ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educaciónsecundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
mércores, 24 de maio de 2017
luns, 22 de maio de 2017
mércores, 10 de maio de 2017
AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, PARA O CURSO 2016-2017 (EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 10 de maio ao 31 de maio de 2017.
MODELO DE SOLICITUDE: Pódese descargar AQUÍ ou recoller nos SERVIZOS
SOCIAIS ou no REXISTRO XERAL DO CONCELLO.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
1º. SERVIZOS SOCIAIS
para COMPROBAR DOCUMENTACIÓN.
2º. REXISTRO XERAL DO
CONCELLO para PRESENTAR DOCUMENTACIÓN.
DOCUMENTACIÓN
NECESARIA:
§
Impreso de solicitude. Cumprimentadas as 4 páxinas en todos os seus apartados e asinadas.
§
Fotocopias
do D.N.I. do/da solicitante,
cónxuxe/parella e fillo/a.
§
Fotocopia
do Libro de Familia (completo).
§
Fotocopia
da Declaración do IRPF do exercicio
2015 (completa) do/da solicitante e cónxuxe/parella, ou no caso de non
presentala, Certificado de imputacións expedido pola Axencia Tributaria.
§
Certificación
da conta bancaria do/da solicitante.
§
Copia
de matrícula do presente curso.
Como
novidade para este curso inclúese, ademais dos gastos realizados en material
escolar, os gastos efectuados en: mandilón, chándal e zapatillas de deporte.
IMODELO SOLICITUDE
mércores, 26 de abril de 2017
LEMBRADE. DÍA 2 DE MAIO, NON LECTIVO
Tedes AQUÍ o enlace co resto do calendario escolar do curso 2016-2017
xoves, 20 de abril de 2017
XESTIÓN EFICAZ DAS EMOCIÓNS E OS DESACORDOS NA CONVIVENCIA
2º ENCONTRO COAS FAMILIAS
LUNS 24 DE ABRIL, DE 17.30 a 19.30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
Actividade aberta a todas as familias
LUNS 24 DE ABRIL, DE 17.30 a 19.30 hrs
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
Actividade aberta a todas as familias
SUBVENCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSOS 2014-15 e 2015-16
Comunicamos que recibimos a subvención para o
comedor, correspondente aos cursos 2014/2015 e 2015/2016.
Quen fixo uso deste servizo durante eses cursos,
pode pasar pola oficina da ANPA (martes de 8.45 a 9.00 hrs e todos os días do
15 ao 20 de cada mes no mesmo horario) para cobrar o que lle corresponda.
Se alguén ten pagos pendentes coa empresa de
catering, deberá solventar a débeda previamente.
No caso de que a axuda non sexa cobrada antes de
rematar o curso, pasará a formar parte dos fondos para material do comedor.
mércores, 29 de marzo de 2017
FIN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016-2017
Este
curso as actividades organizadas pola
ANPA rematarán o día 16 de xuño.
Na última ou
penúltima clase (segundo o indique cada monitor e dependendo da actividade que
sexa), cada grupo fará unha pequena mostra do aprendido durante o curso para as
familias.
Co
remanente dos fondos da ANPA e coa axuda que este curso nos concedeu o Concello, a cuota das actividades do mes de xuño será asumida pola ANPA.
martes, 28 de marzo de 2017
agradecemento obradoiro educación emocional
Onte tivo lugar no CEIP Couceiro Freijomil o obradoiro sobre “Educación emocional e prevención do Acoso Escolar”. Pareceunos moi interesante, ameno e instrutivo. Agardamos que se poida repetir e se anime máis xente a participar.
Dende a ANPA EUME, mostramos o noso agradecemento a quen o fixo posible: a Raquel de Atalaia por dirixila, ao centro educativo e ao Concello de Pontedeume pola organización e, como non, a todas e todos os asistentes e participantes. Sen eles non sería posible.
venres, 24 de marzo de 2017
EDUCAR NAS EMOCIÓNS PARA UNHA CONVIVENCIA RESPECTUOSA
CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
LUNS 27 DE MARZO DE 2017 ÁS 18.00 hrs
LUNS 27 DE MARZO DE 2017 ÁS 18.00 hrs
ABERTO A PAIS E NAIS DE TODOS OS CURSOS
venres, 17 de marzo de 2017
CURSO 2016 - 2017
ACTIVIDADES
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
|
16:00/17:00
|
COCIÑA
|
CANTA-BAILA
|
INGLÉS
|
FUTBOL
|
|
17:00/18:00
|
BLOGGERS E DESEÑO WEB
|
TEATRO
|
ART-ATTACK
|
sábado, 18 de febreiro de 2012
ENTROIDO 2012
Por segundo ano consecutivo, fixemos unha festa para celebrar o comezo do entroido.
Como podedes ver nas seguintes fotos, os pequenos disfrutaron dos bailes e xogos, así como dunha merenda que viña ven para repoñer forzas.
Gracias a todos por vir, e especialmente ós pais que colaboraron connosco.

domingo, 13 de novembro de 2011
FESTAS
Por parte da ANPA esperamos levar a cabo algunha cousiña para que disfruten os nenos.
Aquí deixamos algunhas fotos do curso pasado, pero tamén podedes aportar ideas ou suxerencias para mellorar o que facemos ou realizar cousas novas.
O curso pasado fixemos por primeira vez unha festa de entroido, con bailes, xogos e unha pequena merenda.
Outra novidade, que foi ben aceptada por parte dos pequenos, foron os xogos hinchables da festa de fin de curso, na que tamén houbo outros xogos, actividades e por suposto,
a merenda para repoñer forzas.
martes, 8 de novembro de 2011
REUNION ORDINARIA 10-11-11
Convocamos a todos os socios da ANPA a unha reunión ordinaria o xoves 10-11-11 ás 16:30h. (no comedor).
Os temas a tratar serán os seguintes:
Actividades ANPA
Nº socios
Gastos
Comedor escolar
Subvención comedor (1º trimestre curso 2010/2011)
Actividades ANPA
Nº socios
Gastos
Comedor escolar
Subvención comedor (1º trimestre curso 2010/2011)
venres, 16 de maio de 2008
FESTA DE FIN DE CURSO
Pois case sen darnos conta, xa chegou o Fin de Curso das Actividades Extraescolares.
Este ano, igual có ano anterior faremos unha gran festa de Fin de Curso á que, por suposto, están invitados todos os nosos socios e socias, asistan ou non ás Actividades.
Tamén están invitados os pais, nais, avós ou avoas, e por suposto, aqueles nenos e nenas que, a pesar de non seren socios da ANPA, levan todo o curso asistindo ás Actividades. Lembramos que, no caso dos non-socios, os acompañantes deberán aboar 1€ de entrada á Festa.
A Festa terá lugar o Mércores 28 de Maio ás 17:00 ata as 19:00 aproximadamente.
Animamos a todo o mundo a asistir, xa que este ano a Festa promete ser inolvidable, e o que a perda lamentarao.
Apuntádevos xa (nas fichas que se lles dan ós nenos ou no local da ANPA) ou podedes quedar sen merenda na Festa.
mércores, 14 de maio de 2008
GRAZAS IES FRAGAS DO EUME
Hoxe realizouse a derradeira clase deste curso da Actividade Extraescolar Xogos Populares, que se viña a realizar nas instalacións deportivas do IES Fragas do Eume.
Xa o fixemos varias veces ó longo do tempo en que durou este "préstamo", pero quixéramos voltar a agradecerlle á Dirección deste Centro e ó seu bedel, Suso, a súa amabilidade con nós, xa que sin eles non houberamos podido realizar a Actividade este ano, Actividade que, ademáis, foi a máis solicitada polos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria, cunha asistencia de 16 nenos e nenas ó longo do curso.

Moitas grazas IES Fragas do Eume
Agardamos que no vindeiro curso xa se podan realizar todas as Actividades normalmente "na casa" e deixemos de andar de pedichóns pola Vila ;-))))))))))))))luns, 5 de maio de 2008
GAÑADORES DO PRIMEIRO PREMIO DOS MAIOS
Como xa dixemos, o pasado Xoves 1 de Maio, por iniciativa da Diretora do Colexio, ela e algúns mestres voluntarios, ofrecéronse para acompañar ós nenos e nenas do noso centro ó concurso dos Maios que cada ano se celebra na nosa Vila.
Comprácenos moito anunciar que un dos nosos Maios resultou gañador de dito concurso e o colexio recibiu un premio de 225€, ademáis de 30 € por cada un dos outros Maios participantes e que non obtiveron premio.
A direción do centro adiantounos que estes cartos serán investidos na compra de Material Lúdico para o recreo (cordas, peóns, gomas, etc.).
Ademáis, os nenos e nenas portaban uns cestiños pra pedir cartos; có recadado os nenos poideron disfrutar na pizzería dunha merecida cea que prolongou a festa ata as 10:30 da noite.
Noraboa ós nenos e mestres participantes.
Ánimo para seguir con este tipo de iniciativas, nas que agardemos se involucre cada vez máis xente.

xoves, 1 de maio de 2008
FESTA DOS MAIOS
Onte, como ven sendo tradicional, celebrouse no Colexio a festa dos Maios. Cada curso traballou na creación do seu propio Maio con flores e verde que cada neno e nena traen recollido do campo, respeitando, eso sí, as formas tradicionais (Hórreo, Cruceiro, etc).
Este ano, como novidade, as mestras e mestres presentáronse voluntarios para estar no centro na tarde de hoxe e acompañar ós nenos e nenas que así o desexasen ó desfile polas rúas da Vila e ó concurso dos Maios que se celebra cada ano na Alameda.
Agradecemos moito esta iniciativa tomada por parte da nova Dirección do Centro, xa que están dispostos a perder un dos seus días de lecer en favor dun acto cós alumnos para, por fin, darnos a oportunidade de competir cós Maios de Chata e os seus nenos e nenas de Atocha que sempre compiten para "recadar cartos para os nenos pobres", ¡ai que nobres son!

¡¡¡¡Ánimo Couceiro!!!
;-)))))))))
;-)))))))))
mércores, 23 de abril de 2008
A ANPA E OS SEUS ASOCIADOS
Dende que se comezou a ter novas dende a Administración acerca da súa pretensión de que a ANPA se fixera cargo da Organización do Comedor Escolar, comezamos a buscar información noutros centros da Comarca sobre cómo xestionaban eles dito Servicio.
Unha das cousas que máis nos chamou a atención (e nos provocou moita envexa), foi o altísimo índice de participación de pais e nais que tiñan as ANPAS dos outros centros.
Este curso 2007/2008 hai 50 socios da ANPA no noso Centro, o que representa un 16% aproximadamente do total do alumnado.
Nos centros que tiveron a amabilidade de recibirnos e falar con nós, os seus índices son os seguintes:
- Colexio Esteiro (Ferrol): 75%
- Colexio Centieiras (Fene): 85%
- Colexio Monfero: 98%
- Colexio Andrade: 80%
Estamos a falar de centros cun número de alumnos parecido ó noso, ou maior, e cunha cuota de socio de 25 €/ano no caso de Ferrol e Fene, ou de 15 €/ano por neno (non familia como aquí) en Monfero.
Quixeramos que a xente fixese unha reflexión sobre as ventaxas que dá ter unha ANPA forte, unida e numerosa, e considerara unirse á asociación.
Lembrar que a ANPA non somos só "os que levan as Actividades Extraescolares", que facemos máis cousas que benefician a TODOS os nenos e nenas do Colexio, e que facerse socio da ANPA non obriga a pertencer á Xunta Diretiva nin adicarlle máis tempo do que cada un queira, poda ou estime oportuno.
Solicitamos a vosa colaboración para que o ínfimo 16% deste ano sexa pronto cousa do pasado; é preciso que comecemos a implicarnos de verdade na vida escolar dos nosos fillos e fillas.
Agradecemos dende xa a tódolos páis que se vaian a animar a da-lo paso, e convidámosvos a contactar ca asociación a través dos medios habituais: no local do colexio (Luns de 16 a 17 h.), por teléfono (650467871), e-mail (anpaeume@gmail.com) ou neste blogue.

REUNIÓN COMEDOR
Como xa anunciamos aquí e seguramente saberedes todos, onte celebrouse unha reunión cós pais e nais dos nenos e nenas interesados no servicio de Comedor Escolar.
Dende aquí quixéramos agradecer a súa presencia ós pais e nais que asistiron, así como ó apoio do equipò diretivo do centro que quixo estar presente en dita reunión para dar eles mesmos explicacións ós pais e nais.
Por desgraza, e como ben sendo habitual, a asistencia foi escasa, xa que de 160 nenos que mostraron interese polo comedor, os pais asistentes non superaban a trintena.
Unha vez máis lembramos que é VITAL coñecer o número aproximado de interesados reais no comedor este mes para poder solicitar a subvención da XUNTA, así que pregamos ós pais e nais que se poñan en contacto con nós o antes posible, no noso despacho, a través do correo electrónico ou deixando unha mensaxe neste blogue, pero que por favor, o fagan ou non haberá cartos da XUNTA.

xoves, 17 de abril de 2008
FESTA DE ESTREA DO NOVO COLEXIO
O pasado Martes 15 de Abril, organizamos unha pequena festa de inauguración do novo Colexio.
Estaban convidados todos os socios e socias, os mestres e mestras, a antiga Xunta Diretiva da ANPA (que foi quen se implicou nas solicitudes ata conseguir a construcción do novo Centro), o equipo de Goberno Municipal anterior e o actual, Paco o antigo bedel, etc.
A festa foi todo un éxito xa que asistiron varios representantes políticos e práctica totalidade dos mestres, aínda que, unha vez máis, a involucración dos pais foi moito menor do desexable.
Agardemos que para a festa de inauguración final do conxunto do Colexio definitivamente rematado, poidamos contar cá presenza da totalidade dos socios e socias.