CIRCULAR INFORMATIVA "AXUDAS PARA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR" A información legal e vinculante sobre a participación no fondo de libros e as axudas para libros e material escolar é a que figura na Orde de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia: Orde do 28 de abril de 2025-DOG 15/5/2025.
Prazos de solicitude: desde o 16 de maio ao 20 de xuño.Que tipos de axudas se contemplan na convocatoria 2025/2026
- Fondo solidario de libros de texto: reparto de libros en préstamo para alumnado matriculado en 3°, 4°, 5°, e 6° de Educación Primaria (EP).
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1° e 2° de EP, asi como o alumnado con necesidades especificas de apoio educativo (NEAE) que non utilice os libros de texto do fondo.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP (1° a 6° de E.P). Esta axuda pode ser solicitada cando non se superen os 10.000€ de renda familiar.
Destinatarios
A) Fondo solidario de libros de texto:
-Cursos: 3°, 4°, 5° e 6° de E.P
-O sistema permitirá a distribución dos libros existentes no fondo entre o alumnado, en función da renda per cápita comprobada nas solicitudes validadas polo centro.
-Requisitos: 1- Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso
anterior (de este último aspecto queda eximido o alumnado de 5° e 6° que este ano se incorpora ao fondo por primeira vez).
2- Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000€.
B) Axudas para adquirir libros de texto:
-Cursos: 1° e 2° de E.P.
-Requisitos: 1- Estar matriculado en 1° e 2° de E.P, así como o alumnado do resto dos cursos de E.P. con
NEAE.
2- Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000€.
C) Axudas para adquirir material escolar:
-Cursos: 1° a 6° de E.P.
-Requisitos: 1- Estar matriculado en 1º, 2°, 3°, 4°, 5º, ou 6° de E.P, e o alumnado con NEAE.
2-Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000€.
Mais información na web do cole Couceiro Freijomil
Ningún comentario:
Publicar un comentario