luns, 23 de setembro de 2019
sábado, 14 de setembro de 2019
venres, 12 de xullo de 2019
venres, 14 de xuño de 2019
martes, 4 de xuño de 2019
xoves, 30 de maio de 2019
luns, 27 de maio de 2019
xoves, 28 de febreiro de 2019
FESTA DE ENTROIDO
O VENRES 1 DE MARZO, TEREMOS A FESTA DE ENTROIDO, HABERÁ MÚSICA CON …
PACO NOGUEIRAS
E LOGO…
ME
REN
DO
LA!!
CONTAMOS CON TODAS E
TODOS
Os nenos e nenas deberán vir acompañados dunha persoa adulta
responsable.
ENTRADA Á FESTA, 5
euros por familia.
FAMILIAS SOCIAS GRATIS
domingo, 24 de febreiro de 2019
OBRADOIRO DE DISFRACES NA ANPA
Os vindeiros LUNS e MARTES 25 e 26 de febreiro, xuntarémonos no local da ANPA en horario de
16.00 a 18.00 para facer os disfraces dos nosos nenos e as nosas nenas.
Traede o material que consideredes e entre todas e todos aportaremos ideas e colaboraremos.
Animádevos a participar!!
Actividade aberta a toda a comunidade educativa.
16.00 a 18.00 para facer os disfraces dos nosos nenos e as nosas nenas.
Traede o material que consideredes e entre todas e todos aportaremos ideas e colaboraremos.
Animádevos a participar!!
Actividade aberta a toda a comunidade educativa.
martes, 12 de febreiro de 2019
venres, 25 de xaneiro de 2019
LUNS 11 DE FEBREIRO DE 2019, DE 16:30 a 18:30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
Tarde de educación afectivo sexual para a ANPA
do CEIP Couceiro Freijomil
Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta de parella,
esepecializada en sexoloxía adicaranos unha tarde a resolver as dúbidas isobre educación efectivo-sexual
de persoas responsables da educación das crianzas nesta actividade organizada pola ANPA
do CEIP Couceiro Freijomil.
DENDE A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A ESTE INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA
Para dirixir o obradoiro cara aqueles temas que máis nos interesan ou preocupan, poñemos á vosa disposición un buzón físco na entrada do cole e unha dirección de correo electrónico (anpaeume@gmail.com) onde poderedes dirixir as vosas preguntas, que por suposto poden ser anónimas, e que lle faremos chegar a Martina para que poda integralas na súa charla.
OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS
Da sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas, desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados. Polo que a educación sexual comeza dende a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes, proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e dificultades.
LUNS 11 DE FEBREIRO DE 2019 DE 16.30 A 18.30
Aberto a todos os país, nais e resto de comunidade educativa
IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero
www.martinagonzalezveiga.com
venres, 21 de setembro de 2018
martes, 18 de setembro de 2018
CURSO 2018-2019
COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR.
TEMOS EN MARCHA, COMO TODOS OS ANOS O
COMEDOR ESCOLAR E NESTES DÍAS SACAREMOS UNHA LISTA DE ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES…
POUCO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO OS
CONTIDOS DO BLOG, PERO PARA CALQUERA CUESTIÓN, ESTAREMOS NAS OFICINAS DA ANPA
NO HORARIO HABITUAL.
POR AGORA, NO REFERENTE AO COMEDOR, TEMOS
DISPOÑIBLE O MENÚ DE SETEMBRO.
martes, 5 de xuño de 2018
xoves, 31 de maio de 2018
AXUDAS 2018 MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE PONTEDUME
Publícase hoxe no BOP a Aprobación definitiva da Ordenanza específica reguladora das bases de concesión de axudas ás familias para a adquisición de material
escolar. Curso Escolar 2017-2018
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/31/2018_0000003783.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/31/2018_0000003783.pdf
venres, 13 de abril de 2018
DOCUMENTACIÓN OBRADOIRO MARTINA GONZÁLEZ
Xa temos a
documentación que amablemente nos enviou Martina
González tras o obradoiro que realizamos no Couceiro.
As persoas interesadas nela, por favor
enviadenos un mail a anpaeume@gmail.com
e vola faremos chegar o antes posible.
Moitas grazas!
SUBVENCIÓN COMEDOR CURSO 2016/2017
Como en cursos anteriores, as persoas que fixeron uso do comedor durante o curso 2016/2017, poden pasar pola oficina da ANPA para recoller o que lles corresponda da subvención que solicitamos para tal fin.
Horario:
Todos os martes de 8:45h a 9:00h
Todos os días lectivos entre o 15 e 20 de cada mes de 8:45h a 9:00h
Horario:
Todos os martes de 8:45h a 9:00h
Todos os días lectivos entre o 15 e 20 de cada mes de 8:45h a 9:00h















