mércores, 10 de maio de 2017

AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, PARA O CURSO 2016-2017 (EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 10 de maio ao 31 de maio de 2017.

MODELO DE SOLICITUDE: Pódese descargar AQUÍ ou recoller nos SERVIZOS SOCIAIS ou no REXISTRO XERAL DO CONCELLO.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

1º.  SERVIZOS SOCIAIS para COMPROBAR DOCUMENTACIÓN.
2º.  REXISTRO XERAL DO CONCELLO para PRESENTAR DOCUMENTACIÓN.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

§   Impreso de solicitude. Cumprimentadas as 4 páxinas en todos os seus apartados e asinadas.
§   Fotocopias do D.N.I. do/da solicitante, cónxuxe/parella e fillo/a.
§   Fotocopia do Libro de Familia (completo).
§   Fotocopia da Declaración do IRPF do exercicio 2015 (completa) do/da solicitante e cónxuxe/parella, ou no caso de non presentala, Certificado de imputacións expedido pola Axencia Tributaria.
§   Certificación da conta bancaria do/da solicitante.
§   Copia de matrícula do presente curso.

Como novidade para este curso inclúese, ademais dos gastos realizados en material escolar, os gastos efectuados en: mandilón, chándal e zapatillas de deporte.


IMODELO SOLICITUDE