luns, 9 de agosto de 2021

MATRICULA COMEDOR CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias:

Mañá martes 10 de agosto ábrese o prazo para a inscrición das vosas fillas e dos vosos fillos no comedor para o vindeiro curso 2021-2022. O prazo permanecerá aberto ata o 30 de agosto de 2021.

 

Axuntamos a información que a empresa Jardanay, encargada do servizo, envíanos ao respecto (Neste mesmo blog, na pestana de COMEDOR ESCOLAR).

 

EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, POR APLICACIÓN DOS LÍMITES DE AFORO DOS PROTOCOLOS APROBADOS POLA XUNTA, A PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE INSCRICIÓN.

 

Ao igual que o curso pasado, conscientes de que a situación pola pandemia segue sendo complicada, incidimos en que a xunta directiva da ANPA está facendo o esforzo de sacar adiante o servizo de comedor porque somos conscientes da importancia que este servizo ten para a conciliación familiar e laboral, pero tamén é verdade que teremos que estar seguras de que non implica unha responsabilidade xurídica que non podamos asumir. Nese suposto non nos veríamos coa capacidade de seguir xestionando o servizo.

 

Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. COTA DA ANPA (12 € POR FAMILIA E ANO)*.

* A ANPA agradécevos enormemente que elixades esta alternativa porque ademais da xestión  do comedor escolar, a ANPA, cun pouquiño de cada familia, podemos aportarlle moito a todo o Cole.

 

RESUMO PARA AS FAMILIAS QUE XA EMPREGÁCHEDES ESTE MÉTODO O ANO PASADO,  o sistema é o mesmo.

1.- A través da web de Jardanay, Usuario: couceiro; Contrasinal: comedores2021

2.- Para facervos SOCIAS DA ANPA https://forms.gle/AyJeDUSm9pLgTrz86 e pago da cota (12 euros por familia e ano) na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274

PRAZO: 10 de agosto a 30 de agosto.

 

 

PASOS A SEGUIR PARA DARSE DE ALTA NO COMEDOR CURSO 2021-2022

 

PASO 1

A través da páxina web da empresa Jardanay nun dos seguintes enlaces:

www.jardanay.es

https://jardanaycomedores.es/

Tede a man:

• Nº de conta para que vos pasen o cobro mensual do comedor.
• DNI da nai, pai ou titor ou titora legar
• DNI da nena ou do neno que vai facer uso do comedor. Se non ten DNI cóbrese co voso.

 

Usuario: couceiro
Contrasinal: comedores2021

 

Unha vez dentro do formulario, ides cubrindo todos os campos. Tedes que cubrir UN FORMULARIO POR CADA FILLO OU FILLA que vaia facer uso do comedor.

Para confirmar que REMATACHEDES A INSCRICIÓN CON ÉXITO, debe chegarvos ao voso correo electrónico (o que indicáchedes no formulario) un MAIL DE CONFIRMACIÓN.

 

En caso contrario, poñédevos en contacto coa empresa no teléfono 981126627.

Tedes que repetir este procedemento por cada neno o nena que vaia facer uso do comedor.

 

PASO 2

Como facervos socias da ANPA

 

Cubrir o seguinte formulario para o curso 2021/2022

https://forms.gle/AyJeDUSm9pLgTrz86

e unha vez cuberto o formulario,facer o ingreso da cota da ANPA (12 euros por familia e curso escolar) na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274 da ANPA EUME.

 

Ao facer o ingreso lembrade poñer o nome e apelido dun dos alumnos ou das alumnas.

Se non tedes acceso a internet poñédevos en contacto con nos para facilitarvos un formulario en formato papel.

 

 

 

ESTE ANO MÁIS QUE NUNCA, GRAZAS POR FORMAR PARTE DA ANPA DO NOSO COLEXIO


 

Atentamente a Directiva da Anpa Eume

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario