xoves, 14 de febreiro de 2008

ENTREGA DO NOVO COLEXIO

O venres da pasada semán, día 8 de Febreiro, recibiuse a visita da Inspectora de Educación a cargo do noso Centro.
Tras unha reunión có Equipo Diretivo, baixou a comprobar "In Situ" o avance das obras do novo Colexio.
Parece que tras un novo retraso (lembramos que a última data de entrega "oficial" era Xaneiro) esta vez a causa dos cristais das fiestras, a data de entrega queda para este mes de Febreiro e o traslado continúa previsto para a volta das vacacións de Semana Santa, é dicir o día 25 de Marzo.
Para os que aínda non saiban cómo está previsto realizar esta mudanza, lembramos que este ano os nenos virán de vacacións de Semana Santa un día antes (é dicir o Xoves 13 de Marzo sería o último día) e voltarían ó Colexio un día despois do habitual (o Martes 25 de Marzo) e xa o farían nas novas instalacións.
A ver si esta data resulta a definitiva de verdade e podemos voltar todos a normalidade, con todos os nenos do Centro no mesmo edificio e todos os recursos a disposición de todos.
Pola nosa parte, esperamos que este sexa o derradeiro atranco dun proxecto gafado dende o seu comezo, e desexar que o rematen dunha vez e os nosos nenos e nenas poidan disfrutar del, que vai sendo hora (lembramos que a data orixinal de entrega do Colexio era en Agosto de 2007).

Ningún comentario:

Publicar un comentario