xoves, 29 de novembro de 2007

NOVAS

Coma todos os anos, ó remate do primeiro trimestre de Actividades, queda algunha praza libre nalgunha das clases.
A partir de Xaneiro, haberá dúas prazas vacantes para Piscina (podendo incluso aumentar o número se houbera algunha baixa ó longo do mes de Decembro).
Lembramos tamén que quedan 4 sitios en Informática do venres e que quedan sitios en Inglés (de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos), Pintura e Reciiclaxe, Música, Contos, Educación Vial, Xogos e Coro.

Informamos tamén de que xa está aberto a plazo de solicitude de Axudas para material escolar do Concello.
Se precisades algunha información máis ou para calquera consulta, non dubidedes en contactar con nós a través deste blogue ou nos horario de atención ó público da Anpa.

REMATE DO NOVO COLEXIO

Parece que xa hai data definitiva para o remate das obras do novo Couceiro Freijomil. Según informa a Direción do centro, as novas que teñen é que a finais do mes de Xaneiro o novo Edificio estará entregado, polo que a mudanza podería ir comezando pouco a pouco e o traslado dos nenos ás novas instalacións podería realizarse á volta das vacacións de Semana Santa.
Agardamos que desta volta sexa unha data definitiva e non xurdan máis demoras no proxecto e os nenos poidan disfrutar do novo edificio o antes posible.

mércores, 24 de outubro de 2007

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

Este ano, igual có anterior, poderedes atoparnos na Aula de José Luis Quinte (a última entrando á esquerda) os Luns en horario de 15:45 a 17:00, e os Xoves en horario de 16:00 a 17:00.
Tamén podedes contactar con nós a través deste blogue ou no noso correo electrónico anpaeume@gmail.com.

xoves, 27 de setembro de 2007

INFORME DAS ACTIVIDADES

A piques de comezar as Actividades Extraescolares queremos informar de cómo vai evolucionando o periodo de matrícula.
Informamos que xa non hai prazas para Piscina, pero temos unha lista de espera por si quedase algunha praza libre, e tampuco hai sitio para Informática de pequenos dos Mércores.
As Actividades comezarán a Primeira semana de Outubro, agás Informática de Pequenos dos Mércores, Xogos Populares, Contos Infantís, Educación Vial e Informática dos Venres que comezarán a Segunda Semana.
Lembramos que a Informática impartiráse no edificio de Foremdes e os Xogos Infantís no pavillón do I.E.S. Fragas do Eume (ó carón dos módulos de Educación Infantil), as demais Actividades daránse no edificio de Primaria.
Para Pintura e Reciclaxe é conveniente que os nenos e nenas traian un mandilón ou roupa que podan ensuciar sen problemas.
Os nenos e nenas que vaian a Xogos Populares e que non sexan de Educación Infantil deberán traer uns tenis de reposto nunha bolsa para cambialos no pavillón.
Hai actividades que poden requerir que os nenos traian material, pero xa se lles dará unha nota ó comezo das clases.
Por último, decir que os nenos que van a dúas actividades seguidas poden traer un aperitivo ou merenda pequena para facer un pic-nic entre clase e clase.
Moitas grazas polo voso apoio ó noso traballo, que neste curso estase a reflexar nun consederable aumento das matrículas, o que nos anima a seguir esforzándonos por mellorar cada día.
Esta semana contamos con ter o horario definitivo que vos faremos chegar por medio dos nenos e que, por suposto, tamén publicaremos aquí.

martes, 18 de setembro de 2007

COMENZO DAS ACTIVIDADES

Como cada ano por estas datas, e unha vez iniciado o curso, comenzamos o noso traballo cás actividades extraescolares.
Lembrar que este ano temos actividades novas, como son o Inglés e a Informática para os máis pequenos ou o Coro.
Non esquezades que algunha destas actividades teñen plazas limitadas, así que non deixedes para o último momento a inscripción ou pode ser tarde.
Agradecemos a colaboración do I.E.S Fragas do Eume que ten a amabilidade de prestarnos o seu pavillón para os Xogos Popular
es, e ó Concello, que un ano máis cede a aula aberta de Foremdes para a Informática.
Xa nos podedes atopar polas tardes no Colexio de 16:00 a 17:00, ou na porta cando agardamos polos nosos nen@s.
Esperamos seguir contando cá vosa confianza.
Un agarimoso saúdo para todos e que teñades un
feliz comenzo de curso

mércores, 18 de xullo de 2007

NOVAS

Despois de semanas de incerteza, e do susto que nos deron cá orde inicial de desaloxo, xa temos confirmación oficial de que o derrube do edificio de primaria non vai para adiante.

Esta misma mañá recibimos a confirmación por parte do Concello de que xa teñen, por escrito, a orde de que o derrube non vaia para adiante ata que esté o novo edificio.

Agora só queda agardar a que o novo Colexio esté listo o antes posible que, si se cumplen as últimas previsións, poderemos comezar o ano 2008 nas novas instalacións.

Agradecemos a Ruth (Concelleira de Educación) a deferencia de ternos informado, case en tempo real, das novas que ela vai tendo.

luns, 16 de xullo de 2007

PROFESOR DE XADREZ

Unha das novidades do ano pasado foi Xadrez. A idea xurdiu grazas a unha axuda que daba a Xunta para a compra de material e para axudar a pagalas clases.

O certo é que Xadrez non tivo boa acollida entre os cativos e tan só asistían 4 nenos, e sumando eso a que o profesor que impartía a clase saía moi caro, ó final, non quedaron cartos nin para pagalo material.

Dende aquí, quixéramos volver a fecer un chamamento por si hai alguén que esté interesado en traballar con nós impartindo Xadrez (ou calquera outra actividade). Se é así, por favor, que contacte con nós antes de que comence o curso.

Como sempre, quedamos á espera da vosa colaboración.

luns, 2 de xullo de 2007

NOTA EN PRENSA

Trá-lo problema xurdido a pasada semana co derrube ou non do edificio de primaria, a A.N.P.A., como ven sendo habitual, mandou unha nota a varios periódicos explicando a situación.

Pois non nos debemos explicar moi ben, porque na edición de hoxe do "Diario de Ferrol" aparece, na portada, unha nova que da a entender que o derrube do colexio vai para adiante.

Dende aquí, queremos aclarar que a nosa intención non era a de crear máis polémica, e que na nota o que queríamos era deixar claro que o problema estaba resolto.

Esperemos que este erro non cause unha alarma innecesaria e pedimos disculpas pola parte que nos toca.

Seguiremos ó tanto de todas as novas que poidan xurdir.

venres, 29 de xuño de 2007

MÁIS NOVAS SOBRE O NOVO COLEXIO

O mércores día 27 de Xuño, a dirección desta A.N.P.A. é convocada a unha reunión urxente pola dirección do centro (o director saínte e a directora entrante).

A sorpresa salta cando nos enteramos de que a reunión é para notificar que recibiran a orde de desaloxo do colexio porque o seu derrube era inminente.

A primeira cousa que nos ven á mente é que o novo colexio (índa en obras) estará operativo para o comenzo do curso 2007/2008, e que de non ser este o caso, pois xa serían tidos en conta os seguintes puntos:
1- Lugares alternativos nos que escolarizar, con tódalas garantías, ós nenos se o novo edificio non está listo en Setembro (o que perece mais que probable).
2- Como o derrube do edificio de primaria era cousa de días, suponse que se tería en conta a habilitación de almacens para gardar o material educativo de máis de 40 anos de actividade.

Pois a sorpresa inicial troca a maiúscula cando nos enteramos de que non só non se sabe onde se vai meter o material escolar de 40 anos (archivos, máis de 6000 libros, os libros de texto de máis de 300 nenos, ordenadores,......), senón que non se sabe onde se van poder meter os nenos cando chegue o 12 de Setembro e teñan que voltar á escola. O único certo nesta mañá de mércores era que había orde de desaloxo porque o derrube era inminente.
A primeira opción é tratar de falar có delegado de Educación, pero non había maneira de que se puxera ó teléfono, o seguinte foi ir falar có novo alcalde, que só sabía que tiña orde de desaloxar o colexio e punto; que os nenos non eran cousa súa.
Na tarde do mércores, unha das representantes do PSOE no concello (que tamén é mestra) é a que logra por fin falar có delegado, que lle informa de que o Xoves haberá unha reunión en Santiago cá empresa e que xa se informará ó centro do que se decida nela.
Hoxe, venres 29 de Xuño, na reunión do Consello Escolar, é cando nos enteramos de que pola mañá o alcande recibiu unha chamada do delegado dicindo que a orde de derrube quedaba revocada e que os nenos ían seguir no edificio que ata agora ocupaban ata que se rematara o novo edificio en construcción...data que se coidan ben de ocultar.
O peor de todo isto, aparte de tremenda tomadura de pelo de toda esta situación, é que o que menos lle importou á consellería en todo momento foron os nosos cativos, o que primaba era que o colexio fose desaloxado,e punto...o benestar dos nenos era a súa última preocupación, e moito tememos que o único que botou para atrás este derrube foi o custe económico que lle ía supoñer á consellería o poñer máis módulos para todo o alumnado de primaria.
O que nos queda por pensar é que isto foi unha metedura de pata do delegado de educación, que deu ordes sen ter en conta o que se lle ía vir enrriba, e cando se deu conta, pois non lle quedou outra que recuar. En fin,din que rectificar é de sabios, así que só nos queda agardar que á próxima se deteña a pensar algo antes de actuar.
Moitas grazas a todos os pais e nais que acudiron á nosa chamada, lamentando, en certo modo, que fóse en balde. Esperamos que comprendades que a nosa obriga era informar da situación, que o mércores era a de un derrube certo.
Seguiremos atentos a cada nova que poida surxir, e manterémosvos informados dende este blogue.



martes, 26 de xuño de 2007

ALGUNHAS ACLARACIÓNS

EN VISTA DOS COMENTARIOS QUE TIVEMOS QUE ESCOITAR OS MEMBROS DA XUNTA DIRETIVA DA A.N.P.A. A CONTA DA FESTA DE FIN DE CURSO QUE ORGANIZOU O COLEXIO O DÍA 22 DE XUÑO, DENDE AQUÍ QUIXÉRAMOS ACLARAR DÚAS COUSAS, PORQUE PARECE QUE HAI XENTE QUE NON TEN CLAROS ALGÚNS TÉRMINOS:
1 -
A A.N.P.A. É UNHA ASOCIACIÓN, O QUE QUERE DICIR QUE ESTÁ FORMADA POR SOCIOS, E SON ESTES SOCIOS ANTE ÓS QUE NÓS TEMOS QUE RENDIR CONTAS. O NÚMERO DE SOCIOS NESTE ANO FOI DE 48, DE CASI 300 ALUMNOS QUE HAI NO CENTRO.
2- OS CARTOS QUE TEN A A.N.P.A. PROCEDEN DESTES SOCIOS (CUOTA ANUAL, ACTIVIDADES....).

EN VISTA DISTO, PARÉCENOS QUE OS CARTOS QUE TEMOS DÉBENSE EMPREGAR EN BENEFICIO DOS SOCIOS. ESTO NON QUITA QUE SE HAI QUE MERCAR ALGUNHA COUSA PARA O CENTRO QUE BENEFICIE A TODOS NON SE FAGA (O ANO PASADO SE MERCARON DOUS XOGOS DE MADEIRA PARA O PATIO, UN EQUIPO DE MÚSICA PARA A MESTRA DESA MATERIA,...).

O DÍA DA FESTA DO EDIFICIO DE PRIMARIA, TIVEMOS QUE ESCOITAR QUE SI NON PAGÁBAMOS NINGÚN PAIASO, QUE SI NON DÁBAMOS CARTOS PARA CHUCHERÍAS PARA OS NENOS.....¿¿¿¿¿¿¿DE ONDE SE PENSAN QUE IMOS QUITAR OS CARTOS PARA CHUCHES PARA 300????????, ¿¿¿¿¿¿DOS CARTOS DE 48????????.

NÓS FIXEMOS A NOSA FESTA DE FIN DE CURSO QUE FOI UN ÉXITO TOTAL PARA OS NOSOS SOCIOS DENTRO DAS NOSAS POSIBILIDADES ECONÓMICAS.

CONSIDERAMOS QUE É MOI DOADO VIR PEDIR E SE NON SE DAN CARTOS (DEIXAR CLARO QUE ESTE ANO NON SE COLABOROU DEBIDO Á FALTA DE DIÑEIRO), POÑER A PARIR Á A.N.P.A. SEN TER INFORMACIÓN; E O QUE É MÁIS GRAVE, QUE ALGÚNS DOS SUPOSTOS PROFESIONAIS QUE TRABALLAN NO CENTRO EN VEZ DE DICIR AS COUSAS A QUEN CORRESPONDE (A NÓS NESTE CASO) ANDEN CON CURRILLADAS ÓS CATIVOS QUE NON TEÑEN VOZ NIN VOTO E NON SABEN DE QUÉ VAI O TEMA.

POLA NOSA BANDA, DICIR QUE DAMOS POR PECHADO O TEMA, E QUE ESPERAMOS QUE NINGUÉN PENSE QUE NON E QUE NON COLABOREMOS POR UNHA PERRENCHA, SENÓN PORQUE NON TEMOS CARTOS.

RESUME DO NOSO TRABALLO

REMATADO XA O CURSO 2006/2007, CHEGA A HORA DE FACER BALANCE DO QUE FOI ESTE ANO ESCOLAR.
POLA NOSA BANDA, GUSTARÍANOS COMENTAR O NOSO TRABALLO NESTE ANO:
- REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, ESTE ANO HOUBO 9 DIFERENTES ONDE ESCOLLER, XA SABEDES QUE PARA O PRÓXIMO HABERÁ MAIS. APROVEITAMOS PARA DECIR A TODOS OS INTERESADOS QUE ESTAMOS ABERTOS A CALQUERA PROPOSTA NOVA QUE QUEIRADES IMPARTIR (SE TEDES COÑECEMENTO DALGUNHA MATERIA) E LEMBRAR QUE AÍNDA NON TEMOS PROFESORA SUSTITUTA DE PAZ, POLO QUE ROGAMOS QUE SE HAI ALGUÉN INTERSADO SE POÑA EN CONTACTO CON NÓS.
- PETICIÓN DE VARIAS SUBVENCIÓNS (AÍNDA ESTAMOS A ESPERA DE QUE CHEGUEN OS CARTOS DAS QUE ESTÁN APROBADAS). ENTRE ELAS DESTACAN AS DE XADREZ, AXUDA PARA POÑER EN MARCHA UNHA AULA DE INFORMÁTICA....ADEMÁIS DE SEGUIR ATENTOS DAS QUE POIDAN APARECER E QUE SEXAN INTERSANTES PARA NÓS.
- NON NOS ESQUECEMOS DE SEGUIR DE PRETO O DESENROLO DAS OBRAS DO NOVO COLEXIO, E SE HOUBESE ALGUNHA NOVA, O REFLEXARÍAMOS NESTE BLOGUE.
- A REALIZACIÓN E MANTEMENTO DO BLOGUE ( NESTES INTRES SE FAI DENDE A CASA DUN SOCIO, XA QUE NA ESCOLA NON TEMOS NIN AULA NIN INTERNET), E A CONTA DE CORREO PARA QUE NOS ACHEGUEDES AS VOSAS PROPOSTAS, OPINIÓNS...



mércores, 30 de maio de 2007

FESTA FIN DE CURSO

ESTE MÉRCORES. 30 DE MAIO, TIVO LUGAR NO PATIO DO COLEXIO A FESTA DE FIN DAS ACTIVIDADES DESTE CURSO 2006/2007.

PARA CELEBRAR A CHEGADA DAS VACACIÓNS, ESTE ANO DECIDIMOS CONVIDAR ÓS NENOS A UNHA MERENDA NO PATIO CUBERTO. A FESTA FOI TODO UN ÉXITO CUN GRAN ÍNDICE DE PARTICIPACIÓN (MAIS DO 90% DOS NENOS). TIVEMOS MÚSICA, A NOSA PROFESORA DE MANUALIDADES PINTOU AS CARAS DOS CATIVOS, ETC...

ESTE ANO, TIVEMOS QUE DECIRLLE ADEUS A PAZ, QUE NOS DEIXA TRAS ANOS CONNOSCO, AÍNDA QUE ESPERAMOS QUE TEÑA TODA CLASE DE ÉXITOS (VAISE PARA MONTAR O SEU PROPIO NEGOCIO) ÍMOLA VOTAR MOITO DE MENOS. ¡¡BOA SORTE PAZ!!!

DENDE A ANPA QUEREMOS AGRADECER ÓS PAIS A SÚA CONFIANZA EN NÓS E NO NOSO GRUPO DE PROFESORAS E PROFESORES. ESTAMOS XA TRABALLANDO NO CURSO QUE VEN PARA INTENTAR OFRECER O MELLOR PARA OS VOSOS/NOSOS NEN@S.

ESTE ANO, TAMÉN QUEREMOS DARLLE AS GRAZAS Ó CONCELLO, QUE ANTE A FALTA DE AULA DE INFORMÁTICA NO COLEXIO, TIVO A AMABILIDADE DE DEIXARNOS A AULA DE INFORMÁTICA DE FOREMDES PARA IMPARTIR A NOSA ACTIVIDADE DOUS DÍAS Á SEMÁN. ESPERAMOS QUE NO CURSO PRÓXIMO NON SEXA NECESARIA ESTA AXUDA E PODER CONTAR CÁ AULA DE INFORMÁTICA DO NOVO COLEXIO.

IST
O É TODO POR ESTE CURSO, MOITAS GRAZAS A TODOS DE NOVO E QUE
TEÑADES UNHAS BOAS VACACIÓNS.




















luns, 21 de maio de 2007

FOTOS ACTIVIDADES






















AS NOSAS ACTIVIDADES

DENDE HAI ANOS, A ANPA IMPARTE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POLAS TARDES (AGÁS OS MARTES), DENTRO DO RECINTO ESCOLAR.

AS ACTIVIDADES QUE SE IMPARTEN NESTE CURSO SON:
-MÚSICA (ALUMNOS DE PRIMARIA)
- INGLÉS (ALUMNOS DE PRIMARIA)
-PINTURA E RECICLAXE (EDUCACIÓN INFANTIL)
- CONTOS INFANTÍS (EDUCACIÓN INFANTIL)
- XOGOS POPULARES (EDUCACIÓN INFANTIL)
- EDUCACIÓN VIAL (EDUCACIÓN INFANTIL)
- XADREZ (ALUMNOS DE PRIMARIA)
- INFORMÁTICA ( 7 A 12 ANOS)
- PISCINA ( A PARTIR DE 4 ANOS)

PARA O CURSO QUE VEN, TEMOS PREVISTAS NOVIDADES NAS ACTIVIDADES, QUE SERÁN AS SEGUINTES:
- INFORMÁTICA (3 A 7 ANOS)
- INGLÉS (3 A 7 ANOS)
- CORO INFANTIL (NENOS DE TODAS AS IDADES)
- PINTURA E RECICLAXE (MANUALIDADES) PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

SI AÍNDA ASÍ, HOUBERA ALGUNHA ACTIVIDADE QUE VOS INTERESE E NON ESTÉA, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CON NÓS E INTENTAREMOS ENGADILA.


venres, 18 de maio de 2007

UN POUCO DA NOSA HISTORIA

A PRIMEIRA ACTA REFLECTIDA DA NOSA ANPA REMONTASE Ó ANO 1974 CANDO O COLEXIO SE CHAMABA "ARZOBISPO RAJOY", (PERSOEIRO NADO NA NOSA VILA EN 1690 E QUE AXUDOU ECONÓMICAMENTE Ó DESENROLO DE PONTEDEUME).
SERÍA NO ANO 1975 CANDO O SEU NOME MUDOU Ó ACTUAL "COUCEIRO FREIJOMIL" EN HONRA DO POETA, FILOLÓGO E PEDAGOGO EUMÉS, NADO EN 1888.

ACTUALMENTE, A XUNTA DIRETIVA ESTÁ FORMADA POR:
- PRESIDENTE: ANDRÉS NIDÁGUILA CASAL
- VICE-PRESIDENTA: CRISTINA PÉREZ PEDRÓS
- SECRETARIA: ANA REY COTELO
- TESOUREIRA: ROSA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
- VOCAIS: CONSTANTE ARES PLANA E MARGARITA ROMERO QUINTILLÁN