luns, 9 de agosto de 2021

MATRICULA COMEDOR CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias:

Mañá martes 10 de agosto ábrese o prazo para a inscrición das vosas fillas e dos vosos fillos no comedor para o vindeiro curso 2021-2022. O prazo permanecerá aberto ata o 30 de agosto de 2021.

 

Axuntamos a información que a empresa Jardanay, encargada do servizo, envíanos ao respecto (Neste mesmo blog, na pestana de COMEDOR ESCOLAR).

 

EN CASO DE LÍMITE DE PRAZAS, POR APLICACIÓN DOS LÍMITES DE AFORO DOS PROTOCOLOS APROBADOS POLA XUNTA, A PRIORIDADE ESTABLECERASE POR ORDE DE INSCRICIÓN.

 

Ao igual que o curso pasado, conscientes de que a situación pola pandemia segue sendo complicada, incidimos en que a xunta directiva da ANPA está facendo o esforzo de sacar adiante o servizo de comedor porque somos conscientes da importancia que este servizo ten para a conciliación familiar e laboral, pero tamén é verdade que teremos que estar seguras de que non implica unha responsabilidade xurídica que non podamos asumir. Nese suposto non nos veríamos coa capacidade de seguir xestionando o servizo.

 

Para facer uso do comedor é necesario pagar unha matrícula de 15€ por persoa usuaria e ano.
As familias socias da ANPA están exentas do pago desta matrícula. COTA DA ANPA (12 € POR FAMILIA E ANO)*.

* A ANPA agradécevos enormemente que elixades esta alternativa porque ademais da xestión  do comedor escolar, a ANPA, cun pouquiño de cada familia, podemos aportarlle moito a todo o Cole.

 

RESUMO PARA AS FAMILIAS QUE XA EMPREGÁCHEDES ESTE MÉTODO O ANO PASADO,  o sistema é o mesmo.

1.- A través da web de Jardanay, Usuario: couceiro; Contrasinal: comedores2021

2.- Para facervos SOCIAS DA ANPA https://forms.gle/AyJeDUSm9pLgTrz86 e pago da cota (12 euros por familia e ano) na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274

PRAZO: 10 de agosto a 30 de agosto.

 

 

PASOS A SEGUIR PARA DARSE DE ALTA NO COMEDOR CURSO 2021-2022

 

PASO 1

A través da páxina web da empresa Jardanay nun dos seguintes enlaces:

www.jardanay.es

https://jardanaycomedores.es/

Tede a man:

• Nº de conta para que vos pasen o cobro mensual do comedor.
• DNI da nai, pai ou titor ou titora legar
• DNI da nena ou do neno que vai facer uso do comedor. Se non ten DNI cóbrese co voso.

 

Usuario: couceiro
Contrasinal: comedores2021

 

Unha vez dentro do formulario, ides cubrindo todos os campos. Tedes que cubrir UN FORMULARIO POR CADA FILLO OU FILLA que vaia facer uso do comedor.

Para confirmar que REMATACHEDES A INSCRICIÓN CON ÉXITO, debe chegarvos ao voso correo electrónico (o que indicáchedes no formulario) un MAIL DE CONFIRMACIÓN.

 

En caso contrario, poñédevos en contacto coa empresa no teléfono 981126627.

Tedes que repetir este procedemento por cada neno o nena que vaia facer uso do comedor.

 

PASO 2

Como facervos socias da ANPA

 

Cubrir o seguinte formulario para o curso 2021/2022

https://forms.gle/AyJeDUSm9pLgTrz86

e unha vez cuberto o formulario,facer o ingreso da cota da ANPA (12 euros por familia e curso escolar) na conta ES27 2080 0201 9030 0005 1274 da ANPA EUME.

 

Ao facer o ingreso lembrade poñer o nome e apelido dun dos alumnos ou das alumnas.

Se non tedes acceso a internet poñédevos en contacto con nos para facilitarvos un formulario en formato papel.

 

 

 

ESTE ANO MÁIS QUE NUNCA, GRAZAS POR FORMAR PARTE DA ANPA DO NOSO COLEXIO


 

Atentamente a Directiva da Anpa Eume

 

 

martes, 13 de xullo de 2021

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O COMEDOR. CURSO 2021-2022

Informámosvos que o prazo de matrícula para facer uso do comedor escolar durante o curso 2021-2022 será do 10 ao 30 de agosto.

Uns días antes colgaremos a información ou instrucións correspondentes para darvos de alta.

Como o ano anterior, todo o proceso farase a través da web da empresa de cateríng e da aplicación mobil da que vos deixaremos o enlace.

Calquera dúbida, coma sempre a través do mail da anpa ou whatsapp.

Un saúdo

mércores, 23 de xuño de 2021

COMEDOR CURSO 2021-2022

 

 

Bo día familias.

Aínda non temos a información suficiente en canto a como se vai desenvolver o comedor o próximo curso.

En todo caso, irémosvos informando a través dos medios que temos no referente a prazos de inscricións, prezos, protocolos etc.

A previsión é que ao igual que o curso anterior, as preinscricións se realicen a primeira quincena de agosto, pero como vos comentamos, aínda non sabemos nada seguro.

 

Para calquera dúbida, contactade con nos a través do mail da anpa anpaeume@gmail.com ou do noso teléfono 650467871 (preferiblemente whatsapp).

 

Unha aperta e que teñades un bo verán !!

venres, 11 de xuño de 2021

SORPRESA MUSICAL PARA AS CRIANZAS MÁIS PEQUENAS DO COLE

 

Esta mañá de cole casi de verán,  as nosas nenas e os nosos nenos van ter unha sorpresiña musical.

Vai estar con eles Ce Orquestra Pantasma.

Esperamos que vos conten que o pasaron moooooi ben.

Esta actividade está xestionada por ANPA e Cole, e financiada pola ANPA  grazas ás vosas aportacións.

Unha grande aperta

mércores, 12 de maio de 2021

TRASLADO DOS CURSOS DE ESO E BACHARELATO IMPARTIDOS ATA O DE AGORA NO IES FRAGAS DO EUME AO IES BREAMO

Facémosvos partícipes da inciativa de recollida de sinaturas que se está levando a cabo por mor do traslado dos cursos de ESO e Bacharelato impartidos ata o de agora no IES Fragas do Eume ao IES Breamo.

Carecendo da información precisa para amosar a nosa opinión como ANPA do CEIP Couceiro Freijomil, si nos unimos á iniciativa en canto a que queremos información e un proxecto claro e conciso, con inversión e adecuación de espazos, sen improvisacións, que redunde nunha mellor calidade educativa e non nunha diminución da mesma.

 

 


 

 

O escrito pódese asinar nos seguintes puntos: 

Actualizamos el listado de negocios de Pontedeume y Miño donde es posible firmar el escrito.

PONTEDEUME:

- AS LANDRAS
  Rúa Inmaculada, 26

- PELUQUERIA KATY
  Rúa Ferreiros, 4

- EL TESORO DEL     TORREÓN
  Praza do Conde, 12

- CAMPO CAPELA
  Praza de España, 2

- CARNICERÍA ÁNGEL
  Rúa Ricardo Sánchez, 17

- HERBORISTERÍA BÉTULA
  Rúa Inmaculada, 2

- CACHARREIRA
  Rúa Real, 25

- ÁNCORA
  Rúa Ricardo Sánchez, 24

- CLAUDIO CAMPOLONGO
 Rúa O Cruceiro, 33

MIÑO:

- PELUQUERÍA AQUA
  Apeadero de Perbes, 11

- VERDE MADURO
   Rúa Carreira, 46

- CAPITOL
  Estrada da Praia, 5

Agradecemos mucho su colaboración en la recogida de firmas.

El martes 18 de mayo por la mañana será el último día en el que se podrá firmar.

Gracias