xoves, 20 de abril de 2017

XESTIÓN EFICAZ DAS EMOCIÓNS E OS DESACORDOS NA CONVIVENCIA

2º ENCONTRO COAS FAMILIAS


LUNS 24 DE ABRIL,  DE 17.30 a 19.30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

Actividade aberta a todas as familias


SUBVENCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSOS 2014-15 e 2015-16



Comunicamos que recibimos a subvención para o comedor, correspondente aos cursos 2014/2015 e 2015/2016.

Quen fixo uso deste servizo durante eses cursos, pode pasar pola oficina da ANPA (martes de 8.45 a 9.00 hrs e todos os días do 15 ao 20 de cada mes no mesmo horario) para cobrar o que lle corresponda.

Se alguén ten pagos pendentes coa empresa de catering, deberá solventar a débeda previamente.


No caso de que a axuda non sexa cobrada antes de rematar o curso, pasará a formar parte dos fondos para material do comedor.

mércores, 29 de marzo de 2017

FIN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016-2017

Este curso as actividades organizadas pola ANPA rematarán o día 16 de xuño
Na última ou penúltima clase (segundo o indique cada monitor e dependendo da actividade que sexa), cada grupo fará unha pequena mostra do aprendido durante o curso para as familias.

Co remanente dos fondos da ANPA e coa axuda que este curso nos concedeu o Concello, a cuota das actividades do mes de xuño será asumida pola ANPA.

martes, 28 de marzo de 2017

agradecemento obradoiro educación emocional

Onte tivo lugar no CEIP Couceiro Freijomil o obradoiro  sobre “Educación emocional e prevención do Acoso Escolar”. Pareceunos moi interesante, ameno e instrutivo. Agardamos que se poida repetir e se anime máis xente a participar.

Dende a ANPA EUME, mostramos o noso agradecemento a quen o fixo posible:  a Raquel de Atalaia por dirixila, ao centro educativo e ao Concello de Pontedeume pola organización e, como non, a todas e todos os asistentes e participantes. Sen eles non sería posible.

venres, 24 de marzo de 2017

EDUCAR NAS EMOCIÓNS PARA UNHA CONVIVENCIA RESPECTUOSA

CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
LUNS 27 DE MARZO DE 2017 ÁS 18.00 hrs

ABERTO A PAIS E NAIS DE TODOS OS CURSOS



venres, 17 de marzo de 2017

CURSO 2016 - 2017


ACTIVIDADES



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00/17:00

COCIÑA

CANTA-BAILA


INGLÉS

FUTBOL

17:00/18:00

BLOGGERS E DESEÑO WEB

TEATRO

ART-ATTACK








sábado, 18 de febreiro de 2012

ENTROIDO 2012

Por segundo ano consecutivo, fixemos unha festa para celebrar o comezo do entroido.
Como podedes ver nas seguintes fotos, os pequenos disfrutaron dos bailes e xogos, así como dunha merenda que viña ven para repoñer forzas.
Gracias a todos por vir, e especialmente ós pais que colaboraron connosco.

domingo, 13 de novembro de 2011

FESTAS

Por parte da ANPA esperamos levar a cabo algunha cousiña para que disfruten os nenos.
Aquí deixamos algunhas fotos do curso pasado, pero tamén podedes aportar ideas ou suxerencias para mellorar o que facemos ou realizar cousas novas.
O curso pasado fixemos por primeira vez unha festa de entroido, con bailes, xogos e unha pequena merenda.
Outra novidade, que foi ben aceptada por parte dos pequenos, foron os xogos hinchables da festa de fin de curso, na que tamén houbo outros xogos, actividades e por suposto,
a merenda para repoñer forzas.

martes, 8 de novembro de 2011

REUNION ORDINARIA 10-11-11

Convocamos a todos os socios da ANPA a unha reunión ordinaria o xoves 10-11-11 ás 16:30h. (no comedor).
Os temas a tratar serán os seguintes:
Actividades ANPA
Nº socios
Gastos
Comedor escolar
Subvención comedor (1º trimestre curso 2010/2011)

venres, 16 de maio de 2008

FESTA DE FIN DE CURSO

Pois case sen darnos conta, xa chegou o Fin de Curso das Actividades Extraescolares.
Este ano, igual có ano anterior faremos unha gran festa de Fin de Curso á que, por suposto, están invitados todos os nosos socios e socias, asistan ou non ás Actividades.
Tamén están invitados os pais, nais, avós ou avoas, e por suposto, aqueles nenos e nenas que, a pesar de non seren socios da ANPA, levan todo o curso asistindo ás Actividades. Lembramos que, no caso dos non-socios, os acompañantes deberán aboar 1€ de entrada á Festa.
A Festa terá lugar o Mércores 28 de Maio ás 17:00 ata as 19:00 aproximadamente.
Animamos a todo o mundo a asistir, xa que este ano a Festa promete ser inolvidable, e o que a perda lamentarao.
Apuntádevos xa (nas fichas que se lles dan ós nenos ou no local da ANPA) ou podedes quedar sen merenda na Festa.

mércores, 14 de maio de 2008

GRAZAS IES FRAGAS DO EUME

Hoxe realizouse a derradeira clase deste curso da Actividade Extraescolar Xogos Populares, que se viña a realizar nas instalacións deportivas do IES Fragas do Eume.
Xa o fixemos varias veces ó longo do tempo en que durou este "préstamo", pero quixéramos voltar a agradecerlle á Dirección deste Centro e ó seu bedel, Suso, a súa amabilidade con nós, xa que sin eles non houberamos podido realizar a Actividade este ano, Actividade que, ademáis, foi a máis solicitada polos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria, cunha asistencia de 16 nenos e nenas ó longo do curso.

Moitas grazas IES Fragas do Eume

Agardamos que no vindeiro curso xa se podan realizar todas as Actividades normalmente "na casa" e deixemos de andar de pedichóns pola Vila ;-))))))))))))))


luns, 5 de maio de 2008

GAÑADORES DO PRIMEIRO PREMIO DOS MAIOS

Como xa dixemos, o pasado Xoves 1 de Maio, por iniciativa da Diretora do Colexio, ela e algúns mestres voluntarios, ofrecéronse para acompañar ós nenos e nenas do noso centro ó concurso dos Maios que cada ano se celebra na nosa Vila.
Comprácenos moito anunciar que un dos nosos Maios resultou gañador de dito concurso e o colexio recibiu un premio de 225€, ademáis de 30 € por cada un dos outros Maios participantes e que non obtiveron premio.
A direción do centro adiantounos que estes cartos serán investidos na compra de Material Lúdico para o recreo (cordas, peóns, gomas, etc.).
Ademáis, os nenos e nenas portaban uns cestiños pra pedir cartos; có recadado os nenos poideron disfrutar na pizzería dunha merecida cea que prolongou a festa ata as 10:30 da noite.
Noraboa ós nenos e mestres participantes.
Ánimo para seguir con este tipo de iniciativas, nas que agardemos se involucre cada vez máis xente.

xoves, 1 de maio de 2008

FESTA DOS MAIOS

Onte, como ven sendo tradicional, celebrouse no Colexio a festa dos Maios. Cada curso traballou na creación do seu propio Maio con flores e verde que cada neno e nena traen recollido do campo, respeitando, eso sí, as formas tradicionais (Hórreo, Cruceiro, etc).
Este ano, como novidade, as mestras e mestres presentáronse voluntarios para estar no centro na tarde de hoxe e acompañar ós nenos e nenas que así o desexasen ó desfile polas rúas da Vila e ó concurso dos Maios que se celebra cada ano na Alameda.
Agradecemos moito esta iniciativa tomada por parte da nova Dirección do Centro, xa que están dispostos a perder un dos seus días de lecer en favor dun acto cós alumnos para, por fin, darnos a oportunidade de competir cós Maios de Chata e os seus nenos e nenas de Atocha que sempre compiten para "recadar cartos para os nenos pobres", ¡ai que nobres son!

¡¡¡¡Ánimo Couceiro!!!
;-)))))))))

mércores, 23 de abril de 2008

A ANPA E OS SEUS ASOCIADOS

Dende que se comezou a ter novas dende a Administración acerca da súa pretensión de que a ANPA se fixera cargo da Organización do Comedor Escolar, comezamos a buscar información noutros centros da Comarca sobre cómo xestionaban eles dito Servicio.
Unha das cousas que máis nos chamou a atención (e nos provocou moita envexa), foi o altísimo índice de participación de pais e nais que tiñan as ANPAS dos outros centros.
Este curso 2007/2008 hai 50 socios da ANPA no noso Centro, o que representa un 16% aproximadamente do total do alumnado.
Nos centros que tiveron a amabilidade de recibirnos e falar con nós, os seus índices son os seguintes:

- Colexio Esteiro (Ferrol): 75%
- Colexio Centieiras (Fene): 85%
- Colexio Monfero: 98%
- Colexio Andrade: 80%

Estamos a falar de centros cun número de alumnos parecido ó noso, ou maior, e cunha cuota de socio de 25 €/ano no caso de Ferrol e Fene, ou de 15 €/ano por neno (non familia como aquí) en Monfero.
Quixeramos que a xente fixese unha reflexión sobre as ventaxas que dá ter unha ANPA forte, unida e numerosa, e considerara unirse á asociación.
Lembrar que a ANPA non somos só "os que levan as Actividades Extraescolares", que facemos máis cousas que benefician a TODOS os nenos e nenas do Colexio, e que facerse socio da ANPA non obriga a pertencer á Xunta Diretiva nin adicarlle máis tempo do que cada un queira, poda ou estime oportuno.
Solicitamos a vosa colaboración para que o ínfimo 16% deste ano sexa pronto cousa do pasado; é preciso que comecemos a implicarnos de verdade na vida escolar dos nosos fillos e fillas.
Agradecemos dende xa a tódolos páis que se vaian a animar a da-lo paso, e convidámosvos a contactar ca asociación a través dos medios habituais: no local do colexio (Luns de 16 a 17 h.), por teléfono (650467871), e-mail (anpaeume@gmail.com) ou neste blogue.

REUNIÓN COMEDOR

Como xa anunciamos aquí e seguramente saberedes todos, onte celebrouse unha reunión cós pais e nais dos nenos e nenas interesados no servicio de Comedor Escolar.
Dende aquí quixéramos agradecer a súa presencia ós pais e nais que asistiron, así como ó apoio do equipò diretivo do centro que quixo estar presente en dita reunión para dar eles mesmos explicacións ós pais e nais.
Por desgraza, e como ben sendo habitual, a asistencia foi escasa, xa que de 160 nenos que mostraron interese polo comedor, os pais asistentes non superaban a trintena.
Unha vez máis lembramos que é VITAL coñecer o número aproximado de interesados reais no comedor este mes para poder solicitar a subvención da XUNTA, así que pregamos ós pais e nais que se poñan en contacto con nós o antes posible, no noso despacho, a través do correo electrónico ou deixando unha mensaxe neste blogue, pero que por favor, o fagan ou non haberá cartos da XUNTA.

xoves, 17 de abril de 2008

FESTA DE ESTREA DO NOVO COLEXIO

O pasado Martes 15 de Abril, organizamos unha pequena festa de inauguración do novo Colexio.

Estaban convidados todos os socios e socias, os mestres e mestras, a antiga Xunta Diretiva da
ANPA (que foi quen se implicou nas solicitudes ata conseguir a construcción do novo Centro), o equipo de Goberno Municipal anterior e o actual, Paco o antigo bedel, etc.

A festa foi todo un éxito xa que asistiron varios representantes políticos e práctica totalidade dos mestres, aínda que, unha vez máis, a involucración dos pais foi moito menor do desexable.

Agardemos que para a festa de inauguración final do conxunto do Colexio definitivamente rematado, poidamos contar cá presenza da totalidade dos socios e socias.


XUNTA EXTRAORDINARIA DA ANPA

Convócase a tódolos pais e nais interesados no Servicio de Comedor Escolar a unha reunión de carácter URXENTE e de VITAL IMPORTANCIA que terá lugar o vindeiro Martes día 22 de Abril, ás 18:00, no local destinado ó Comedor do Couceiro Freijomil.

A orde do día será a seguinte:

- Estado da solicitude de Apertura do Comedor Escolar.
- Prezo do servicio de Catering.
- Sistema de Xestión do Comedor.

A Xunta esixe que o Servicio de Comedor sexa xestionado pola ANPA, pero deste xeito non se poderá optar ás becas da Administración (para usuarios de transporte escolar, rentas baixas, etc.). Nembargantes, sí hai opción a solicitar subvencións para o servicio, sendo para elo necesario coñece-lo número definitivo de usuarios o antes posible xa que o prazo de solicitude remata este mes.

Pregamos a todos aqueles que mostraron o seu interese polo Servicio de Comedor na pre-matrícula acudan á reunión, xa que repetimos é IMPERATIVO coñecer quen segue interesado nas condicións que se están a barallar.

mércores, 9 de abril de 2008

FESTA DE ESTREA DO NOVO COLEXIO

O vindeiro Martes, día 15 de Abril de 2008, imos facer unha festa para celebrar a estrea do novo edificio do noso Colexio, na que se servirán pinchos e bebidas.
Dará comenzo ás 18:00 e a ela foron convidados todos os socios e socias da ANPA, os mestres e mestras, así como diversas persoas que estiveron implicadas na consecución do proxecto.
Esta festa servirá tamén para despedir como merece ó noso actual presidente, Andrés Nidáguila, quen ó rematar este curso cesará no cargo.

xoves, 3 de abril de 2008

ÉXITO ROTUNDO DA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Onte foi o día elexido pola dirección do colexio para celebrar o "Día de portas abertas" para as familias dos nenos e nenas que cursan estudos no Couceiro Freijomil.
A xornada pode calificarse de éxito rotundo, xa que houbo unha afluencia masiva de pais e nais durante o tempo que durou esta iniciativa.
A organización pareceunos boísima, xa que os mestres e mestras tiveron a deferencia de actuar como "Guias turísticos" dos pais e nais. En xeral, a xente quedou encantada tanto polo aspecto que ten o novo edificio como polo xesto que os mestres e mestras tiveron con nós.
A nós gústanos moito o centro e desexamos que poida terminarse en breve a segunda fase (o prazo estimado é o primeiro trimestre do curso próximo) para que os nosos nenos e nenas poidan disfrutar de todas as instalacións completas.
Por último, agradecer a José Luis (o secretario do colexio) a deferencia que tivo de amosarme persoalmente o edificio despois de acabar a xornada, xa que por motivos laborais non me fora posibel acudir có resto dos pais e nais, e José Luis foi tan amable de quedarse o tempo suficiente de ensinarme todas as instalacións e facerme un esbozo de cóma ían quedar as cousas unha vez rematada a segunda fase do proxecto, quixera reiterar o meu agradecemento e dicir que é un boísimo guía turístico.

mércores, 2 de abril de 2008

LIMPEZA DO COLEXIO

Coma xa anunciábamos, dende o cambio ó novo edificio do colexio, había problemas cás limpadoras. As limpadoras asignadas ó noso colexio son dúas, aparte da encargada da zona de Educación Infantil.
Resulta que estas dúas persoas son maiores (unha conta xa 64 primaveiras) e a situación agrávase porque unha delas está enferma e pasa máis tempo de baixa laboral que traballando. O problema é que dende o Concello non envían sustitutos para cubrir esta baixa, e ven sendo habitual que non fan nada ata que se lles chama varias veces para protestar.
Dende o Concello prometeusenos antonte que ían enviar alguén de reforzo. Temos que dicir que esta mañá xa había outra persoa limpando a planta baixa (que estaba sen limpar dende o cambio), polo que parece que de momento esta situación parece controlada.
Outra cousa ben diferente é o que pasa con Educación Infantil. Cando estábamos trasladados, tiñamos a Berta que era a que facía as labores de bedel e limpadora. A situación de Berta trocou tras o traslado, xa que nestes intres, ela está a ocupar o posto deixado por Paco, polo que as labores de limpeza non entran no seu traballo.
Dende que se levou a cabo o traslado, Berta, a quen temos que volver a agradecer unha e mil veces a súa dedicación para cós nenos e nenas, ademáis do seu traballo de conserxe de TODO o colexio, encárgase tamén de limpar os aseos e as aulas de Educación Infantil, e o fai FORA do seu horario de traballo, ocupando horas que ela ben sabe que non lle van remunerar, pero aínda así, segue a fecer o que ela considera o correcto.
Pola nosa banda, segueremos a chamar ó Concello para tratar de deixar resolto este problema dunha vez por todas, pero as cousas non están a ir moi ben nas relacións do Concello cós seus traballadores, así que tememos que a cousa está complicada de resolver a curto prazo.
Pregaríamos a quen corresponda, Alcalde, Concelleiro de Servizos, limpadoras doutras zonas que se negan a ir a traballar ó Couceiro para presionar máis, etc. que, tan só por un intre, se paren a pensar quenes son os máis perxudicados neste problema, e que logo reflexionen sobre o que deben facer.