venres, 9 de xuño de 2017

FESTA FIN DE CURSO 2017

E para rematar ben o curso, faremos unha GRAN FESTA para todas e todos as socias e socios da ANPA o día 23 de xuño dende as 16:00h ata as 18:30h.

Por favor, comprobade que estades ao día no pago das actividades.

Haberá xogos, bailes, hinchables e por suposto, unha pequena merenda para recuperar forzas.

Lembramos que os nenos de infantil, e todos os que precisen supervisión, deberán estar acompañados por un adulto.

Os non socios que queiran vir á festa, deberán pagar 6€.