mércores, 18 de xullo de 2007

NOVAS

Despois de semanas de incerteza, e do susto que nos deron cá orde inicial de desaloxo, xa temos confirmación oficial de que o derrube do edificio de primaria non vai para adiante.

Esta misma mañá recibimos a confirmación por parte do Concello de que xa teñen, por escrito, a orde de que o derrube non vaia para adiante ata que esté o novo edificio.

Agora só queda agardar a que o novo Colexio esté listo o antes posible que, si se cumplen as últimas previsións, poderemos comezar o ano 2008 nas novas instalacións.

Agradecemos a Ruth (Concelleira de Educación) a deferencia de ternos informado, case en tempo real, das novas que ela vai tendo.

luns, 16 de xullo de 2007

PROFESOR DE XADREZ

Unha das novidades do ano pasado foi Xadrez. A idea xurdiu grazas a unha axuda que daba a Xunta para a compra de material e para axudar a pagalas clases.

O certo é que Xadrez non tivo boa acollida entre os cativos e tan só asistían 4 nenos, e sumando eso a que o profesor que impartía a clase saía moi caro, ó final, non quedaron cartos nin para pagalo material.

Dende aquí, quixéramos volver a fecer un chamamento por si hai alguén que esté interesado en traballar con nós impartindo Xadrez (ou calquera outra actividade). Se é así, por favor, que contacte con nós antes de que comence o curso.

Como sempre, quedamos á espera da vosa colaboración.

luns, 2 de xullo de 2007

NOTA EN PRENSA

Trá-lo problema xurdido a pasada semana co derrube ou non do edificio de primaria, a A.N.P.A., como ven sendo habitual, mandou unha nota a varios periódicos explicando a situación.

Pois non nos debemos explicar moi ben, porque na edición de hoxe do "Diario de Ferrol" aparece, na portada, unha nova que da a entender que o derrube do colexio vai para adiante.

Dende aquí, queremos aclarar que a nosa intención non era a de crear máis polémica, e que na nota o que queríamos era deixar claro que o problema estaba resolto.

Esperemos que este erro non cause unha alarma innecesaria e pedimos disculpas pola parte que nos toca.

Seguiremos ó tanto de todas as novas que poidan xurdir.