xoves, 12 de marzo de 2020

Suspensión das Actividades Extraescolares

Tras a comunicación oficial da suspensión das clases, SUSPÉNDENSE IGUALMENTE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA a partir de hoxe 12 de marzo ata novo aviso.

Por motivos de conciliación familiar, hoxe xoves haberá este servicio para as familias que necesariamente teñan que levar aos nenos ou ás nenas ás actividades. En todo caso, agradeceriamosvos que, por unha cuestión de responsabilidade social, só fagades uso hoxe da actividade se é realmente necesario.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

luns, 2 de marzo de 2020

subvención comedor

EN PONTEDEUME A 2 DE MARZO DE 2020

ANPA EUME


INFORMASE ÁS FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2018-2019 QUE PODEN PASAR A RECOLLER O IMPORTE CORRESPONTE Á SUBVENCIÓN XESTIONADA POLA ANPA,

SALVO IMPREVISTOS, ESTAREMOS NA OFICINA DA ASOCIACIÓN O MARTES E XOVES  EN HORARIO DE 16.00 A 17.00hrs E O VENRES DE 8.30 A 9.00hrs DURANTE ESTAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DE MARZO.

A TAL FIN, AGRADECERÍAMOS VOS PASÁRADES O ANTES POSIBLE. OS IMPORTES NON RECLAMADOS, FORMARÁN PARTE DO FONDO PARA MATERIAIS LÚDICOS DO COMEDOR.
UN SAÚDO

ANPA EUME

martes, 12 de novembro de 2019

MEDRANDO EN IGUALDADE

Lembrade,

hoxe martes 12 de novembro no Couceiro, 2º sesión dos obradoiros de Rexenerando: "Camiñando para unha vida sen violencias de xénero".

De 16.30 a 19.00

no Ceip COUCEIRO Freijomil

Actividade aberta para todas as persoas adultas da comunidade educativa

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.

domingo, 3 de novembro de 2019

REXENERANDO...

 Hoxe Martes 5 de novembro  estará no colexio Olalla Barro da cooperativa REXENERANDO. Rexenerando é unha cooperativa que traballa no eido do social e está formada por un equipo de socias e colaboradoras cun obxectivo común: levar adiante proxectos de calidade apoiados en relacións de calidade. En concreto nestas 3 sesións, trataranse temas relacionados COA IGUALDADE, PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO E DESENVOLVEMENTO PSICOAFECTIVO das nenas e nenos.

                      Traballamos con comunidades e grupos
                     facilitando procesos de transformación social
                    co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos das persoas.

Sesión 1: Situándonos. Martes 5 de novembro de 16.30 a 19.00 hrs
Sesión 2: Camiñando para unha vida sen violencia de xénero. Martes 11 de novembro de 16.30 a 19.00 hrs
Sesión 3: A comunidade na escola. Martes 19 de novembro de 16.30 a 19.00 hrs

   Martes 5 de novembro de 2019
   CEIP Couceiro Freijomil
   de 16.30 hrs a 19.00 hrs

Actividade aberta para todas as persoas adultas da comunidade educativa

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.




luns, 28 de outubro de 2019

MAÑÁ MARTES NO COUCEIRO...





OBRADOIRO DE MARTINA GONZÁLEZ VEIGA

Mañá martes 29 de outubro, comezamos as xornadas de obradoiros MEDRANDO EN IGUALDADE con Martina González.

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con la Cortes e Igualdad.

Martina compartirá con nos “Como lle falo diso”.

Neste obradoiro trabállase a comunicación asertiva a posta de límites e a negociación para garantir as relación desexadas libres de coacción e violencia. Dedicada ás persoas adultas, esta formación pretende facilitar a toma de conciencia das familias, e das persoas que traballan no eido educativo, de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa.

Lembrade, Martes 29 de outubro de 16.30 a 18.30 no colexio.
Xornadas abertas para todas as persoas adultas da comunidade educativa.

mércores, 23 de outubro de 2019

luns, 23 de setembro de 2019

luns, 27 de maio de 2019

xoves, 28 de febreiro de 2019

FESTA DE ENTROIDO

O VENRES 1 DE MARZO, TEREMOS A FESTA DE ENTROIDO, HABERÁ MÚSICA CON …


PACO NOGUEIRAS

E LOGO…

ME 
REN 
DO 
LA!!

CONTAMOS CON TODAS E TODOS
Os nenos e nenas deberán vir acompañados dunha persoa adulta responsable.

ENTRADA Á FESTA, 5 euros por familia.

FAMILIAS SOCIAS GRATIS

Lembrade que a cuota para ser socias da anpa é so 12 euros por familia e ano.

domingo, 24 de febreiro de 2019

OBRADOIRO DE DISFRACES NA ANPA

Os vindeiros LUNS e MARTES 25 e 26 de febreiro, xuntarémonos no local da ANPA en horario de
16.00 a 18.00 para facer os disfraces dos nosos nenos e as nosas nenas.

Traede o material que consideredes e entre todas e todos aportaremos ideas e colaboraremos.


Animádevos a participar!!


Actividade aberta a toda a comunidade educativa.