A piques de comezar as Actividades Extraescolares queremos informar de cómo vai evolucionando o periodo de matrícula.
Informamos que xa non hai prazas para Piscina, pero temos unha lista de espera por si quedase algunha praza libre, e tampuco hai sitio para Informática de pequenos dos Mércores.
As Actividades comezarán a Primeira semana de Outubro, agás Informática de Pequenos dos Mércores, Xogos Populares, Contos Infantís, Educación Vial e Informática dos Venres que comezarán a Segunda Semana.
Lembramos que a Informática impartiráse no edificio de Foremdes e os Xogos Infantís no pavillón do I.E.S. Fragas do Eume (ó carón dos módulos de Educación Infantil), as demais Actividades daránse no edificio de Primaria.
Para Pintura e Reciclaxe é conveniente que os nenos e nenas traian un mandilón ou roupa que podan ensuciar sen problemas.
Os nenos e nenas que vaian a Xogos Populares e que non sexan de Educación Infantil deberán traer uns tenis de reposto nunha bolsa para cambialos no pavillón.As Actividades comezarán a Primeira semana de Outubro, agás Informática de Pequenos dos Mércores, Xogos Populares, Contos Infantís, Educación Vial e Informática dos Venres que comezarán a Segunda Semana.
Lembramos que a Informática impartiráse no edificio de Foremdes e os Xogos Infantís no pavillón do I.E.S. Fragas do Eume (ó carón dos módulos de Educación Infantil), as demais Actividades daránse no edificio de Primaria.
Para Pintura e Reciclaxe é conveniente que os nenos e nenas traian un mandilón ou roupa que podan ensuciar sen problemas.
Hai actividades que poden requerir que os nenos traian material, pero xa se lles dará unha nota ó comezo das clases.
Por último, decir que os nenos que van a dúas actividades seguidas poden traer un aperitivo ou merenda pequena para facer un pic-nic entre clase e clase.
Moitas grazas polo voso apoio ó noso traballo, que neste curso estase a reflexar nun consederable aumento das matrículas, o que nos anima a seguir esforzándonos por mellorar cada día.
Esta semana contamos con ter o horario definitivo que vos faremos chegar por medio dos nenos e que, por suposto, tamén publicaremos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario