mércores, 19 de agosto de 2020

Criterios de acceso ao comedor 2020-2021




 

APERTURA DE PRAZO PARA INSCRCIÓN NO COMEDOR ESCOLAR 2020-2021

Estimadas familias:

Ábrese o prazo para a inscrición das vosas fillas e dos vosos fillos no comedor para o vindeiro curso 2020-2021.


O prazo permanecerá aberto ata o 4 de setembro de 2020.


A empresa Jardanay enviounos unha circular e un díptico informativo, que e necesario que teñades en conta e que encontraredes colgado da nosa páxina.


EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, POR APLICACIÓN DO PROTOCOLO APROBADO POLA XUNTA, A PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE INSCRICIÓN.


Incidir en que a xunta directiva da ANPA estamos facendo o esforzo de sacar adiante o servizo de comedor porque somos conscientes da importancia que este servizo ten para a conciliación familiar e laboral, pero tamén é verdade que teremos que estar seguras de que non implica unha responsabilidade xurídica que non podamos asumir. Nese suposto non nos veríamos coa capacidade de seguir xestionando o servizo.


Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. CUOTA DA ANPA (12 € POR FAMILIA E ANO)*. Contaremos como facerse familia socia ao inicio do curso. Grazas!!

* A ANPA agradécevos enormemente que elixades esta alternativa porque é a ANPA quen xestiona o comedor e porque cun pouquiño de cada familia podemos aportarlle moito a todo o Cole.


ALTA NO COMEDOR CURSO 2020-2021


A través da páxina web da empresa Jardanay nun dos seguintes enlaces:


www.jardanay.es


https://jardanaycomedores.es/couceiro-freijom…/wp-login.php…


Tede a man:

• Nº de conta para que vos pasen o pago mensual do comedor.
• DNI do nai, pai ou tutor ou tutora legar
• DNI da nena ou do neno que vai facer uso do comedor. Se non ten DNI cúbrese co voso.


Tedes que cubrir un formulario por cada fillo ou filla que vaia facer uso do comedor.


Usuario: couceiro
Contrasinal: comedores2020


Unha vez dentro, ides cubrindo todos os campos e para confirmar que rematachedes a inscrición con éxito, debe de chegarvos ao voso correo electrónico (o que indicáchedes no formulario) un mail de confirmación.


En caso contrario, poñédevos en contacto coa empresa no tlf 981 12 66 27


Tedes que repetir este procedemento por cada neno o nena que vaia facer uso do comedor.


Atentamente a Directiva da Anpa Eume

domingo, 9 de agosto de 2020

SITUACIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 

Ante a situación actual en relación coa crise do COVID-19 e o Protocolo que contén as medidas a adoptar nos centros educativos no vindeiro curso, a ANPA non pode garantir o servizo de actividades extraescolares nin as condicións do servizo de comedor escolar.

Por non consideralo un servizo indispensable, a ANPA en asamblea da xunta directiva de 4 de agosto de 2020 acordou por unanimidade non programar nin xestionar actividades extraescolares para o Curso 2020-2021.

Así mesmo, acordase continuar coa xestión do servizo de comedor coas mermas que foran necesarias en canto a número de persoas usuarias en relación co Protocolo Asinado pola Xunta ou co regulamento ou instrucións que ao respecto foran ditadas. No caso de ser necesario limitar o aforo ao comedor, acordase que o límite será establecido  pola orde na que se anoten as familias.

Sabendo que este é un servizo de conciliación imprescindible para moitas familias, estamos facendo un grandísimo esforzo, en coordinación coa dirección do Centro e coa empresa Jardanay que nos presta o servizo, para sacalo adiante no medio de tanta incertidume sanitaria e incluso legal.

Dende a ANPA estamos traballando conscientes aínda así de que o comedor escolar, da escola pública, debe ser un servizo público xestionado pola administración correspondente.

Estamos facendo todo o que está nas nosas mans, en contacto coa directiva do colexio, para buscar as condicións de seguridade para as nosas fillas e os nosos fillos, pero se as condicións cambian non podemos asegurar a continuidade. Somos unha asociación e non temos os recursos precisos para facer fronte a todas as medidas que hai que tomar.

Estes días publicaremos as instrucións para as altas no comedor.

 

Manterémosvos informadas de todo o que vaia xurdindo.

 

Atententamente a Directiva da Anpa Eume

COMUNICADO CONFAPA SOBRE PROTOCOLO COVID-19


http://www.confapagalicia.org/novas/comunicado-sobre-o-borrador-do-protocolo-da-covid-19-nos-centros-escolares/