luns, 5 de outubro de 2020

COMEDOR ESCOLAR 2020-2021

 


Estimadas familias:

Unha vez posto en marcha o servizo de comedor xestionado pola ANPA e ofertado pola empresa JARDANAY  lembrámosvos que as altas baixas ou modificacións, condicionadas este ano sempre á dispoñibilidade de praza en aplicación do protocolo, deberán realizarse antes do día 26 do mes anterior.

EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, POR APLICACIÓN DO PROTOCOLO APROBADO POLA XUNTA, A PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE INSCRICIÓN.

Incidir en que a xunta directiva da ANPA estamos facendo o esforzo de sacar adiante o servizo de comedor porque somos conscientes da importancia que este servizo ten para a conciliación familiar e laboral, pero tamén é verdade que teremos que estar seguras de que non implica unha responsabilidade xurídica que non podamos asumir. Nese suposto non nos veríamos coa capacidade de seguir xestionando o servizo.

Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. CUOTA DA ANPA (12 € POR FAMILIA E ANO)*

Podes facerte familia socia a través deste enlace https://forms.gle/T4vzGXu1fLyaumNb7

* A ANPA agradécevos enormemente que elixades esta alternativa porque é a ANPA quen xestiona o comedor e porque cun pouquiño de cada familia podemos aportarlle moito a todo o Cole.

ALTA NO COMEDOR CURSO 2020-2021

A través da páxina web da empresa Jardanay nun dos seguintes enlaces:

www.jardanay.es

https://jardanaycomedores.es/couceiro-freijom…/wp-login.php…

Tede a man:

• Nº de conta para que vos pasen o pago mensual do comedor.
• DNI do nai, pai ou tutor ou tutora legar
• DNI da nena ou do neno que vai facer uso do comedor. Se non ten DNI cúbrese co voso.

Tedes que cubrir un formulario por cada fillo ou filla que vaia facer uso do comedor.

Usuario: couceiro
Contrasinal: comedores2020

Unha vez dentro, ides cubrindo todos os campos e para confirmar que rematachedes a inscrición con éxito, debe de chegarvos ao voso correo electrónico (o que indicáchedes no formulario) un mail de confirmación.

En caso contrario, poñédevos en contacto coa empresa no tlf 981 12 66 27

ou no seu mail comedor@jardanay.es

Tedes que repetir este procedemento por cada neno o nena que vaia facer uso do comedor.

MOI IMPORTANTE:

LEMBRADE QUE CADA ALTA, BAIXA OU MODIFICACIÓN DEBE SER NOTIFICADA IGUALMENTE AO CENTRO EDUCATIVO.

Atentamente a Directiva da Anpa Eume