBRADOIRO DE MARTINA GONZÁLEZ VEIGA

Mañá martes 29 de outubro, comezamos as xornadas de obradoiros MEDRANDO EN IGUALDADE con Martina González.

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.

Martina compartirá con nos “Como lle falo diso”.

Neste obradoiro trabállase a comunicación asertiva a posta de límites e a negociación para garantir as relación desexadas libres de coacción e violencia. Dedicada ás persoas adultas, esta formación pretende facilitar a toma de conciencia das familias, e das persoas que traballan no eido educativo, de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa.

Lembrade, Martes 29 de outubro de 16.30 a 18.30 no colexio.
Xornadas abertas para todas as persoas adultas da comunidade educativa.

mércores, 23 de outubro de 2019