Ao longo deste mes foron desenvolvéndose as actividades incluídas no programa MEDRANDO EN IGUALDADE, actividades subvencionadas a través das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia.
Leváronse a cabo os obradoiros de sexualidade para os cursos de sexto de primaria e os talleres de cara a acadar un patio de xogo en igualdade e inclusivo co alumnado de terceiro de primaria.
Agora, como parte da ESCOLA DE NAIS, PAIS E PROFESORADO presentámosvos a GUÍA DE RECURSOS NON SEXISTAS que estará dispoñible para todas as persoas interesadas. Trátase dunha pequena publicación dirixida a profesorado e familias con recursos para unha educación en igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario