xoves, 3 de abril de 2008

ÉXITO ROTUNDO DA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Onte foi o día elexido pola dirección do colexio para celebrar o "Día de portas abertas" para as familias dos nenos e nenas que cursan estudos no Couceiro Freijomil.
A xornada pode calificarse de éxito rotundo, xa que houbo unha afluencia masiva de pais e nais durante o tempo que durou esta iniciativa.
A organización pareceunos boísima, xa que os mestres e mestras tiveron a deferencia de actuar como "Guias turísticos" dos pais e nais. En xeral, a xente quedou encantada tanto polo aspecto que ten o novo edificio como polo xesto que os mestres e mestras tiveron con nós.
A nós gústanos moito o centro e desexamos que poida terminarse en breve a segunda fase (o prazo estimado é o primeiro trimestre do curso próximo) para que os nosos nenos e nenas poidan disfrutar de todas as instalacións completas.
Por último, agradecer a José Luis (o secretario do colexio) a deferencia que tivo de amosarme persoalmente o edificio despois de acabar a xornada, xa que por motivos laborais non me fora posibel acudir có resto dos pais e nais, e José Luis foi tan amable de quedarse o tempo suficiente de ensinarme todas as instalacións e facerme un esbozo de cóma ían quedar as cousas unha vez rematada a segunda fase do proxecto, quixera reiterar o meu agradecemento e dicir que é un boísimo guía turístico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario