martes, 18 de setembro de 2007

COMENZO DAS ACTIVIDADES

Como cada ano por estas datas, e unha vez iniciado o curso, comenzamos o noso traballo cás actividades extraescolares.
Lembrar que este ano temos actividades novas, como son o Inglés e a Informática para os máis pequenos ou o Coro.
Non esquezades que algunha destas actividades teñen plazas limitadas, así que non deixedes para o último momento a inscripción ou pode ser tarde.
Agradecemos a colaboración do I.E.S Fragas do Eume que ten a amabilidade de prestarnos o seu pavillón para os Xogos Popular
es, e ó Concello, que un ano máis cede a aula aberta de Foremdes para a Informática.
Xa nos podedes atopar polas tardes no Colexio de 16:00 a 17:00, ou na porta cando agardamos polos nosos nen@s.
Esperamos seguir contando cá vosa confianza.
Un agarimoso saúdo para todos e que teñades un
feliz comenzo de curso

Ningún comentario:

Publicar un comentario