Ante a situación actual en relación coa crise do COVID-19 e o Protocolo que contén as medidas a adoptar nos centros educativos no vindeiro curso, a ANPA non pode garantir o servizo de actividades extraescolares nin as condicións do servizo de comedor escolar.
Por non consideralo un servizo indispensable, a ANPA en asamblea da xunta directiva de 4 de agosto de 2020 acordou por unanimidade non programar nin xestionar actividades extraescolares para o Curso 2020-2021.
Así mesmo, acordase continuar coa xestión do servizo de comedor coas mermas que foran necesarias en canto a número de persoas usuarias en relación co Protocolo Asinado pola Xunta ou co regulamento ou instrucións que ao respecto foran ditadas. No caso de ser necesario limitar o aforo ao comedor, acordase que o límite será establecido pola orde na que se anoten as familias.
Sabendo que este é un servizo de conciliación imprescindible para moitas familias, estamos facendo un grandísimo esforzo, en coordinación coa dirección do Centro e coa empresa Jardanay que nos presta o servizo, para sacalo adiante no medio de tanta incertidume sanitaria e incluso legal.
Dende a ANPA estamos traballando conscientes aínda así de que o comedor escolar, da escola pública, debe ser un servizo público xestionado pola administración correspondente.
Estamos facendo todo o que está nas nosas mans, en contacto coa directiva do colexio, para buscar as condicións de seguridade para as nosas fillas e os nosos fillos, pero se as condicións cambian non podemos asegurar a continuidade. Somos unha asociación e non temos os recursos precisos para facer fronte a todas as medidas que hai que tomar.
Estes días publicaremos as instrucións para as altas no comedor.
Manterémosvos informadas de todo o que vaia xurdindo.
Atententamente a Directiva da Anpa Eume
Ningún comentario:
Publicar un comentario