venres, 25 de xaneiro de 2019

LUNS 11 DE FEBREIRO DE 2019, DE 16:30 a 18:30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

Tarde de educación afectivo sexual para a ANPA 
do CEIP Couceiro Freijomil
Martina González Veiga psicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta de parella, 
esepecializada en sexoloxía adicaranos unha tarde a resolver as dúbidas isobre educación efectivo-sexual 
de persoas responsables da educación das crianzas nesta actividade organizada pola ANPA 
do CEIP Couceiro Freijomil.

DENDE A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A ESTE INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA


É UNHA ACTIVIDADE DA ANPA ABERTA A TODO O CENTRO

Para dirixir o obradoiro cara aqueles temas que máis nos interesan ou preocupan, poñemos á vosa disposición un buzón físco na entrada do cole e unha dirección de correo electrónico (anpaeume@gmail.com) onde poderedes dirixir as vosas preguntas, que por suposto poden ser anónimas, e que lle faremos chegar a Martina para que poda integralas na súa charla.





OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS

Da sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas, desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados. Polo que a educación sexual comeza dende a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes, proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e dificultades.

LUNS 11 DE FEBREIRO DE 2019 DE 16.30 A 18.30

Aberto a todos os país, nais e resto de comunidade educativa

IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero


www.martinagonzalezveiga.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario