Estimadas familias:
Unha vez analizada a situación actual e a prevista
para o inicio do curso na anterior publicación (http://anpacouceiro.blogspot.com/2020/08/situacion-para-o-curso-2020-2021.html), e incidindo novamente nas
dificultades organizativas e de responsabilidades que están provocando a lóxica
anulación da xestión dos servicios de comedor por parte de moitas Anpas, pasamos
a concretar na medida do posible as decisións que se están tomando no referente
ao servizo de comedor, sempre en coordinación coa Dirección do Centro e coa
empresa Jardanay S.L..
Indicar que todas as medidas adoptadas quedan supeditadas
ó número de preinscricións que se realicen, posto que estamos condicionados ao
aforo do comedor.
As prazas organizaranse por orden de inscrición na
páxina web de Jardanay (www. jardanay.es). A preinscrición abrirase nos
próximos días (mandaremos aviso) e permanecerá aberta ata o 4 de setembro.
Para os que se incorporen no 1º curso de infantil,
dada a maior dificultade para transmitirlles esta información, tentarán reservarse algunhas prazas.
Será necesario realizar, 3 quendas de comida,
segundo a hora de saída do centro. Pasamos a detallar as quendas que se van fixar
inicialmente:
1ª Quenda as 13:00, corresponde aos cursos de
Infantil;
2ª Quenda as 13:45, corresponde á metade dos cursos
de Primaria;
3ª Quenda as 14:30, corresponde á outra metade dos
cursos de Primaria.
A recollida do alumnado será de 14:45 a 15:15 e como
última hora as 15:45, como era xa o curso pasado.
Elimínase temporalmente a opción do cepillado dos
dentes mentres non cambien as circunstancias actuais.
Eliminarase, ata un novo protocolo, a opción de
esporádicos.
O alumnado que quede sen praza por exceso de
matrícula, permanecerá en lista de espera de posibles baixas no alumnado
admitido ou modificacións no protocolo covid.
A
empresa Jardanay enviaranos unha circular e un díptico informativo, que
encontraredes nos vindeiros días colgada da nosa páxina.
No
momento de apertura das listas, xunto co aviso correspondente, colgaremos unhas
instrucións o máis claras posibles para formalizar os pagos e a matrícula.
Atentamente
a Directiva da Anpa Eume.
Ningún comentario:
Publicar un comentario