domingo, 19 de setembro de 2021

4 NOTAS IMPORTANTES

 

01. COMO ASOCIARSE Á ANPA

1.- CUBRIR O FORMULARIO

Podedes acceder ao formulario a través do enlace

https://forms.gle/cuXhS8GgExvznKhB6

que temos colgado no noso blog http://anpacouceiro.blogspot.com/ que tamén vos aparecerá tecleando anpaeume bolgspot no voso    buscador, ou escaneando este código QR

 2.-PAGAR A COTA de 12 € por familia e ano na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274

 Ao facer o ingreso lembrade poñer o nome dun dos alumnos ou das alumnas

 

02. COMISIÓN DE PATIOS

QUE É A COMISIÓN DE PATIOS?: É un grupo de nais, pais e profesorado que durante 4 tardes dos mércores do mes de outubro xuntaranse en 4 obradoiros incluídos no programa Medrando nun espazo en Igualdade (actividade para a promoción da igualdade a través dunha subvención que solicitamos o curso pasado,  con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero) para analizar entre todas e guiadas por Rexenerando o patio onde xogan os nosos nenos e as nosas nenas. Nestes obradoiros explicarannos que son os patios coeducativos e tentaremos entre todas as persoas participantes, imaxinarnos un novo patio con propostas que se podan levar a cabo, coas aportacións, por suposto, do alumnado.

BÚSCANSE: Nais ou pais interesadas en asistir a estes obradorios e formar parte da comisión de patios.

TEMPO A INVERTIR: mércores de outubro de 16.30 a 18.30 hrs – e o logo, o tempo que cada quen queira adicarlle a pensar-.

FORMATO: Aínda por determinar. Online ou presencial dependendo do número de persoas e protocolos COVID.

PARA APUNTARSE OU MÁIS INFO: Envíanos un mail a          anpaeume@gmail.com ou whatsapp a 650467871. Deixanos o teu nome e número de  teléfono e poñerémonos en contacto contigo.

 


03. POR QUE ASOCIARSE

A ANPA é un órgano fundamental de participación e de comunicación das familias na comunidade escolar.

Durante o curso pasado e durante o verán traballamos para sacar adiante o servizo de  comedor.

Coas vosas aportacións, ofrecímoslle ao alumnado uns espéctáculos de música e malabares a final de curso.

Temos en marcha uns obradoiros con actividades para a promoción da igualdade a través dunha subvención que solicitamos o curso pasado.

Reunímonos coas distintas administración para tratar os temas que van xurdindo. (Obras, tráfico… etc)

Queremos acadar xunto co centro educativo e coa imprescindible colaboración do Concello uns camiños seguros para o acceso ao cole do alumnado;

E, na medida do posible, tentamos estar atentas ás    necesidades ou preocupacións das familias.

 

 04. IMPORTANTE

RELEVO DA DIRECTIVA DA ANPA

Á actual directiva da ANPA non nos vai ser posible continuar o próximo curso o traballo que levamos desenvolvendo como voluntarias nestes últimos anos, polo que necesitamos urxentemente persoas interesadas en coller o relevo ou cando menos algunha das responsabilidades, entre elas a XESTIÓN DO COMEDOR.  Se a alguén  lle apetece  formar equipo, podedes poñervos en contacto con nos  para poder organizarnos con tempo.

 


 

luns, 6 de setembro de 2021

INICIO DE CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias:

Dende a ANPA, dámosvos a benvida neste novo curso escolar 2021-2022.

 

Como todos os anos, seguimos traballando para aportar o que estea na nosa man para toda a comunidade educativa.

 

Así, en primeiro lugar agradecervos a vosa colaboración, FACÉNDOVOS FAMILIAS SOCIAS. Sabedes tamén que cantas máis sexamos, mais poderemos facer. (Instrucións ao final desta entrada)

 

Comentarvos, que o curso pasado concedéronnos novamente a subvención de Igualdade da Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, que neste primeiro trimestre traeranos ao cole uns obradoiros dentro do PROGRAMA “MEDRANDO NUN ESPAZO EN IGUALDADE”. Un dos apartados que nos axudou a acadar unha alta puntuación para que nos concederan o 100% da subvención foi o número de socias e socios da ANPA. Haberá unha parte para Escola de Nais e Pais, así que xa vos iremos contando.

 

Seguimos xestionando o COMEDOR ESCOLAR. Este curso temos ao redor de 65 nenos e nenas apuntados que comerán en 2 quendas diferenciadas, seguindo os protocolos COVID. O día 9 de setembro será o primeiro día de cole e por suposto, xa haberá servizo de comedor. Nos próximos días informarémosvos sobre horarios de recollida, monitoras que atenderán o servizo, etc. A información xeral tédela no blog da anpa na parte superior, no apartado de COMEDOR.

LEMBRADE, AO MESMO TEMPO QUE VOS APUNTADES AO COMEDOR, FACERVOS SOCIAS DA ANPA.

 

Este ano solicitaremos a SUBVENCIÓN que acaba de sacar a Xunta de Galicia para usuarias de comedores escolares. Irémosvos informando.

 

Como en anos anteriores seguiremos en comunicación e traballando co Concello e co Cole en favor dos CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS. As obras no peirao ensináronos a moitas persoas que é posible desfrutar de vir ao cole andando, así que propoñemos manter pequenos espazos libres de vehículos que lles permitan aos nosos nenos e ás nosas nenas achegarse ao cole sen perigos. Pensamos que é un pequeniño esforzo realmente importante para a nosa tranquilidade e para a súa seguridade. Para iso, o Concello vai poñer en marcha un espazo BICA E ARRINCA enfronte dos almacéns, onde poder deixar aos nenos e ás nenas e que eles poidan chegar sos, pola beirarrúa ata o paso de peóns da porta do cole, que deberá estar libre de tráfico ou, en caso de coincidir cos autobuses, regulado por persoal da policía local.

 

Sentíndoo moito, ao igual que o ano pasado, seguimos sen ter a capacidade para organizar ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES en tempos de COVID. Iso si, tentamos colaborar co cole e aportar se é posible algunha actividade para todas e todos.

 

E, seguiremos atentas dentro das nosas posibilidades (que ultimamente, por temas de conciliación laboral e familiar das mulleres que estamos formando o equipo directivo son escasas) a aquelas cousiñas que teñan que ver co benestar dos nosos nenos e das nosas nenas e da nosa escola pública.

 

Atentamente a Directiva da Anpa Eume

 

 

COMO FACERVOS SOCIAS OU SOCIOS DA ANPA

 

A través do seguinte enlace para acceder ao formulario para o curso 2021/2022

 

https://forms.gle/cuXhS8GgExvznKhB6

Unha vez cuberto o formulario, o ingreso da cota da ANPA (12 euros por familia e curso escolar) farase na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274 da ANPA EUME.

Ao facer o ingreso lembrade poñer o nome e apelido dun dos alumnos ou das alumnas.

ESTE ANO MÁIS QUE NUNCA, GRAZAS POR FORMAR PARTE DA ANPA DO NOSO COLEXIO

Se non tedes acceso a internet poñédevos en contacto con nos para facilitarvos un formulario en formato papel.

 

mércores, 18 de agosto de 2021


XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE ALMORZOS ESCOLARES 'MADRUGADORAS/MADRUGADORES' 2021/2022 DO CONCELLO DE PONTEDEUME


📌 Lembrade que xa está aberto o prazo de inscrición no servizo “Madrugadoras/Madrugadores” para o vindeiro curso escolar 2021/2022 ata o día 3 de setembro.

O programa é unha das medidas de conciliación que o Concello de Pontedeume pon ao servizo das familias eumesas do alumnado dos centros escolares públicos de infantil e primaria C.E.I.P. Couceiro Freijomil e C.E.I.P. de Andrade, respondendo así aos seguintes obxectivos xerais:

👉 Facilitar ás familias das nenas e nenos de ambos centros escolares a posibilidade de conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral, no horario previo ao comenzo da súa xornada laboral.
👉 Proporcionar o almorzo ao alumnado, tendo en conta as súas necesidades alimentarias e favorecendo a consolidación de normas, hábitos saudábeis e de hixiene, e unha dieta variada e equilibrada.

O programa Madrugadores é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez, no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen.

🧾 A documentación recollerase e entregarase, previa cita, no Rexistro Xeral do Concello ou mediante sede electrónica.


GRAZAS!