O pasado 7 de xaneiro retomouse no Concello de Pontedeume a actividade da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. A iniciativa da RDSI do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na SI e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. Actualmente, a Rede conta con preto de 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
O Concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información quere informar de que a partir de agora a aula de informática do centro de formación FOREMDES terá un novo horario de apertura ó público, que será o seguinte:
- Mañás: Luns, mércores e venres de 11 a 15 horas.
- Tardes: Luns e xoves, de 16 a 21 horas.
Martes, de 18 a 21 horas.
Mércores e venres, de 17 a 21 horas.
Ademais, están programados dous obradoiros:
- “Mecanografía”, que terá unha duración de 20 horas e se desenvolverá desde o 4 de febreiro até o 19 de marzo, os luns, mércores e venres de 11 a 12 da mañá.
- “Iniciación á informática para persoas maiores”, de 15 horas de duración, e tamén en horario de mañá.
Este último obradoiro, planificado en colaboración co persoal do Centro Municipal de Maiores, ten como principal obxectivo que as persoas asistentes adquiran coñecementos básicos no manexo do ordenador e, a partir de aí, ir coñecendo diferentes utilidades do ordenador: Internet, correo electrónico, mensaxería instantánea, compras... Actividades coma esta axudan ademais a mellorar a autoestima das persoas maiores.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa dinamizadora da Sociedade da Información do concello, quen programará máis actividades deste tipo durante todo o ano. Para elo poden escribir ao correo electrónico barbara.pontedeume@dinamiza
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainfo
Ningún comentario:
Publicar un comentario