domingo, 9 de agosto de 2020

SITUACIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 

Ante a situación actual en relación coa crise do COVID-19 e o Protocolo que contén as medidas a adoptar nos centros educativos no vindeiro curso, a ANPA non pode garantir o servizo de actividades extraescolares nin as condicións do servizo de comedor escolar.

Por non consideralo un servizo indispensable, a ANPA en asamblea da xunta directiva de 4 de agosto de 2020 acordou por unanimidade non programar nin xestionar actividades extraescolares para o Curso 2020-2021.

Así mesmo, acordase continuar coa xestión do servizo de comedor coas mermas que foran necesarias en canto a número de persoas usuarias en relación co Protocolo Asinado pola Xunta ou co regulamento ou instrucións que ao respecto foran ditadas. No caso de ser necesario limitar o aforo ao comedor, acordase que o límite será establecido  pola orde na que se anoten as familias.

Sabendo que este é un servizo de conciliación imprescindible para moitas familias, estamos facendo un grandísimo esforzo, en coordinación coa dirección do Centro e coa empresa Jardanay que nos presta o servizo, para sacalo adiante no medio de tanta incertidume sanitaria e incluso legal.

Dende a ANPA estamos traballando conscientes aínda así de que o comedor escolar, da escola pública, debe ser un servizo público xestionado pola administración correspondente.

Estamos facendo todo o que está nas nosas mans, en contacto coa directiva do colexio, para buscar as condicións de seguridade para as nosas fillas e os nosos fillos, pero se as condicións cambian non podemos asegurar a continuidade. Somos unha asociación e non temos os recursos precisos para facer fronte a todas as medidas que hai que tomar.

Estes días publicaremos as instrucións para as altas no comedor.

 

Manterémosvos informadas de todo o que vaia xurdindo.

 

Atententamente a Directiva da Anpa Eume

COMUNICADO CONFAPA SOBRE PROTOCOLO COVID-19


http://www.confapagalicia.org/novas/comunicado-sobre-o-borrador-do-protocolo-da-covid-19-nos-centros-escolares/



xoves, 18 de xuño de 2020


COMEDOR CURSO 2020-2021 

Estimadas familias.

Chegamos a este estraño fin de curso onde por suposto esperamos vos atopedes todas e todos ben.

Algunhas de vos preguntádesnos polo tema do comedor para o curso 2020-2021. Estamos en contacto coa empresa Jardanay que nos ofrece este servizo, pero a realidade é que ainda non saben como se vai organizar o próximo curso.

De cara a posibles alternativas necesitariamos saber, o antes posible as familias que pensades facer uso do comedor. Para iso, por favor enviádenos antes do 1 de agosto ao wathsapp da ANPA 650467871 ou ao correo electrónico anpaeume@gmail.com os seguintes datos:

              Nome da nena ou do neno

        Curso no que estará o próximo ano
   
  Teléfono de contacto
   
        Modalidade na que pensades que podería asistir o voso fillo ou a vosa filla ao comedor:
     Fixo. (Todos os días da semana)
     Fixo discontinuo. (Algúns días da semana, pero todas as semanas iguais)
     Esporádico. Días soltos avisando previamente ao cole e á empresa Jardanay.

IMPORTANTE: ESTES DATOS SON SÓ PARA FACER UNHA ESTIMACIÓN DE PERSOAS USUARIAS DO COMEDOR.

ENVIANDO ESTES DATOS NON SE FORMALIZA A PRAZA PARA O PROXIMO CURSO.

En todo caso dicirvos que estamos atentas ao tema e en canto haxa novidades irémosvolo comunicando a través dos medios habituais. Se non hai novas antes, a principios de setembro trasladarémosvos as instrucións que teñamos.

Para calquera consulta tedes o mail da anpa ou o wathsapp que tentaremos abrir semanalmente.

Unha grandísima aperta

xoves, 7 de maio de 2020

DEVOLUCIÓN DA METADE DO IMPORTE DO RECIBO DE MARZO DO COMEDOR ESCOLAR

Bos días familias.

En primeiro lugar agardamos que vos atopedes todas ben e que os vosos nenos e as vosas nenas estean levando esta situación o millor posible.

Publicamos aquí o correo recibido da empresa Jardanay no referente á devolución do importe correspodente de recibo do mes de marzo.

Unha grande aperta


Comunicación Jardanay 
30 abr. 2020 18:46
Buenas tardes a todos, 

En primer lugar, esperamos que estéis todos bien y que estéis llevando este periodo lo mejor posible. Nosotros nos estamos esforzando mucho para combinar la actividad que conservamos (las becas comedor) con atender a nuestros trabajadores (la mayor afectados por el ERTE) y también a los padres, que nos llaman y nos escriben con dudas y preguntas. 

Queríamos escribiros precisamente para aclarar una de las dudas por la que más nos están preguntando los padres en los últimos días: la devolución de la mitad del mes de marzo en el que no hubo comedor. Como sabéis y os explicamos en un comunicado que mandamos el 12 de marzo, el mes de marzo se cobró entero exclusivamente porque la suspensión de las clases nos sorprendió con los recibos ya emitidos. Desde el primer momento anunciamos que nuestra intención era – y sigue siendo- devolver ese importe. 

En ese momento, planteamos realizar la devolución a través del primer recibo emitido cuando volviéramos a las clases: desde un punto de vista operativo era la forma más sencilla y, desde luego, no esperábamos que el confinamiento y la suspensión de clases se extendiera tanto tiempo.

Este pasado martes 28 de abril, el Gobierno anunció que las clases no se reanudarán hasta el mes de septiembre. Dada la complicada situación económica que estamos viviendo todos, evidentemente no vamos a esperar a septiembre para devolver a las familias el importe. Estamos ya trabajando en el procedimiento para realizar las devoluciones a todos los padres, lo cual no es sencillo pero creemos que es lo adecuado. En cuanto lo tengamos a punto, os informaremos a todos. 

Muchas gracias por la paciencia y disculpad las molestias. 


Un abrazo 

xoves, 12 de marzo de 2020

Suspensión das Actividades Extraescolares

Tras a comunicación oficial da suspensión das clases, SUSPÉNDENSE IGUALMENTE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA a partir de hoxe 12 de marzo ata novo aviso.

Por motivos de conciliación familiar, hoxe xoves haberá este servicio para as familias que necesariamente teñan que levar aos nenos ou ás nenas ás actividades. En todo caso, agradeceriamosvos que, por unha cuestión de responsabilidade social, só fagades uso hoxe da actividade se é realmente necesario.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

luns, 2 de marzo de 2020

subvención comedor

EN PONTEDEUME A 2 DE MARZO DE 2020

ANPA EUME


INFORMASE ÁS FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2018-2019 QUE PODEN PASAR A RECOLLER O IMPORTE CORRESPONTE Á SUBVENCIÓN XESTIONADA POLA ANPA,

SALVO IMPREVISTOS, ESTAREMOS NA OFICINA DA ASOCIACIÓN O MARTES E XOVES  EN HORARIO DE 16.00 A 17.00hrs E O VENRES DE 8.30 A 9.00hrs DURANTE ESTAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DE MARZO.

A TAL FIN, AGRADECERÍAMOS VOS PASÁRADES O ANTES POSIBLE. OS IMPORTES NON RECLAMADOS, FORMARÁN PARTE DO FONDO PARA MATERIAIS LÚDICOS DO COMEDOR.
UN SAÚDO

ANPA EUME

martes, 12 de novembro de 2019

MEDRANDO EN IGUALDADE

Lembrade,

hoxe martes 12 de novembro no Couceiro, 2º sesión dos obradoiros de Rexenerando: "Camiñando para unha vida sen violencias de xénero".

De 16.30 a 19.00

no Ceip COUCEIRO Freijomil

Actividade aberta para todas as persoas adultas da comunidade educativa

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.

domingo, 3 de novembro de 2019

REXENERANDO...

 Hoxe Martes 5 de novembro  estará no colexio Olalla Barro da cooperativa REXENERANDO. Rexenerando é unha cooperativa que traballa no eido do social e está formada por un equipo de socias e colaboradoras cun obxectivo común: levar adiante proxectos de calidade apoiados en relacións de calidade. En concreto nestas 3 sesións, trataranse temas relacionados COA IGUALDADE, PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO E DESENVOLVEMENTO PSICOAFECTIVO das nenas e nenos.

                      Traballamos con comunidades e grupos
                     facilitando procesos de transformación social
                    co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos das persoas.

Sesión 1: Situándonos. Martes 5 de novembro de 16.30 a 19.00 hrs
Sesión 2: Camiñando para unha vida sen violencia de xénero. Martes 11 de novembro de 16.30 a 19.00 hrs
Sesión 3: A comunidade na escola. Martes 19 de novembro de 16.30 a 19.00 hrs

   Martes 5 de novembro de 2019
   CEIP Couceiro Freijomil
   de 16.30 hrs a 19.00 hrs

Actividade aberta para todas as persoas adultas da comunidade educativa

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.