luns, 31 de marzo de 2008

ESTADO DAS OBRAS DO NOVO COLEXIO

Dende que comezaron as clases no edificio novo do Couceiro, dende a ANPA fomos observando cousas que non nos remataban de convencer e as anotábamos á espera de poder transmitirllas ó equipo diretivo do centro.
Esta mañá tivemos a oportunidade de falar con Natalia (a directora) e por fin, poidemos sacar algunha cousa en claro.
Unha das cousas que máis nos inquedaban era o estado no que se atopa o patio dianteiro (que cando esté rematado o proxecto será un xardín), e no que agora están "tirados" os xoguetes do patio de Educación Infantil. A explicación que recibimos foi que resulta que o interior do Colexio queda agora máis baixo que a calzada exterior, polo que é imposible que as augas saian por sí mesmas, así que están agardando que o Concello salocione o problemas colocando unhas arquetas de desaugue.
Outra cousa pola que agardan polo Concello é a que coloquen os tobogáns dos nenos e nenas de Educación Infantil, para que os obreiros poidan proceder a colocar o piso de corcho no patio de recreo dos máis cativos.
Outra procupación que temos, desgraciadamente este non é nova, é que nestes intres, tan só hai unha limpadora polas tardes que limpa o piso superior (a outra está novamente de baixa). Xa nos puxemos en contacto có Concello e comprometeuse a enviar a outra persoa para facer labores de limpeza no piso inferior. Afortunadamente, a persoa que está a exercer as labores de conserxería é Berta, que anteriormente estivo en Educación Infantil, e a pesares de non ser xa o seu cometido, está sempre pendente de que os aseos e as instalacións de Educación Infantil estén perfectamente limpas. Gracias Berta pola túa dedicación cós nosos nenos e nenas.
Por último, dicir que o patio traseiro estará rematado ó longo desta semán, posiblemente mañán.
En fin, que seguiremos pendientes de todas as cousas que poidan xurdir e de se hai novidades nestes temas que seguen pendentes, pero lembramos que se alguén ten algún problema ou ve algo que non lle guste, por favor, que non dubide en dicilo.


xoves, 27 de marzo de 2008

HORARIO DA ANPA

O noso horario de atención a nais e pais de alumnos de momento será o mesmo que viñamos a ter, é dicir, os Luns de 15:45 a 16:45 e os Mércores de 16:00 a 17:00.
Lamentamos ter que rectificar tan pronto, pero non nos vai ser posible atender ós pais en horario lectivo, polo menos de momento.
Pedimos disculpas polas molestias que se poidan causar e animamos a todos a que nos visitedes no noso novo "Local Social", estamos na primeira porta á man esquerda (despois de pasar os aseos), non ten moita perda, pois temos un letreiro identificativo na nosa porta.

O NOVO COLEXIO

Despois de pasado o segundo día de entrada no novo colexio, hai varias cousas que non nos gustan demasiado e que pensamos deberan solucionarse.
É ben certo que o tempo non está a axudar, pero certamente, o acceso á entrada é estreito, e cando están todos os nenas e nenas de Primaria (e os seus pais e nais) agardando a que se abra a porta para poder entrar, a única maneira de acceder á entrada de Infantil é polo medio da lameira que algún día será patio de recreo (e despois xardín). Haberá que pensar algunha solución, porque de momento é bastante incómodo acceder a Educación Infantil, pero se non se pon remedio agora, tememos que cando se queira poñer un xardín no vai durar nada, porque haberá que atravesalo para pasar (e lembramos que agora hai menos tránsito hacia a zona de Educación Infantil porque os nenos e nenas de 4 anos entran pola porta principal).
Por outra banda, parece ser que está habendo problemas no transporte escolar, con nenos que non teñen espazo e non os deixan subir ou mesmo nenos que teñen que ir de pé no bus, cousa que creemos intolerable polo risco que conleva.
Agardamos poder falar có equipo diretivo o antes posible para ver qué solucións se poden poñer a estos primeiros atrancos e que queden resoltos o antes posible.

martes, 25 de marzo de 2008

PARÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Pois aínda que o cambio segue adiante e os nenos e nenas estrearán mañá o novo edificio do Couceiro Freijomil, as cousas distan moito de estar rematadas totalmente, tanto é así que a estas horas hai un enxame de obreiros, mestres colocando as súas cousas e limpadoras que fan case imposíbel o tránsito polo colexio.
Visto isto, dende a ANPA decidiuse suspender as Actividades Extraescolares que se tiñan que comezar a impartir nas instalacións do novo colexio durante esta semán e máis a que ven. É dicir, que non haberá clase de Pintura, Inglés (pequenos e maiores), Música, Contos, Coro e Educación Vial ata a semán que comenza o día 7 de Abril.
Lembramos que Informática (pequenos e maiores) e Xogos Populares non se ven afectadas por estas obras, polo que se seguirán impartindo con toda normalidade en FOREMDES e no IES Fraga do Eume.
Lamentamos moito os inconvintes que se poidan causar, pero as actuais condicións do colexio non nos parecen as máis axeitadas para que os rapaces anden por alí nas tardes, xa que hai que lembrar que a estas horas os obreiros seguirán traballando mentras non se remata o edificio.
Confiamos en que no menor tempo posibél poidamos reanudar as clases sen máis atrancos.
Grazas de novo pola vosa comprensión e paciencia.

NOVO HORARIO DA ANPA

Tras o cambio de Edificio, por fin recuperamos un despacho propio e podemos voltar ó antigo horario de atención a pais e nais.
Como aínda nos están totalmente rematadas as obras, e non podemos dispoñer de moito espazo, para molestar o menos posible, as Actividades Extraescolares se realizarán no noso despacho, polo que o horario de atención a pais e nais será exclusivamente de mañá.
Estaremos encantados de atendervos no noso despacho os Luns e os Mércores dende as 8:45 ata as 9:45, onde se atenderán cobros, dúbidas ou calquer outro problema que poida xurdir.

martes, 18 de marzo de 2008

XUNTA XERAL

Dende a Xunta Diretiva da ANPA, gustaríanos agradecer a asistencia á Xunta a todalas persoas (tanto socios coma non socios) que se achegaron o Xoves pasado respostando á nosa chamada.
A pesar de que foron moitas as persoas que asistiron, lamentamos dicir que tan só houbo unha persoa que se interesou por prestar axuda nas labores de Dirección da ANPA.
Lembramos que este ano, Andrés debe cesar no seu cargo de Presidente o que nos deixa nunha situación precaria, xa que non somos suficientes nin para encher a lista de cargos de Xunta Diretiva.
Agardamos que tralas vacacións apareza algún voluntario en resposta á nosa chamada e tamén agardamos que nos vindeiros cursos aumente a cifra de socios, xa que 53 socios de case 300 alumnos que hai no Centro, é unha cifra do máis ridícula, o que repercute negativamente, xa que nos ven coma unha ANPA débil e tenden a intentar pasar por riba de nós.
Pregamos a vosa reflexión sobre este asunto, e voltamos a repetir que non hai que ter medo de implicarse, xa que o traballo non é tanto se o repartimos axeitadamente, e os beneficios para os nosos nenos e nenas serán maiores se acadamos unha ANPA forte e unida.
Grazas de novo e disfrutade dos días de lecer.

xoves, 13 de marzo de 2008

XA CHEGA A PASCUA

Onte foi un día moi especial para os nenos e nenas que asisten á actividade de Xogos Populares.
Como xa ven sendo tradición, o derradeiro día de clase antes das vacacións de Semana Santa, o Coello de Pascua fai unha visita ó noso Colexio e esconde oviños de chocolate para que os nenos e nenas os atopen.
Houbo moitos nervos, e índa que non todos atoparon os que querían (normalmente máis dos convenientes), todos pasamos un bó rato na procura dos ovos de Pascua....e unha vez rematada ésta, disfrutando do premio acadado.

martes, 11 de marzo de 2008

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Infórmase que, a pesar da inminente mudanza ó novo Centro, as Actividades Extraescolares que se viñan a realizar en FOREMDES e no IES Fraga do Eume seguirán a se realizar alí.
Esto se debe a que nun principio non estará operativa a Aula de Informática do Couceiro, polo que ata novo aviso, as Actividades seguirán realizándose onde ata agora.
Outra cousa son as que se realizaban no edificio de Primaria, que pasarán a desenrrolarse no novo Centro.

sábado, 8 de marzo de 2008

XUNTA XERAL DA ANPA

Informase a todos os socios e socias e tamén a todas aquelas persoas que estén interesadas, que o vindeiro Xoves día 13 de Marzo ás 16:00 terá lugar a Xunta Ordinaria na aula de J.L. Quinte.
Os temas a tratar serán os seguintes:
  • Traslado ó novo Centro
  • Situación das Actividades Extraescolares despois do cambio
  • Elección da nova Xunta Diretiva
Rogamos a asistencia a todos, xa que estamos nunha situación delicada debido á marcha dalgún membro da Xunta Diretiva e fai falla xente que quera implicarse no bó funcionamento dunha Asociaión tan importante como é unha ANPA nun colexio

mércores, 27 de febreiro de 2008

RETIFICAR É DE SABIOS

Unha vez que as augas voltan ó seu cauce, polo momento o menos, e analizados os acontecementos que se precipitaron dende a publicación do artículo de "La Voz de Galicia", a Xunta Diretiva da ANPA quixera pedir disculpas a aquelas persoas que se puidesen sentir ofendidas por algún dos comentarios aquí feitos.
O que pasa é que aínda non estamos afeitos a estos trocos de plans según sopre o vento de parte da Delegación de Educación, que un día di arre e o seguinte dí xo e aquí non pasou nada.
Así que reiteramos as nosas disculpas sobre todo ó Equpo Diretivo, que nos consta se puido sentir ofendido, xa que é certo que eles cando teñen información nova a comparten, e que si non nos dixeron nada do artigo do xornal era porque en realidade nos sabían del.
Esperemos que este sexa o último episodio surrealista e que por fin poidamos facer o traslado e disfrutar das novas instalacións tranquilamente, que pensamos todos que xa vai sendo hora.

ÚLTIMA HORA

Onte á mañá recibiuse a visita dunha delegación de Educación composta pola Inspectora, Técnicos, Arquitecto, Concello, Dirección de Centro...
Como xa sospeitábamos, nós non fumos convidados, pero hai que agradecer que pola tarde recibimos a chamada da Directora para convocarnos a unha reunión na que se nos informou totalmente do falado pola mañá.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡IMOS TODOS Ó
NOVO COLEXIO !!!!!!!!


Segundo estaba previsto á volta das vacacións de Semana Santa, TODOS os nenos e nenas comezarán no novo Centro.
Agradecemos ó equipo directivo a súa chamada para facernos partícipes desta boa nova tan longo tempo agardada.
Lembrar de todos xeitos, que aínda queda por rematar a segunda parte do proxecto, que agardamos esté rematada o antes posible.
En vista do acontecido onte, non imos facer máis comentarios respecto ó artigo do xornal "La Voz de Galicia", porque está visto que neste país noso, as noticias non se contrastan antes da súa publicación, e parece que é máis importante crear polémica que pensar nas cosecuencias que poidan traer as palabras.

luns, 25 de febreiro de 2008

NOVO RUMOR

Esta mesma mañá, xa había un novo rumor no patio do Centro....... agradecemos que este sí nolo fixeran chegar, será que este lles resulta máis conveniente que se saiba.
Resulta, que seica dixo a Coordinadora de Educación Infantil, é dicir, Mari Cascallar, que estas declaracións do Delegado de Educación foron feitas de xeito apresurado e case sen saber do que falaba.
A nós nos resulta todo demasiado elaborado e con demasiados datos para que o vaiamos a creer....pero aquí o reflexamos.
Seguimos á espera de que alguén teña a bondade de convidarnos á reunión de mañá có Delegado e os Técnicos.

ARTICULO "LA VOZ DE GALICIA"


Ante as novas declaracións do Delegado Provincial de Educación, o señor José Manuel Mouriz, aparecidas no xornal "La Voz de Galicia" o Sábado 23 de Febreiro, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do Couceiro Freijomil, quixera salientar algúns puntos.
O primeiro que nos gustaría destacar é que estamos moi confusos, porque esta é a primeira nova que temos de que o traslado ás novas instalacións non inclúa ós alumnos de Educación Infantil.
As últimas novas que tiñamos ó respecto eran de que TODOS os alumnos ían mudar de instalacións á volta das vacacións de Semana Santa (feito confirmado polo mesmo equipo directivo non hai nin 3 semanas), polo que ler estas declaracións na prensa deixounos descolocados.
Segundo este xornal, xa había ecos en Pontedeume de que isto podía chegar a pasar........ a nós ninguén se tomou a molestia de avisarnos, nin por parte da Direción do Centro, nin por parte do Concello, nin moitísimo menos por parte da Delegación de Educación, supoñemos que informar os pais e nais dos nenos afectados non lles parecerá relevante.
Outra das cousas que din é que dende o Concello xustifican o non trasladar ós nenos e nenas de Educación Infantil faise para "... Evitar trastornos al haberse ya adaptado a la situación temporal en otro centro", pois menudos trastornos que nos queren evitar, tendo en conta as condicións nas que se imparten as clases de Educación Infantil nestes intres, cós nenos amontoados e sen espazo para realizar as tarefas diarias de forma normal.
Outra das xoias que nos deixa este artículo volve a vir de boca da Diretora, Natalia Ucha, que dí que "... estaremos aínda un ano máis nestas condicións...", pois isto sí que nos fai tremer as pernas, porque visto o ritmo que levan as obras, tememos que se refira a 12 meses máis así, o que veríamos totalmente inaceptábel.
En fin, que segundo a información de dito xornal, mañá virá o Delegado acompañado de Técnicos da Xunta para inspeccionar as obras, esperamos sinceramente que alguén, xa sexa a Dirección, o Concello ou mesmamente a Delegación, se tome a molestia de avisarnos e facernos chegar as súas conclusións de primeira man, xa que estamos máis que fartos de ter que ser os últimos en enterarnos do que se está a tramar en torno á construcción do novo colexio dos nosos fillos e fillas.
Por si alguén non puido leer o artigo, aquí o deixamos á vosa disposición

xoves, 14 de febreiro de 2008

ENTREGA DO NOVO COLEXIO

O venres da pasada semán, día 8 de Febreiro, recibiuse a visita da Inspectora de Educación a cargo do noso Centro.
Tras unha reunión có Equipo Diretivo, baixou a comprobar "In Situ" o avance das obras do novo Colexio.
Parece que tras un novo retraso (lembramos que a última data de entrega "oficial" era Xaneiro) esta vez a causa dos cristais das fiestras, a data de entrega queda para este mes de Febreiro e o traslado continúa previsto para a volta das vacacións de Semana Santa, é dicir o día 25 de Marzo.
Para os que aínda non saiban cómo está previsto realizar esta mudanza, lembramos que este ano os nenos virán de vacacións de Semana Santa un día antes (é dicir o Xoves 13 de Marzo sería o último día) e voltarían ó Colexio un día despois do habitual (o Martes 25 de Marzo) e xa o farían nas novas instalacións.
A ver si esta data resulta a definitiva de verdade e podemos voltar todos a normalidade, con todos os nenos do Centro no mesmo edificio e todos os recursos a disposición de todos.
Pola nosa parte, esperamos que este sexa o derradeiro atranco dun proxecto gafado dende o seu comezo, e desexar que o rematen dunha vez e os nosos nenos e nenas poidan disfrutar del, que vai sendo hora (lembramos que a data orixinal de entrega do Colexio era en Agosto de 2007).

PRAZO DE PREMATRICULACIÓN

Hoxe, e ata o día 25 de Febreiro, comezou o prazo de reserva de prazas para o próximo curso, para os nenos e nenas que xa están a estudar no noso centro.
Esta reserva de praza serve para garantir unha praza de cara ó curso próximo, pero non serve de matrícula, xa que o periodo oficial de matrícula é do 20 ó 30 de Xuño.
No mes de Marzo abrirase a reserva de praza para os nenos e nenas que non son alumnos do Couceiro e no mes de Abril publicarase a lista de admitidos.
A folla de reserva de praza serve tamén para volver a contabilizar os posibles interesados no servizo de Comedor Escolar, que comezará a funcionar o vindeiro curso.
Para calquera dúbida que poida xurdir, podedes acudir a nós ou pedir información adicional na secretaría do centro.

xoves, 31 de xaneiro de 2008

XA CHEGA O ANTROIDO

Aínda que parece que acabamos de saír do Nadal e case sen rematar de subi-la costa de Xaneiro, xa temos á porta o Antroido. Este ano, nas diferentes Actividades se fixeron cousas relacionadas cá troula e a festa máis divertida do ano.
Aquí deixamos unha mostra dos nenos e nenas de Pintura e Reciclaxe que o Luns 28 pintaron a cara para celebrar a chegada do Antroido.

luns, 28 de xaneiro de 2008

REDE DE DINAMIZACIÓN

O pasado 7 de xaneiro retomouse no Concello de Pontedeume a actividade da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. A iniciativa da RDSI do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na SI e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. Actualmente, a Rede conta con preto de 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

O Concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información quere informar de que a partir de agora a aula de informática do centro de formación FOREMDES terá un novo horario de apertura ó público, que será o seguinte:

    - Mañás: Luns, mércores e venres de 11 a 15 horas.

    - Tardes: Luns e xoves, de 16 a 21 horas.

    Martes, de 18 a 21 horas.

    Mércores e venres, de 17 a 21 horas.

Ademais, están programados dous obradoiros:

- “Mecanografía”, que terá unha duración de 20 horas e se desenvolverá desde o 4 de febreiro até o 19 de marzo, os luns, mércores e venres de 11 a 12 da mañá.

- “Iniciación á informática para persoas maiores”, de 15 horas de duración, e tamén en horario de mañá.

Este último obradoiro, planificado en colaboración co persoal do Centro Municipal de Maiores, ten como principal obxectivo que as persoas asistentes adquiran coñecementos básicos no manexo do ordenador e, a partir de aí, ir coñecendo diferentes utilidades do ordenador: Internet, correo electrónico, mensaxería instantánea, compras... Actividades coma esta axudan ademais a mellorar a autoestima das persoas maiores.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa dinamizadora da Sociedade da Información do concello, quen programará máis actividades deste tipo durante todo o ano. Para elo poden escribir ao correo electrónico barbara.pontedeume@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou pasar polo centro de formación FOREMDES, sito na Avda. Ricardo Sánchez, nº6, en Pontedeume.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

venres, 18 de xaneiro de 2008

PRAZAS LIBRES NAS ACTIVIDADES

A partir do mes de Febreiro haberá 6 prazas vacantes en Piscina, aqueles que estén interesados poden pasar polo local da ANPA para proceder a darse de alta.

Asimesmo, informamos que este mes quedou vacante unha praza para Informática (7 a 12 anos) para os Martes de 16:00 a 17:00 e outra para Informática (3 a 7 anos) tamén para os Martes de 17:00 a 18:00. Igual que para Piscina, as persoas interesadas poden pasar polo noso local.

xoves, 29 de novembro de 2007

NOVAS

Coma todos os anos, ó remate do primeiro trimestre de Actividades, queda algunha praza libre nalgunha das clases.
A partir de Xaneiro, haberá dúas prazas vacantes para Piscina (podendo incluso aumentar o número se houbera algunha baixa ó longo do mes de Decembro).
Lembramos tamén que quedan 4 sitios en Informática do venres e que quedan sitios en Inglés (de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos), Pintura e Reciiclaxe, Música, Contos, Educación Vial, Xogos e Coro.

Informamos tamén de que xa está aberto a plazo de solicitude de Axudas para material escolar do Concello.
Se precisades algunha información máis ou para calquera consulta, non dubidedes en contactar con nós a través deste blogue ou nos horario de atención ó público da Anpa.

REMATE DO NOVO COLEXIO

Parece que xa hai data definitiva para o remate das obras do novo Couceiro Freijomil. Según informa a Direción do centro, as novas que teñen é que a finais do mes de Xaneiro o novo Edificio estará entregado, polo que a mudanza podería ir comezando pouco a pouco e o traslado dos nenos ás novas instalacións podería realizarse á volta das vacacións de Semana Santa.
Agardamos que desta volta sexa unha data definitiva e non xurdan máis demoras no proxecto e os nenos poidan disfrutar do novo edificio o antes posible.