Estaban convidados todos os socios e socias, os mestres e mestras, a antiga Xunta Diretiva da ANPA (que foi quen se implicou nas solicitudes ata conseguir a construcción do novo Centro), o equipo de Goberno Municipal anterior e o actual, Paco o antigo bedel, etc.
A festa foi todo un éxito xa que asistiron varios representantes políticos e práctica totalidade dos mestres, aínda que, unha vez máis, a involucración dos pais foi moito menor do desexable.
Agardemos que para a festa de inauguración final do conxunto do Colexio definitivamente rematado, poidamos contar cá presenza da totalidade dos socios e socias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario