mércores, 1 de novembro de 2017

COMEDOR

CAMBIO DE MENÚ XOVES 2 E VENRES 3 DE NOVEMBRO

 Boas tardes

Para esta semana, en concreto os días 2 de Novembro e 3 de Novembro, o menú foi modificado. O cambio tan só afecta ao segundo prato intercambiándose entre sí, polo que os nenos e nenas poderán disfrutar do seguinte menú:


-          Xoves 2 de Novembro :
o   2º Prato: Polo asado (a guarnición non sofre cambios).

-          Venres 3 de Novembro :
o   2º Prato: Hamburguesa de cerdo (a guarnición non sofre cambios).

Disculpade as molestias


xoves, 19 de outubro de 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Finalmente estas son as actividades que están en marcha este curso cos seus horarios. 

Quedan pendentes Reciclarte e Caixón Desastre onde non se xuntaron aínda un número suficiente de participantes que permita sacar adiante estas actividades.




martes, 26 de setembro de 2017



XORNADA PORTAS ABERTAS MAGO DIAPASÓN. APREDIZAXE MUSICAL

LUNS 2 DE OUTUBRO ÁS 16.30 hrs

DENDE A ANPA DO COUCEIRO ESTAMOS ORGANIZANDO UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS QUE NOS OFRECE ESTEFANIA, PROFESORA DE MAGO DIAPASÓN EN FERROL.
O método do Mago Diapasón integra a música no proceso natural de crecemento dos nenos e nenas, empezando a desenvolver o seu oído a través do personaxe principal dun conto.















INVITÁMOSVOS A TODAS E A TODOS A QUE PARTICIPEDES.


Máis info en…
http://www.magodiapason.com

venres, 15 de setembro de 2017

domingo, 10 de setembro de 2017

CURSO 2017-2018

EMPEZAMOS NOVO CURSO, E ESTE LUNS 11 DE SETEMBRO COMEZA TAMÉN O SERVIZO DE COMEDOR.


DEIXAMOS AQUÍ O MENÚ DE SETEMBRO. BO PROVEITO!!





martes, 20 de xuño de 2017

MENÚ ESPECIAL FIN DE CURSO NO COMEDOR




Con motivo do último día de colexio, omenú para o día 23 de xuño modificouse. Para este día os nenos  e  nenas poderán disfrutar do seguinte menú:

1º PRATO: ENSALADA VARIADA
2º PRATO: PIZZA ARTESANA DE XAMÓN E QUEIXO
POSTRE: CHOCOLATINA

Esperamos que sexa do agrado dos nenos e nenas!!



venres, 9 de xuño de 2017

COMEDOR CURSO 2017-2018




MENÚ SETEMBRO 2017



FESTA FIN DE CURSO 2017

E para rematar ben o curso, faremos unha GRAN FESTA para todas e todos as socias e socios da ANPA o día 23 de xuño dende as 16:00h ata as 18:30h.

Por favor, comprobade que estades ao día no pago das actividades.

Haberá xogos, bailes, hinchables e por suposto, unha pequena merenda para recuperar forzas.

Lembramos que os nenos de infantil, e todos os que precisen supervisión, deberán estar acompañados por un adulto.

Os non socios que queiran vir á festa, deberán pagar 6€.

ASAMBLEA ORDINARIA ANPA EUME


O día 13 de xuño de 2017, terá lugar unha asemblea ordinaria da ANPA ás 17:00h.
Orde do día:
    Festa fin de curso
    Actividades
    Cuota ANPA
    Comedor escolar

    Rogos e preguntas

mércores, 24 de maio de 2017

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. ORDE do 16 de maio de 2017

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educaciónsecundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
  

TEDES AQUÍ O ENLACE COA ORDE PUBLICADA NO DOG DE 22 de maio de 2017

IMPRESO DE SOLICITUDE

mércores, 10 de maio de 2017

AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, PARA O CURSO 2016-2017 (EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 10 de maio ao 31 de maio de 2017.

MODELO DE SOLICITUDE: Pódese descargar AQUÍ ou recoller nos SERVIZOS SOCIAIS ou no REXISTRO XERAL DO CONCELLO.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

1º.  SERVIZOS SOCIAIS para COMPROBAR DOCUMENTACIÓN.
2º.  REXISTRO XERAL DO CONCELLO para PRESENTAR DOCUMENTACIÓN.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

§   Impreso de solicitude. Cumprimentadas as 4 páxinas en todos os seus apartados e asinadas.
§   Fotocopias do D.N.I. do/da solicitante, cónxuxe/parella e fillo/a.
§   Fotocopia do Libro de Familia (completo).
§   Fotocopia da Declaración do IRPF do exercicio 2015 (completa) do/da solicitante e cónxuxe/parella, ou no caso de non presentala, Certificado de imputacións expedido pola Axencia Tributaria.
§   Certificación da conta bancaria do/da solicitante.
§   Copia de matrícula do presente curso.

Como novidade para este curso inclúese, ademais dos gastos realizados en material escolar, os gastos efectuados en: mandilón, chándal e zapatillas de deporte.


IMODELO SOLICITUDE

mércores, 26 de abril de 2017

LEMBRADE. DÍA 2 DE MAIO, NON LECTIVO


Lembrade que o martes 2 de maio escolleuse no centro como día non lectivo de libre elección, polo que non haberá clase.

Tedes  AQUÍ o enlace co resto do calendario escolar do curso 2016-2017

xoves, 20 de abril de 2017

XESTIÓN EFICAZ DAS EMOCIÓNS E OS DESACORDOS NA CONVIVENCIA

2º ENCONTRO COAS FAMILIAS


LUNS 24 DE ABRIL,  DE 17.30 a 19.30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

Actividade aberta a todas as familias


SUBVENCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSOS 2014-15 e 2015-16



Comunicamos que recibimos a subvención para o comedor, correspondente aos cursos 2014/2015 e 2015/2016.

Quen fixo uso deste servizo durante eses cursos, pode pasar pola oficina da ANPA (martes de 8.45 a 9.00 hrs e todos os días do 15 ao 20 de cada mes no mesmo horario) para cobrar o que lle corresponda.

Se alguén ten pagos pendentes coa empresa de catering, deberá solventar a débeda previamente.


No caso de que a axuda non sexa cobrada antes de rematar o curso, pasará a formar parte dos fondos para material do comedor.

mércores, 29 de marzo de 2017

FIN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016-2017

Este curso as actividades organizadas pola ANPA rematarán o día 16 de xuño
Na última ou penúltima clase (segundo o indique cada monitor e dependendo da actividade que sexa), cada grupo fará unha pequena mostra do aprendido durante o curso para as familias.

Co remanente dos fondos da ANPA e coa axuda que este curso nos concedeu o Concello, a cuota das actividades do mes de xuño será asumida pola ANPA.

martes, 28 de marzo de 2017

agradecemento obradoiro educación emocional

Onte tivo lugar no CEIP Couceiro Freijomil o obradoiro  sobre “Educación emocional e prevención do Acoso Escolar”. Pareceunos moi interesante, ameno e instrutivo. Agardamos que se poida repetir e se anime máis xente a participar.

Dende a ANPA EUME, mostramos o noso agradecemento a quen o fixo posible:  a Raquel de Atalaia por dirixila, ao centro educativo e ao Concello de Pontedeume pola organización e, como non, a todas e todos os asistentes e participantes. Sen eles non sería posible.

venres, 24 de marzo de 2017

EDUCAR NAS EMOCIÓNS PARA UNHA CONVIVENCIA RESPECTUOSA

CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
LUNS 27 DE MARZO DE 2017 ÁS 18.00 hrs

ABERTO A PAIS E NAIS DE TODOS OS CURSOS



venres, 17 de marzo de 2017

CURSO 2016 - 2017


ACTIVIDADES



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00/17:00

COCIÑA

CANTA-BAILA


INGLÉS

FUTBOL

17:00/18:00

BLOGGERS E DESEÑO WEB

TEATRO

ART-ATTACK