venres, 21 de setembro de 2018
martes, 18 de setembro de 2018
CURSO 2018-2019
COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR.
TEMOS EN MARCHA, COMO TODOS OS ANOS O
COMEDOR ESCOLAR E NESTES DÍAS SACAREMOS UNHA LISTA DE ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES…
POUCO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO OS
CONTIDOS DO BLOG, PERO PARA CALQUERA CUESTIÓN, ESTAREMOS NAS OFICINAS DA ANPA
NO HORARIO HABITUAL.
POR AGORA, NO REFERENTE AO COMEDOR, TEMOS
DISPOÑIBLE O MENÚ DE SETEMBRO.
martes, 5 de xuño de 2018
xoves, 31 de maio de 2018
AXUDAS 2018 MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE PONTEDUME
Publícase hoxe no BOP a Aprobación definitiva da Ordenanza específica reguladora das bases de concesión de axudas ás familias para a adquisición de material
escolar. Curso Escolar 2017-2018
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/31/2018_0000003783.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/05/31/2018_0000003783.pdf
venres, 13 de abril de 2018
DOCUMENTACIÓN OBRADOIRO MARTINA GONZÁLEZ
Xa temos a
documentación que amablemente nos enviou Martina
González tras o obradoiro que realizamos no Couceiro.
As persoas interesadas nela, por favor
enviadenos un mail a anpaeume@gmail.com
e vola faremos chegar o antes posible.
Moitas grazas!
SUBVENCIÓN COMEDOR CURSO 2016/2017
Como en cursos anteriores, as persoas que fixeron uso do comedor durante o curso 2016/2017, poden pasar pola oficina da ANPA para recoller o que lles corresponda da subvención que solicitamos para tal fin.
Horario:
Todos os martes de 8:45h a 9:00h
Todos os días lectivos entre o 15 e 20 de cada mes de 8:45h a 9:00h
Horario:
Todos os martes de 8:45h a 9:00h
Todos os días lectivos entre o 15 e 20 de cada mes de 8:45h a 9:00h
martes, 3 de abril de 2018
mércores, 14 de marzo de 2018
OBRADOIRO DE MARTINA GONZÁLEZ
Todo un éxito o obradoiro de Martina
González onte no Couceiro.
Moitas grazas a Martina por plantar a semente
para seguir traballando, aos participantes e ao Centro polo interese e o apoio
e a Diego que non parou de ir e vir, porque tivemos que poñer máis sillas!!
Esperamos, de corazón, que a charla de onte abra unha canle de novos proxectos e comunicación, e sexa a 1ª e non a última, sobre este tema que é, moi importante e necesario nestes tempos, nos que andamos inmersos nos e os nosos fillos e fillas.
mércores, 7 de marzo de 2018
MARTES
13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs
CEIP
COUCEIRO FREIJOMIL
OBRADOIRO: COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS
E FILLAS
DENDE
A ANPA EUME QUEREMOS CONVIDARVOS A UN INTERESANTÍSIMO OBRADORIO IMPARTIDO POLA
PSICÓLOGA, ESPECIALIZADA EN SEXOLOGÍA MARTINA GÓNZALEZ VEIGA
OBRADOIRO:
COMO LLE FALO “DISO”?. A EDUCACIÓN SEXUAL DOS FILLOS E FILLAS
Da
sexualidade aínda nos costa falar, e as canles de información e
aprendizaxe seguen a ser a televisión, internet, e os modelos que vemos ao noso
redor, o cal contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas,
desinformación, estereotipos de xénero e mitos. Este obradoiro pretende achegar, aos pais e nais, as ferramentas
necesarias para poder educar aos seus fillos e fillas na vivencia plena e
saudable da súa sexualidade, entendida como parte do que somos, seres sexuados.
Polo que a educación sexual comeza dende
a infancia, e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima,
os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que
establecemos con demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer, o
consentimento, etc. Polo que non só ten en conta a dimensión biolóxica, senón
tamén a psicolóxica, a social e cultural. Traballaranse as actitudes,
proporcionaranse explicacións claras e material de apoio con referencias nas
que atopar información de calidade, ferramentas e claves de comunicación para
aprender a falar deste tema e saber como abordar as posibles dúbidas e
dificultades.
MARTES 13 DE MARZO DE 2018, DE 16:00 a 18:00 hrs
Aberto
a todos os país, nais e resto de comunidade educativa
IMPARTE Martina González Veiga, psicóloga xeral
sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual, terapia de parella e
intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero
www.martinagonzalezveiga.com
xoves, 8 de febreiro de 2018
CAMBIO MENÚ COMEDOR, VENRES 9 DE FEBREIRO
Adxuntamos nota da empresa de catering:
Adxuntamos nota da empresa de catering:
Buenos días
Desde nuestra cocina nos informan de un cambio en el menú de los niños para mañana Viernes 9 de Febrero. El cambio solo afecta al primer plato, por lo que los niños y niñas podrán disfrutar del siguiente menú:
- 1º Plato: Pasta con tomate
- 2º Plato: Merluza rebozada con ensalada de lechuga y tomate
- Postre: Yogur
Esperamos que sea del agrado de niños y niñas
Disculpen las molestias
Saludos
mércores, 1 de novembro de 2017
COMEDOR
CAMBIO DE MENÚ XOVES 2 E VENRES 3 DE NOVEMBRO
Boas tardes
Para esta semana, en concreto os días 2 de Novembro e 3 de Novembro, o menú foi modificado. O cambio tan só afecta ao segundo prato intercambiándose entre sí, polo que os nenos e nenas poderán disfrutar do seguinte menú:
- Xoves 2 de Novembro :
o 2º Prato: Polo asado (a guarnición non sofre cambios).
- Venres 3 de Novembro :
o 2º Prato: Hamburguesa de cerdo (a guarnición non sofre cambios).
Disculpade as molestias
martes, 26 de setembro de 2017
XORNADA PORTAS ABERTAS MAGO DIAPASÓN. APREDIZAXE MUSICAL
LUNS 2 DE OUTUBRO ÁS 16.30 hrs
LUNS 2 DE OUTUBRO ÁS 16.30 hrs
DENDE A ANPA DO COUCEIRO ESTAMOS ORGANIZANDO UNHA XORNADA DE
PORTAS ABERTAS QUE NOS OFRECE ESTEFANIA, PROFESORA DE MAGO DIAPASÓN EN FERROL.
O método do Mago Diapasón integra a música no proceso natural
de crecemento dos nenos e nenas, empezando a desenvolver o seu oído a través do
personaxe principal dun conto.
INVITÁMOSVOS
A TODAS E A TODOS A QUE PARTICIPEDES.
Máis info en…
http://www.magodiapason.com
venres, 15 de setembro de 2017
domingo, 10 de setembro de 2017
CURSO 2017-2018
EMPEZAMOS NOVO CURSO, E ESTE LUNS 11 DE SETEMBRO COMEZA TAMÉN O SERVIZO DE COMEDOR.
DEIXAMOS AQUÍ O MENÚ DE SETEMBRO. BO PROVEITO!!
DEIXAMOS AQUÍ O MENÚ DE SETEMBRO. BO PROVEITO!!
martes, 20 de xuño de 2017
MENÚ ESPECIAL FIN DE CURSO NO COMEDOR
Con motivo do último día de colexio, omenú para o día 23 de xuño modificouse. Para este día os nenos e nenas poderán disfrutar do seguinte menú:
1º PRATO: ENSALADA VARIADA
2º PRATO: PIZZA ARTESANA DE XAMÓN E QUEIXO
POSTRE: CHOCOLATINA
Esperamos que sexa do agrado dos nenos e nenas!!
venres, 9 de xuño de 2017
FESTA FIN DE CURSO 2017
E
para rematar ben o curso, faremos unha GRAN
FESTA para todas e todos as socias e
socios da ANPA o día 23 de xuño dende as 16:00h ata as 18:30h.
Por favor, comprobade que
estades ao día no pago das actividades.
Haberá
xogos, bailes, hinchables e por suposto, unha pequena merenda para recuperar
forzas.
Lembramos
que os nenos de infantil, e todos os que precisen supervisión, deberán estar
acompañados por un adulto.
Os non socios que queiran vir á festa, deberán pagar 6€.













