PROGRAMA MEDRANDO EN IGUALDADE EN TEMPOS DE COVID
Queridas familias:
Aínda que xa sabemos que este curso está sendo difícil o caso é que dende decembro do ano pasado temos concedida a subvención de axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia.
Sabemos que é un ano complicado para meternos en cousiñas extra pero, pola nosa parte o compromiso adquirido entre outras coas persoas que nos van a ofrecer os obradoiros, obríganos en certo modo a sacalo adiante.
Para este curso a proposta móvese en dúas liñas de traballo. Por unha parte repetimos obradoiros para alumnado de 6º de primaria e escola de nais, pais e profesorado con Martina González Veiga, psicóloga e sexóloga cun grande recoñecemento e unha ampla traxectoria profesional. Estes obradoiros desenvolveranse en streaming
O obradoiro da escola de nais, pais e profesorado impartido tamén por Martina González sobre Cómo educar ás nosas ciranzas en sexualidade, desenvolverase a través dunha Sala Zoom on line o sábado 14 de novembro de 11 a 13 horas.
Por outra lado tiñamos previsto un bonito e traballado programa sobre patios en Igualdade que se ía levar a cabo dun xeito moi participativo con toda a comunidade educativa.
O COVID-19 lévanos a adaptar este programa cara a unha proposta non presencial polo que este ano adaptaremos os contidos que poidamos ir adiantando para así, o próximo curso, esperando que as cousas vaian mellorando, poñer en práctica o que vimos este ano.
Tamén temos contratada, como parte da escola de nais, pais e profesorado unha Guía de recursos educativos non sexistas que está elaborando para nos a cooperativa Rexenerando. A guía ten o obxectivo de ofrecernos materiais para a educación na escola e fora dela dun xeito igualitario. Incluirá tamén unha parte dirixida ao xogo que poderá ser aplicada ao patio escolar. Farémosvola chegar en canto a teñamos.
Rexenerando será a encargada de dirixir os obradoiros para algúns cursos de primaria que desenvolverán os contidos relacionados co programa.
A primeira actividade dirixida a persoas adultas da comunidade educativa será o próximo SABADO 14 DE NOVEMBRO DE 11 a 13 hrs en formato on line.
Un saúdo
A directiva da ANPAEUME
Ningún comentario:
Publicar un comentario