venres, 6 de novembro de 2020

ACTIVIDADE DE ESCOLA DE NAIS, PAIS E PROFESORADO. sabado 14 de novembro de 2020

MARTINA GONZÁLEZ VEIGA https://www.martinagonzalezveiga.com/

 SÁBADO 14 DE NOVEMBRO DE 2020. FORMATO ON LINE

OBRADOIRO  “CÓMO LLE FALO”DISO”?

A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento.

Dedicado ás persoas adultas, este obradoiro pretende facilitar a toma de conciencia das familias, e das persoas que traballan no eido educativo, de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa.

Podedes mandar as vosas PREGUNTA PREVIAS ao obradoirno no correo de Martina  cmgtalleres@conmuchogustosexologia.com Por suposto, garantirase o anonimato das persoas que pregunten. Tamén se poderán facer preguntas mediante o CHAT aberto durante o obradoiro.

Para INSCRIBIRSE GRATUITAMENTE enviade un mail a anpaeume@gmail.com co voso nome e o correo de contacto.

Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Secretaría Xeral de Igualdade

                                                                Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado

 

PROGRAMA MEDRANDO EN IGUALDADE CURSO 2020-2021

 

PROGRAMA MEDRANDO EN IGUALDADE EN TEMPOS DE COVID

 

Queridas familias:

 Aínda que xa sabemos que este curso está sendo difícil o caso é que dende decembro do ano pasado temos concedida a subvención de axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia.

Sabemos que é un ano complicado para meternos en cousiñas extra pero, pola nosa parte o compromiso adquirido entre outras coas persoas que nos van a ofrecer os obradoiros, obríganos en certo modo a sacalo adiante.

Para este curso a proposta móvese en dúas liñas de traballo. Por unha parte repetimos obradoiros para alumnado de 6º de primaria e escola de nais, pais e profesorado con Martina González Veiga, psicóloga e sexóloga cun grande recoñecemento e unha ampla traxectoria profesional. Estes obradoiros desenvolveranse en streaming

O obradoiro da escola de nais, pais e profesorado impartido tamén por Martina González sobre Cómo educar ás nosas ciranzas en sexualidade, desenvolverase a través dunha Sala Zoom on line o sábado 14 de novembro de 11 a 13 horas.

Por outra lado tiñamos previsto un bonito e traballado programa sobre patios en Igualdade que se ía levar a cabo dun xeito moi participativo con toda a comunidade educativa.

O COVID-19 lévanos a adaptar este programa cara a unha proposta non presencial polo que este ano adaptaremos os contidos que poidamos ir adiantando para así, o próximo curso, esperando que as cousas vaian mellorando,  poñer en práctica o que vimos este ano.

Tamén temos contratada, como parte da escola de nais, pais e profesorado unha Guía de recursos educativos non sexistas que está elaborando para nos a cooperativa Rexenerando. A guía ten o obxectivo de ofrecernos materiais para a educación na escola e fora dela dun xeito igualitario. Incluirá tamén unha parte dirixida ao xogo que poderá ser aplicada ao patio escolar. Farémosvola chegar en canto a teñamos.

Rexenerando será a encargada de dirixir os obradoiros para algúns cursos de primaria que desenvolverán os contidos relacionados co programa.

 A primeira actividade dirixida a persoas adultas da comunidade educativa será o próximo SABADO 14 DE NOVEMBRO DE 11 a 13 hrs en formato on line.

 

 

Un saúdo

 

 

A directiva da ANPAEUME