OBRADOIRO DE MARTINA GONZÁLEZ VEIGA
Mañá martes 29 de outubro, comezamos
as xornadas de obradoiros MEDRANDO EN IGUALDADE con Martina González.
Este programa está subvencionado
pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo
Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.
Martina compartirá con nos “Como lle falo diso”.
Neste obradoiro trabállase
a comunicación asertiva a posta de límites e a negociación para garantir as
relación desexadas libres de coacción e violencia. Dedicada ás persoas adultas,
esta formación pretende facilitar a toma de conciencia das familias, e das
persoas que traballan no eido educativo, de que é imposible non educar e que o
silencio tamén educa.
Lembrade, Martes 29 de outubro de 16.30 a 18.30 no colexio.
Xornadas abertas para todas as
persoas adultas da comunidade educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario