xoves, 10 de setembro de 2020

ZONA AZUL NA AVENIDA DE FERROL PARA O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR DO COUCEIRO

 

Amosamos o noso agradecemento polas medidas tomadas polo Concello para a xestión do alumnado transportado.

Temos que indicar que a nosa demanda incluía tamén a peonalización da rúa Galera e da zona de acceso ao Centro educativo no peirao, nos momentos de entrada e saída do cole.

Como sabedes, pola aplicación do protocolo Covid, as familias de primaria non poderemos acceder ao recinto do colexio, polo que nos entregaran ás nosas fillas e aos nosos fillos na zona exterior.

Esta zona presenta habitualmente grandes dificultades de tránsito -agravadas este ano pola obras- que supoñen un perigo para as usuarias e dificultan a posta en practica da autonomía dos nosos nenos e as nosas nenas. Dende a anpa amosamos a nosa preocupación xa que a non peonalización deste treito da vía pública condiciona o mantemento da distancia de seguridade indispensable nestes momentos. Tamén semella insuficiente a beirarrúa da Galera que soportará trafico peonil de baixada e de subida nun ancho ao noso modo de ver inapropiado para a situación que estamos vivindo.

Entendemos, poñendo por diante que as nosas relacións coa Concellalía de Educación e co Concello son sempre fluídas, que a realidade se irá analizando no transcurso dos días e, como para todas, administracións e familias, esta situación social e sanitaria nos sobrepasa en moitos momentos, poderemos ir adaptando as nosas decisións ás necesidades ou déficits que vaiamos entre todas detectando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario